As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Un día calquera ....

Un día calquera ....



Vagos recordos de tardes de vran , de pantalons curtos ,
de cheiros a herba seca , dun par de alpargatas rotas ,
de choros , esta vez por soarme as mangas da camisa .
Tardes vestidas de festa e de xogos ata un estar canso ,
ledicia , amizade isa e a bandeira que nos arbolamos ,
esperando a noite que nos arrule co canto dos grilos .
Os muros e os portelos que nos separan da aventura
fánsenos pequenos a hora de saltalos e superalos ,
non queda niño , nin cereixas por moi alto que se escondan.
So a noite co manto negro que se achega polos cumios
e capaz de parar as nosas risas y os nosos pes .
Mañá será outro día cargado de ilusions e de dúbidas
pero iso queda pra mañá , agora toca soñar entre sabas ,
espertar isa outra imaxinación que surxe da escuridade
e se viste de contos a veira da lareira e dun vello trespés ,
pero non , oxe seica toca pesadela , tristura e bagoas ,
semella un escarmento poras risas da tarde enteira ,
pero soio e un soño que me devolve a sinxela realidade.
Xa se oe o capón no seu acubillo , desperezándose ,
na cociña ruxen as cuncas de leite que nos han de dar forzas
un berro seco soa en toda a casa : " ¿levántache nugallao? "
as pizarras voltan o saco e xa piden chegar a escola
pero un gato no tellado da Sra Celia , fainos chegar tarde ,
a entrada Dña Manuela mira si levamos as orellas ven lavadas ,
io que esperábamos : sin recreo pola tardanza , maldito gato .
Aburrida espera a que termine o castigo , debuxando no encerado ,
xa cheiran as sardiñas e a bica que nos esperan fumegando ,
a tarde volta de novo con pinceladas de lóstregos ,
con tronos retumbantes que nos fan quedar na casa ,
hasta que por fin o ceo se pinta de azul e o horizonte despexa .



Deixa un comentario (2) - Categorías A miña bitácora - Publicado o 26-06-2010 13:08
¿ Somos ou non do Ribeiro ?

Xa desde moi pequeno , cando polas miñas mans pasou un mapa do Ribeiro , asaltoume esa pregunta , moitos anos despois sigo preguntándome por que San Fiz de Navío non está na denominación Ribeiro ... Trabas burocráticas ? Problemas administrativos ? Deixamento municipal ? ... e con todo A Touza forma parte dese mapa .
Se nos remontamos a tempos antigos , podemos comprobar que San Fiz pertencía ás terras de Castela , á xurisdición de Roucos , alá polo ano 1752 no catastro de Ensenada no Interrogatorio que han de satisfacer baixo xuramento os intendentes de cada pobo , á pregunta nº 11 Que especies de froitos recóllense no termo ademais de maiz , centeo e trigo , din que se recolle viño branco e tinto . Se ademais observamos que ditas terras de San Fiz e o Coto de Outeiro en varias ocasións foron doadas a Mosteiros como o de Oseira , San Clodio e ata ao de Toxosoutos , temos a evidencia de que estas terras eran ricas e fértiles .
Onde radica pois a diferenza coas terras do Ribeiro ? ... Botemos unha ollada ao mapa : Osmo ten os seus principais terreos vitivinícolas nas ladeiras do regacho das candorcas , viñedos como O Costado , A lamela , O souto , ios
Pumares,gozan do mesmo microclima alí existente , da mesma orografía e condicións medio ambientais que a zona de San Fiz onde as súas plantacións da Costa, Castiñeiro Grande , Piñeiro , Sergude , Casas Novas , que ademais comparte viñedos coa parte alta de Rioboó , Mascaroute , Berxans , regadas tamén estas zonas polo regato Rioboó . Debo de aclarar que nos actuais mapas topográficos o regato dás Candorcas baixa dos montes de Anllo e pasa por Rioboó e Cortellas ,penso que lle deron ese nome porque un dos regachos que o forman é o que baixa desde O Barreiro pasando polo muíño dás Patelas descendendo nunha bonita fervenza chamada A Fareixa , este non figura con nome algún , pero para os habitantes do lugar é o regato dás Candorcas .
Na miña humilde opinión , creo que foi mais ben falta de empeño ,unha reivindicación que quedou sempre eclipsada por outras necesidades máis urxentes que a parroquia necesitaba . Temos o orgullo de posuír uns viños que non envexan nada aos do Ribeiro , sendo estes irmáns naturais e fillos da mesma terra , viñedos que acariña o mesmo vento do norte e que madura o mesmo sol de poñente .
Se na antiguedad bautizouse o noso pobo como " Balcón do Ribeiro " , como se entende esta situación se desde o balcón é desde onde se arenga á tropa , desde onde se dan os discursos importantes e desde onde se le o pregón das festas ... a proximidade do balcón ás masas é inminente , con todo no noso caso o balcón parece ser un cualificativo regalado en agravio á distribución e limitación do mapa do Ribeiro .


Se viaxamos cara atrás no tempo , no libro " Vignobles et vins du Nord-Ouest de l'Espagne " do escritor francés Alain Huetz de Lemps , no tomo I , páxina 222 ; fai referencia aos viños desta parroquia na que destaca o elevado prezo que adquiren , en concreto os da colleita de 1581 , referíndose a éllo coas seguintes palabras : " En 1581 , année de bonne récolte , les prix sont seulement à San Felix de Navio de 13 reais le moyo de blanc et de 8 reais le moyo de rouge ... " .

Resulta curioso despoís de leer a páxina do Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeiro , no seu apartado referente a Historia , que se alguén merece un recoñocemento especial na memoria histórica do Ribeiro estes son os monxes do Cister , que se asentaron no Mosteiro de San Clodio , ocupándose con agarimo e esmero do coidado e estudo das variedades autóctonas que hoxe en día nos dan prestixio ... Eu me pregunto : ademaís das plantacions de viñas que eles tiñan en San Clodio , non e certo que tamén poseían viñedos noutros pobos do Ribeiro ? Sí , en documentos do ano 1779 , na feligresía de San Fiz de Navío , tiñan varias posesions , entre élas as mais importantes eran as viñas das " Pombeiras " ainda que eran traballadas por veciños de San Fiz as suas uvas eran transportadas as bodegas de San Clodio , dende donde eran comercializados , como xa vimos , a calquer parte , incluso as mesas dos emperadores romanos . Todos cantos datos levo recollidos e me faltan por recoller , lévanme o mismo punto de partida : Os viños de San Fiz , cumpren as mesmas características e seguen o mismo camiño cos viños do resto da Denominación .
Deixa un comentario (1) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 14-06-2010 20:28
Saudade


Saudade ...


A deito vou repasando os sendeiros da miña infancia
uns trocaron en alquitranadas ruas cheas de lámpadas
outros en tupidos silveirais sin poder albiscar a saida
hainos que soportaron o paso do tempo sen apenas cambio.

A miudo percorro paraxes de cando neno brincaba neles
trepo escarpados riscos desde onde botaba a voar
descendo a borcallós pola orballada herba do lameiro
acubíllome nunha lobrega cova entre dous penedos.

Pero un lóstrego de tristura devólveme á realidade cotiá
desapareceron os camiños baixo as solas dos zapatos
esfumáronse os lugares diante mesmo dos meus ollos
volven os recordos o acougo do seu triste cemiterio .

Ata que un día volvan pra quedarse e votar raices
pra habitar rincons , casas , xentes e pensamentos
sen escatimar en añoranza , morriña , sentimento ,
enchendo ese gran buraco que produce a soidade.

Santi López
Deixa un comentario (1) - Categorías A miña bitácora - Publicado o 11-06-2010 15:59
Coincidencia xeográfica ou paralelismo ritual .
Si partimos de que a cultura celta antiga tiña a característica principal de adorar e venerar a naturaleza, e tendo en conta tamén que todos os rituais celtas están relacionados con éla , non e desatinado afirmar que entre o primeiro poboado do Monte dos Castros e o Toco do Zorro hay mais ca unha mera coincidencia xeográfica , eu atreveríame a dicir que existe un paralelismo ritual .
Os celtas celebraban as suas festas que eran conocidas como jeis ( festas ) ou óenach (asambleas ) . O primeiro de Noviembre celebrában o Samhain ( Samain ) festa do culto os mortos , ese día comenzaba o ano celta , acendíanse unha fogata no centro do poboado o que acudía toda a xente pra conseguir lume que activase un novo fogo nos seus fogares . O primeiro de Febreiro celebrában o Imbolc ( Oimelec ) era a festa da exaltación do fogo e da auga . O primeiro de Mayo tamén se celabraba o Belten ( Beltane ) que festexaba a chegada da primavera facíase en honor a Belenós . Os druidas encendían fogatas e facían atravesalas o gando , para que quedaran libres de enfirmidade . O primeiro de Agosto celebrábase o Lugnasud que era a festa principal , en éla participaba todo o poboado honrando o deus Lug .

A raiz destes acontecementos e considerando que a proximidade do lugar chamado o Toco do Zorro , prestábase pra istes cultos e rituais , non olvidemos que istes lugares de abundantes penedos eran aptos pra observación do firmamento , neles os antigos poboadores facían os calculos necesarios pra adelantarse a chegada da época de sembra e de recollida das cosechas , si ben noutros lugares similares deixaron pegada en forma de cazoletas ou petroglifos , que os estudiosos consideran mapas do firmamento ou mapas indicadores dos solticios i equinocios .

Non debemos de olvidar que as tradicions van pasando de pais a fillos , e unhas simples fogatas que se facían no medio do poblado , han de ter continuación na costume de ir botar o fulión , a cima dos penedos do Toco do Zorro , pois preguntándolle os mais vellos do pobo , confirmáronme que se facía hasta non hay moitos anos atrás , éles dicen debido a proximidad do Campo da Festa que era cerca do Sobrado fai bastantes anos . Eu , sin embargo , considero reminiscencias dun tempo pasado , que foron perdurando na memoria dos nosos ancestros .
Deixa un comentario (2) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 04-06-2010 20:23
© by Abertal



Santi López Rodríguez