As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

O marco "do Picouto"
Hoxe quero mostrarvos unha posible "pedrafita" que fai de marco divisorio entre as parroquias de Beariz e San Fiz. Ainda que a súa orixe e incerta, temos a seguridade que se atopa xusto o lado das Mámoas ( M1) e (M2) do Picouto.
Cando visitei o lugar chamoume poderosamente a atención esta pedra grabada por un lado con unha "B" e por o outro con unha "S", e a decir verdade, recoñecina como marco divisorio, pero quedeime coa inquedanza de que podía ser unha "pedrafita" reutilizada en tempos mais recentes coma un marco divisorio.
Se tomamos como referencia o Marco da Anta en Cotobade, resulta calcado o do Picouto. En Cotobade figuran as letras "S" de Sacos e "C" de Carballedo , e no Picouto a "B" de Beariz e a "S" de San Fiz. En Cotobade está situada o lado da Mámoa Portela de Anta, no Picouto o lado das Mámoas (M1) e (M2).
Deixa un comentario (0) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 19-04-2020 13:36
A misteriosa " madriña " do Club Navío de San Fiz.
Despois de moitos anos buscando información sobre a foto do equipo do Club Navío de San Fiz e da súa "madriña", hoxe diu resultados. Gracias a unha publicación que atopei da Revista " Vida Gallega: ilustración regional", nela, aparece a foto do equipo de San Fiz e dice : " En el pueblo de San Félix de Navío se inauguró el día 9 de Mayo de 1933 a las 3 de la tarde un espacioso campo de fútbol, el cual bendijo el virtuoso párroco Don Miguel Rodríguez, asistiendo a dicho acto numerosas personas y celebrándose a continuación un amistoso partido, entre el titular de aquella localidad " Club Navío" y el "Celta de Razamonde", actuando de madrina la hermosa y elegante señorita Julia Rodríguez Mosquera que tuvo la gentileza de hacer entrega al capitán del equipo forastero, de un bonito ramo de flores y obsequiar a los locales con sendos escudos con los emblemas del equipo, bordados por ella misma con los colores regionales.
La lucha se deslizó dentro de la mayor armonía con dominio alterno de los dos bandos contendientes y finalizó con empate a un gol."
Por tanto xa sabemos que a madriña era Julia Rodríguez Mosquera, queda ahora por investigar a qué familia de San Fiz pertenecía.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 12-04-2020 12:01
Libro Real de Eclesiásticos da fregresía de San Fiz
En relación o artigo publicado anteriormente, debo aclarar que eses diezmos e primicia iban a parar a Igrexa, e que ésta, no ano 1761, según o Libro Real de Eclesiásticos , estaba formada polos curas, presbíteros e familiares a cargo, que vivían na casa rectoral e outras casas anexas.
Paso a enumerar os distintos membros: "
* Don Manuel Tomás Guerrero y Enríquez, abad, cura párroco de esta fegresía. Su edad 70 años, tiene una criada mayor, otra menor, y un criado mayor de 18 años.
* Don Patricio Rivera, presbítero. Su edad 50 años, tiene dos criados.
* Don Juan Antonio de Soto, presbítero. Su edad 34 años, vive en compañía de su madre viuda Dña María Rosa Araujo.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 04-04-2020 12:16
Diezmos, primicia e voto ...ano 1761

Se na actualidade nos queixamos dos impostos que pagamos, vou facer unha descrición das cargas que soportaban os fegreses de San Fiz alá polo ano 1761 . Según o Expediente de Comprobación de bienes, rentas y cargas. No capítulo XVI dice:
DIEZMOS: Declaran los peritos que los diezmos mayores y menores que el cura percibe de esta feligresía y su término, haciendo consideración por un quinquenio, podrán ascender en cada año a las cantidades de especies y frutos siguientes :De vino 53 mollos, de trigo 12 ferrados, de centeno 22 ferrados, de mijo grueso 12 ferrados, de cebada blanca 6 ferrados, de habas 4 ferrados, de castañas verdes 16 ferrados, de cebollas 10 cabos o rastras, de lana limpia 2 libras, además de 2 corderos, 6 pollos, 3 cuartillos de miel, media libra de cera amarilla y 1 cuartillo de manteca.
Que regulado todo por un quinquenio asciende a la cantidad de 1.492 reales de vellón y 33 maravedíes.
PRIMICIA : La primicia que la Fabrica de la Iglesia de esta Feligresía percibe de los vecinos, que es de cada matrimonio son : medio ferrado de centeno, media olla de vino y de los viudos y solteros la mitad de otra cantidad, podrá ascender por un quinquenio a la cantidad de 4 ferrados de centeno y 2 mollos de vino , que importan al año 70 reales de vellón.
VOTO : El voto que la mesa capitular de Santiago recibe de esta feligresía , considerado por el mismo quinquenio, podrá ascender a 20 ferrados de centeno cada año, que anualmente importan 80 reales de vellón.
Debo resaltar que estes só son pagos a Igrexa , ademais hay outros pagos polo aumento de cada par de bois 12 reales, por vacas con cría 4 reales, por vacas sin cría 4 reales tamén, a cada carneiro por razón de lana 1 real, e as ovellas pola mesma razón medio real.
Esto visto así asusta un pouco, pero mais adiante noutro artigo, enumerarei todos os eclesiásticos , con familiares e criadas que había nun pobo tan pequeno coma o de San Fiz.

Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 01-04-2020 13:38
© by Abertal



Santi López Rodríguez