As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

D.Urbano Ferreiroa Millán.

Fai unhos anos que levo recopilando toda a documentación que atopo deste cura nacido na nosa parroquia, e despois de ler algún libro séu e montóns de citas referidas a él, podo afirmar que se trata, tanto moral como intelectualmente, dun notable literato así como un elocuente orador.
O pobo de San Fiz está en débeda con este ilustre personaxe. Desde a humildade foi conseguindo todas as metas que se puxeron o séu alcance empezando por o Vaticano e seguindo polas etapas de chantre das catedrais de Valencia e Valladolid así como Abreviador Da Nunciatura Apostólica de Madrid e académico da Real Academia de Madrid e da de Santo Tommaso de Bologna e a dos Arcades de Roma, tamén foi ministro do tribunal de Rota, i exerceu de periodista na capital.
Ao principio pensei editar un pequeno libro, e de feito foron catro ou cinco, pero como se di vulgarmente , eu non son de letras e a tarea pareceume imposible, tampouco tanteei o Axuntamento do San Amaro, que o podía patrocinar.
Sirva este pequeno traballo, só son 52 páxinas, pra resumir unha vida humilde pero moi proveitosa deste insigne cura.
Queda ahora aberta a posibilidade que nos dan as redes sociales pra constituir unha Fundación no Pobo de San Fiz pra dar a coñecer a este noso veciño Don Urbano Ferreiroa Millán.





Deixa un comentario (0) - Categorías Fillos ilustres - Publicado o 29-06-2019 18:30
© by Abertal



Santi López Rodríguez