As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Os penedos mais senlleiros do concello do San Amaro.

Hoxe toca dar un repaso pola toponimia do Concello, pero desta vez quero facer alusión as pedras e penedos que aparecen como tipoloxía accidentes na toponimia de galicia.
Existen infinidade de afloracións deste tipo en todo o Concello, ainda que eu remítome soamente os que aparecen na Toponimia de Galicia.
Todos coñecemos algún penedo de formas caprichosas onde a imaxinación chega hasta donde a queiramos estirar. Eu só fabrico alas, vos podedes chegar hasta donde vos propoñades.
Outro día falaremos desas rochas de formas diversas aderezadas con algunha que outra foto.
Deixa un comentario (0) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 02-05-2020 17:35
O Monte dos Castros

Despois de moito tempo buscando referencias catastrales do Monte Dos Castros, xa que referencias visuales casi non quedan, agás de algún muro perimetral ou parte dun parapeto,cheguei a conclusión de que al menos son dous os castros existentes.
Por unha parte o topónimo reza Monte dos Castros, e por outra unhos documentos atopados no Catastro de 1761, dan confirmación a esta teoría, nesa relación de fincas figura unha co nome o Castro do lugar da Quintá, noutra figura co nome de Castro de Arriba e na última co nome de Castro de Abaixo, con todas as referencias das lindes do lugar.
Se atendemos as coordenadas destes castros encontraremos en primeiro lugar a ficha do topónimo, na cal fai referencia as coordenadas :
X.- 575437,94
Y.- 4691305,26
Estas corresponderían o Castro que se atopa a dereita do poste de alta tensión, o norte do Toco do Zorro.
As outras son :
X.- 575491,05
Y.- 4690993,22
Estas pertenecerían o outro castro situado por debaixo do chalet da Reguenga , que ainda conserva algún muro perimetral.
Queda por facer un estudo detallado sobre o terreo, pero este ten que esperar debido o confinamento.


Más fotos de los Castros en el album de fotos de San Fiz
Deixa un comentario (0) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 01-05-2020 11:13
© by Abertal



Santi López Rodríguez