As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Usos e costumes d'outros tempos.

Algunhas costumes está ben que se perdan, coma a que afectaba os veciños de San Fiz e os de Osmo, durante a celebración dos festexos das súas Patroas alá polo mes de Setembro, os que teñen algúns anos saben do que falo.
Fai moitos anos, cando a Virxe de Osmo era a Virxe das Viñas e a de San Fiz a Virxe do Perpetuo Socorro, non acontecía nada que enturbase a ledicia deses días, hasta que un cura novo chegou a parroquia de Osmo e propuxo a celebración dos festexos o mesmo día que os de San Fiz, e cambiou o nome da Virxe polo de Virxe do Socorro.
A partir dese momento destapáronse as rencillas, e xentes que compartían vecindade, fincas e taberna, cando chegaban as festas aparecían os nubarrons da hostilidade, chegando hasta os extremos de que un ano os mozos de Osmo apareceron por o campo da festa de San Fiz e despois de facer as súas necesidades enriba do palco, puxeron varias gabelas de toxos debaixo do palco da orquesta que era de madeira e prendéronlle un misto, ardendo o palco por completo .
Os mozos de San Fiz non se quedaron de brazos cruzados e o mesmo día da festa foron a verbena, levando a venganza mais alá do permisible, pois todos portaban navallas debaixo das súas roupas, e pasaron por entre a xente acoitelando os que eles creían causantes do incendio do palco, a cousa foíselle des mans e tivo que actuar a garda civil.
Foron pasando os anos, e cada vez que tocaba o anuncio da festa, con bombas e repique de campás, os ánimos íanse acendendo, non faltaba o berro dalgún rapaz desde o campanario da Igrexa berrando "San Fiz, non poledes".
Nos anos siguintes o enfrentamento limitábase a competir en orquestas e lanzamento de fogos, daquela varios veciños de San Fiz, xa casaran con veciñas de Osmo, e as hostilidades desapareceron, cando a xente empezou a comprender que coma Romería era millor a de Osmo,e como festa de orquestas a mellor era a de San Fiz.
Na actualidade veciños de Osmo e de San Fiz, mézclanse agarimosamente en ambos festexos e intentan pasar o mellor día de festa posible e cada un defende a súa maneira as costumas de cada pobo. Xa hay moitos anos que as diferencias quedaron enterradas, e cada feligrés de cada parroquia pídelle a súa Virxe os favores necesarios pra seguir ano tras ano celebrando esa tradicción.
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 28-03-2013 19:35
© by Abertal



Santi López Rodríguez