LIBRO DE VISITAS

San Fiz de Navío


Santi López
sanfizdenavio@mundo-r.com
 Categorías
 Galeria de fotos
 Arquivo
 Artigos destacados
 Outras webs a visitar

¿ O balcón do Ribeiro ? sigo coa mesma teima .
De que San Fiz e terra do Ribeiro , non me cabe a menor dúbida , deixando a un lado os erros burocráticos ou a falta de interese do Axuntamento o integrar a Touza na Denominación de Orixe a deixar a San Fiz fora , centrareime en aportar algún dato mais a esta afirmación .
Xa dende mediados do século XII os monxes de San Clodio impulsaron e fomentaron o cultivo do viño , tomo prestadas as palabras do profesor Frutos Fernández nun estudo realizado sobre a familia na Xurisdicción de San Clodio a finais do século XVI . Neste traballo aparecen os veciños e habitantes das pousas e granxas sobre as que o Mosteiro de San Clodio tiña xurisdicción , entre estas pousas e granxas , que unhas estaban en terras de pan coma Cascalleira , Lamas , Santián , Figueiredo ou Toscaña e outras en terras de viño coma Eiras , Outeiro de Abades (Salamonde) , Outeiro (San Fiz de Navío) e Suiglesia(Gomariz). A vista queda a importancia desta granxa de Outeiro , aportando viño das Pombeiras , heredade diste Mosteiro , a bodega de dito Mosteiro de San Clodio . Figuraban nesta granxa de Outeiro : 4 veciños con 15 habitantes .
Nun artigo anterior deste blog , xa deixei constancia das similitudes da orografía , ambientais e de microclima das terras de San Fiz comparándoas coas do Ribeiro .
Por tanto sigo coa mesma teima reclamando a entrada na Denominación de Orixe do Ribeiro , e non descansarei hasta que o meu fillo , se asome a fiestra da casa dos seus abós e poida dicir : " Estou no balcón do Ribeiro " , confirmando aquelas palabras que nos adicou o noso insigne veciño de San Clodio D. Eladio Rodríguez o poeta do Ribeiro.
Deixa un comentario (0) - Categoría: Etimoloxía e Historia - Publicado o 19-05-2012 17:48
© by Abertal





Santi López Rodríguez