As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

As posesións do mosteiro de Melón en San Fiz.

Nun documento do ano 1779, aparecen os aforados e posuidores das terras do Mosteiro de Santa María de Melón en San Fiz de Navío.
No documento enumera cada unha das fincas e os propietarios das mesmas.
A primeira que aparece e: "As Pombeiras" cuxo posuidor era Alonso de Castro, composta por unha finca murada e plantada de castiñeiros, outra que figura e "A Eira do Outeiro" heredade que pertenecía a Bernardo Albariño, a quen lla cedera xudicialmente Felipe de Toubes i a sua muller Leonor Ordóñez. " Castiñeiro do campo" que pertenecía a María González de Ventoselo.
" Heredade das Paredes" pertenecente a Don Andrés de Temes, rexidor da cidade de Ourense.
Ademais destas propiedades figuran outras sin especificar o nome, enumerando solo os posuidores: Constanza González, Juan de Sergude, Francisco Rodríguez, Juan de Calve, Juan de Meín, Gaspar Borrajo, Juan de Sandulces, Martiño de Ventoselo, Juan Gomes, Gregoria de Robea, Jácome de Outeiro, Cecilia Alvarez, Benito González, Ruperto García, Julián Vázquez, Melchor Vázquez y Antonia Vázquez.
Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 26-05-2013 19:59
© by Abertal



Santi López Rodríguez