As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Escritura de fuero de 1633 de "Souto de Faixo".

Un documento do ano 1633 que se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, amósanos un aforamento de terreos dunhos veciños de Souto de Faixo, pobo que fai moitos anos atópase deshabitado.
Foi firmado no lugar de Outeiro da fregresía de San Miguel de Osmo o día 18 de Xuño de 1633 ante o escribano Pedro Vázquez de Toubes, veciño da fregresía de Santiago de Anllo.
Os veciños de Souto de Faixo que aforan esas terras son : Bartolomé Alvarez e a súa muller ConstanÇa Rodríguez, que nestes momentos e como reza no documento viven vidas separadas, son tamén, os seus fillos herdeiros desas terras aforadas.
Os lugares que se aforan son unha carballeira que está en Souto de Faixo de catro cavaduras de extensión, con cinco pes de castiñeiros e un carballo briño grande e un nogal e cerdeiras e ademais o anexo coas súas entradas e saídas, usos e costumes.Logo enumera esta escritura as condicions e gravámenes a pagar a Pedro Vázquez de Toubes que son : duas cañadas de viño blanco en renta por a vendima ou por San Martiño Raso.
Deixa un comentario (1) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 03-05-2015 17:41
© by Abertal



Santi López Rodríguez