As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Un mozo de San Fiz na " Quinta do Biberón".
Como ben sabedes, a " Quinta do biberón " foi o nome que se lle diu as levas (reclutamentos) que facía a República española de 1938-1939 en todo o territorio que ainda controlaba a España republicana durante os últimos anos da guerra civil española.
Movilizadas por Manuel Azaña a finais de Abril de 1938. Naquel momento foron chamados a filas 30.000 xóvenes vidos de todo o territorio nacional do lado republicano.
Pois ben, entre eles estaba o noso veciño do Sobrado : Adolfo Muradás Vázquez. En principio cubrían tarefas auxiliares pero logo xa participaban de pleno nas ofensivas militares , neste caso, na Batalla do Ebro. A maioría deles eran menores de idade, algún deles só con 14 anos , daí o nome. Ademais da Batalla do Ebro, tamén estiveron nas de Merengue e Baladredo e outros destinados o Batallón Alpino.
Adolfo acabada a guerra pasou a fecer o servicio militar e alí acadou a categoría de Sarxento de Infantería, Cabaleiro Mutilado Permanente, así o confirma un recurso contencioso administrativo presentado por él ante a Sección Quinta da Audiencia Nacional.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 05-06-2020 14:26
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0