As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

" A luctuosa " ou " loitosa "

O Mosteiro de San Clodio recibía unha "luctuosa", un tributo, con respecto os dereitos que cobraba como consecuencia da súa condición de señorío xurisdicional, sobre os foreiros das súas terras,esta luctuosa só a pagaban os vasallos dos Chaos de Castela e algunhas pousas, niste caso tamén a pousa de San Fiz. O importe podía ser de un cuarto, un quinto ou un sexto dos frutos que collían nos seus viñedos.
Na granxa de Outeiro da pousa de San Fiz, no siglo XVI os veciños que a conformaban eran os seguintes:
* Juan Gómez e Ana da Touza súa muller, que tiñan un fillo que se chamaba Mateo e unha filla que se chama Marta, ambos pequenos, non tiñan criados.
* Jácome do Outeiro e a súa muller María Rodríguez, tiñan catro fillos e unha filla o primeiro chamase Francisco o segundo Miguel o terceiro Juan e o cuarto Lorenzo, a filla chámase Dominga, todos son pequenos e viven con seus pais, non teñen criados.
* Inés Gómez, viúva de Bastián Ferrero, ten unha filla pequena que se chama Catalina, non ten tutor e pobre que se sustenta do que lle dan.
* Jhoana Rodríguez e moza solteira , non ten fillos nin criados.
* María Rodríguez, moza solteira, non ten fillos nin criados é irmá de Jhoana e viven xuntas na mesma casa.



Sacado da páxina de Frutos Fernández González
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 17-02-2015 16:55
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0