As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

"La Cuestión de Oriente" de D.Urbano Ferreiroa.
Entre os moitos libros que escribiu o noso ilustre parroquiano D. Urbano Ferreiroa, atópase: " La Cuestión de Oriente" que xunto con "La historia apologética de los papas" y " La Tierra Santa" son os mais importantes na súa traxectoria.
Hoxe tócame falar do primeiro que sen dúbida algunha tivo a mais interesante crítica.
A mais ampla foi a da Real Academia Galega que paso a describir tal e como se editou: A crítica xa pronunciou o seu fallo favorable a esta obra e non poden retraerme de dedicarlle estas liñas nin os antigos e profundos casos de amizade que nos une o autor, nin o temor de ferir a sua delicada modestia.
Os que hasta agora falaron deste libro, convenceron en duas cousas; en que está primorosamente escrito e que reune os elementos necesarios pra coñecer dende a sua orixe e nas suas fases mas importantes o histórico e eterno nudo de Alejandro chamado Cuestión de Oriente.
Con só estas duas condicións e a do palpitante interés de actualidade que desperta o seu estudo en todos os ánimos, explícase fácilmente que xa esté pra agotarse a primeira edicción de este libro.
Non e este,non obstante, o que mais chamou a miña atención, porque sabía de antigo que este Ferreiroa escribe con galanura, corrección e bo gusto, cousa por certo bastante difícil para todos os que nacemos e nos educamos neste rincón da Península, e non era pra mín tampouco un problema que ten forzas e alientos pra sair airoso en calquera empresa literaria que acometa, o que me sorprendeu, e que fixo un libro de amena e agradable lectura, tendo por fase unha incógnita, que soupo despexar, cousa que parecía reservada a alta diplomacia, aínda a satisfacción das intelixencias menos privilexiadas.
Cambiar a topografía das ideas e pintar valles e llanuras, alí donde só hay riscos pelados e altas montañas, e tarea tan difícil como traducir o castelán calquer libro krensista ou introducir unha dose de bo sentido, na mollera, sequera sexa homeopática, dun espiritista, e non obstante o autor "La Cuestión de Oriente" realizou con notable desembarazo e especial maestría, convirtindo este terreo árido e ingrato por donde só pidían trepar as intelixencias viriles en pintoresco valle de fácil acceso a todo o mundo, no cal se revela o inmenso talento periodístico do autor.
No plan da obra non aparece só o periodista eminente, o profundo coñecedor das formas, senón tamén o observador atento que se remonta largos séculos pra averiguar as causas xeneradoras da crise pola que atravesa o famoso problema Oriental; e enlazar cos acontecementos actuais o suceso coñecido na historia co nome de Cisma grego, demostra que se conserva entre nos algo de aquela vasta comprensión que inmortalizou a Bossuet como historiador.
Outro atractivo mais ten o libro que tratamos: a novedade. Sen descoidar os variados objetos que ofrece a cuestión, ojxeto das meditacions do autor, fixouse con particular complacencia no aspecto relixioso, do cal olvidávanse a maior parte das xentes con ser o mais fecundo e trascendental en todos os ordes da economía social.
E, pois, un libro que honra a literatura pátria e que os galegos debemos considerar especialmente como xusto motivo de orgullo.Renunciamos a fecer o seu análese detido pra deixar íntegro o lector o pracer de recorrer as súas sabrosas páxinas.
Precede o libro unha introducción sobre a civilización moderna, na que ponse de relevo os trascendentais erros que dominan hoxe no campo científico e descríbese a privanza que exerce o paganismo nas costumes.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 08-06-2014 12:03
© by Abertal



Santi López Rodríguez