|
|
lopezrodriguezsanti@gmail.com
|
|

|
Santi López |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
" O patrimonio esquecido " |
|
.jpg) Fai unhos días chegoume un correo electrónico do amigo Felisindo González Iglesias, creador da páxina web " Arredor de Lámbrica " e nativo do Axuntamento de San Amaro, alertándome dun achado nun muro do campo da festa da Carballa ao lado da igrexa de San Fiz; trátase dunha metade dun muiño de man castrexo.
Este fin de semana baixei a San Fiz e sen moito traballo atopei o cacho de muiño reutilizado no muro dunha viña, o musgo tápao e pasa casi desapercibido, pero corre serio perigro. E outra mostra mais do abandono que sofre o noso patrimonio, as administracións olvídanse totalmente del, e só se preocupan por conservar e patrocinar os grandes conxuntos castrexos.
Esta peza ven a xustificar a presencia dos dous castros cercanos : Monte dos Castros e Castreás.
A reutilización de pezas de orixen castrexo repítese en moitos pobos de Galicia con presencia de castros na súa contorna. O perigo que corre esta peza e que está a veira da carretera e calquera ensanche ou arranxo da mesma supoñería a súa desaparición. |
|
|
|
|
|