As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Os Borrajo do Mayorazgo de Cuñas .
Xa noutros antigos escritos con anterioridade fixen mención os Millán , nacidos en San Fiz , tamén os Borrajo entroncados cos Teijeiro do Mayorazgo do Formigueiro e agora os Borrajo de Cuñas , que tiveron a súa casa principal no lugar de Outeiro de San Fiz de Navío
Según un estudo de Isabel Leyes Borrajo e Carlos Acuña Rubio : Don Gaspar Borrajo e Temes foi bautizado na Igrexa de San Fiz o 20 de Maio de 1595 por Don Diego Martínez , abade da devandita igrexa , e foron os seus padriños : Don Juan de Nájera , abade de Beariz , e Dona Aldonza de Castro . Nesta mesma Igrexa casou o día 22 de Setembro de 1622 con Dona Agustina de Quiroga Camba e Ribadeneira , figurando como testigos : Julio Salgado e María Ordóñez . Don Gaspar Borrajo morreu no lugar de Cuñas o 4 de Marzo de 1635 e deixou no seu testamento un doblón de ofrenda maior e 100 misas rezadas . Tiveron por fillos :
1) Don Gaspar Borrajo de Quiroga e Camba ,veciño de Cuñas ,que casou con Dona Lucía Fernández Teijeiro , fruto diste matrimonio naceron :
1.- Don Gaspar Borrajo , do que non sabemos nada .
2.- Don Manuel Borrajo de Quiroga e Camba , que casou con Dona Jacinta Monteagudo , promoveu pleito de fidalguía e obtivo Real Provisión de Fidalguía o seu favor o 24 de Decembro de 1712 polo que quedou oficialmente declarado Fidalgo Notorio de Sangue e Casa Solar . Tiveron por fillos a :
1) Don José Borrajo Camba e Monteagudo , que como seu pai obtivo Real Provisión de Fidalguía e casou o 12 de Marzo de 1738 con Dona Juana Teresa Retorta , tiveron por fillos a :
1) Don José Faustino Borrajo Camba e Retorta , bautizado o 17 de Febreiro de 1745 en San Fiz de Navío , Señor do Mayorazgo de Cuñas , que debeu fundar na cabeza do seu fillo primoxénito , veciño do lugar de Outeiro da feligresía de San Fiz de Navío , casou o 21 de Febreiro de 1768 en San Fiz con Dona Angela Barcia e Fuentes , bautizada na mesma parroquia .
Don José Faustino e Dona Angela tiveron por fillos a :
1.- Don Bernardino Borrajo e Camba , Señor do Mayorazgo de Cuñas , licenciado en Dereito , primoxénito que casou con Dona Mª del Cármen Feijoo Marquina Montenegro e Sotomayor .
2.- Don Domingo Borrajo e Camba , que naceu en Riobóo , foi subdiácono en 1803 e fraile na Orden de San Benito .
3.- Dona Teresa Borrajo e Camba ,veciña do Coto de Uso da Torre de Santa Mariña de Dozo ( Cambados )
4.- Dona María Benita Borrajo e Camba , casada en 1810 con Don Miguel Teijeiro Montero , Señor do Mayorazgo do Formigueiro .
5.- Don Miguel Borrajo e Camba , naceu en San Miguel de Osmo o 10 de Abril de 1775 , casou o 24 de Maio de 1804 con Dona Vicenta Penedo e Santos , nacida en Lebosende .
6.- Don Matías Borrajo e Camba , veciño tamén do lugar de Outeiro de San Fiz .
7.- Don Manuel Ventura Borrajo e Camba , bautizado en Osmo o 4 de Marzo de 1768 .

Queda desta maneira demostrado que as terras de San Fiz de Navío deron un gran número de linaxes nobres e fidalgos que se foron espallando por mayorazgos e casas solares de abolengo . Numerosas casas de traza fidalga ainda se poden admirar en toda a nosa parroquia , unhas rehabilitadas , outras ben conservadas , bastantes delas olvidadas , pero ainda en pé , e unhas poucas desfeitas polo paso dos anos .
Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 01-03-2012 16:15
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0