As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

¿ Paralelismo ritual ? ou só paralelismo xeográfico .

Entre o Monte dos Castros e Castreás existe un paralelismo xeográfico que salta a vista; si en Os Castros encontramos o seu carón o Toco do zorro, lugar de culto ancestral, e unhos metros mais abaixo a Pena Furada, lugar donde se selaba o rito de casamento, en Castreás temos o lado o monte Sancedo , posible lugar de culto, e a un lado dentro dun bosque de carballos, encóntrase a Pena Grande.
Tendo en conta a semellanza destas zonas xeográficas non sería desatinado afirmar que en Castreás repítese a mesma triloxía : O castro, a carballeira donde se realizan os rituais e a pena donde se selan os compromisos de casamento, que como sabemos na cultura castrexa renóvase cada ano.
En relación o Toco do zorro temos a testemuña de moitos veciños de edade avanzada que manifestan que alí era onde se empezou a botar o folión polas festas patronais, o cal e unha costume heredada dos primeiros habitantes do castro que durante as festas do solsticio facían lumes, en exaltación, e cada un dos habitantes levábao para o seu lar, pra manteñelo vivo o resto do ano.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 11-05-2019 18:07
© by Abertal



Santi López Rodríguez