As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

D.Manuel Tomás Guerreiro y Enríquez e as Escolas Pías de Riobóo.
Gustaríame destacar que a Fundación da Escola de Doutrina Cristiá, que fundou en Riobóo D.Bernardino de Prado Ulloa no ano 1784, as chamadas escolas pías, unha pra nenos e outra pra nenas, quedou dotada dun importantísimo capital, converténdose así na mais importante de cantas naceron nesa centuria e foi destinada a beneficiar os nenos e nenas do centro do Ribeiro.
Pois ben, ese capital conservouse intacto gracias a sabia previsión do seu fundador que deixou por patronos da fundación o xefe da Casa Grande de Riobóo e os párrocos de San Miguel de Osmo, San Fiz de Navío, Santiago de Anllo e Santa María de Gomariz, os cales souperon velar tan acertadamente pola administración dos seus entereses. O réxime das escolas, según dispón o seu fundador e que a escola de nenos sexa sempre cura o mestre o mesmo que o seu axudante, que se otorguen premios a os alumnos que se distingan pola súa aplicación e boa conduta e que o mestre celebre misa obligada os días festivos na capela da Casa Grande.
Despois dunhas pescudas complicadas atopei que por eses anos o cura que dirixía o reitorado de San Fiz de Navío era : D. Tomás Guerreiro y Enriquez, que aparece en varios apadriñamentos de casa dos Toubes da Touza, concretamente aparece nun testamento feito diante de Diego Vázquez de Parada donde dice que Dña María Bernarda de Toubes, filla de Felipe Antonio de Toubes Villamarín e de Leonor María Ordóñez y Mosquera e afillada de D.Manuel Tomás Guerreiro y Enriquez.
Como ben recordaredes, no Catastro de Ensenada de 1752 figuran na feligresía de San Fiz un abade e un reitor . O abade da parroquia por entonces era D. Manuel Benito Fernández.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 02-05-2016 20:28
© by Abertal



Santi López Rodríguez