As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Frei Benito de Toubes da Orden de San Benito.

Frei Benito de Toubes foi un frade que naceu en San Fiz de Navío, tivo infinidade de oficios e ocupacións entre elas destacamos : conventual de San Martiño Pinario de Santiago, mestre de legos, panadeiro, procurador, mestre de obras e arquiveiro en Santiago ademais de Príor de Baíñas.
Pouco se coñece da vida deste home, tomou os hábitos o 22 de Xunio de 1754, sempre se mantuvo entre as paredes do convento, pero si destacan as súa ansias por estar sempre en continua actividade. Era un frade algo rebelde, as suas miras ían máis aló das normas benedictinas, foi por eso polo que o exclaustraron da vida relixiosa e falece en San Fiz o 25 de Mayo de 1821. Fillo de Francisco de Toubes e María Rodríguez de Castro e Camba e foron seus irmans : Felipe Antonio, Agustín Cayetano, Francisco Antonio e Gregorio de Toubes .
Partindo do catálogo de monxes do "Libro segundo de Gradas" de San Martiño Pinario e do "Libro de profesións" dos membros deste cenobio que Zaragoza Pascual publicou no ano 1991, o mais amplo elenco de monxes que profesaron na casa benita compostelá , entre 1502 e 1833, de mestres de obra, entre os que figuraba o noso veciño Frei Benito de Toubes
Deixa un comentario (0) - Categorías Fillos ilustres - Publicado o 09-04-2017 10:15
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0