As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

" Vila de Sandurci "

Despois dun estudo a fondo de varios documentos antigos cheguei a conclusión de que o pobo de Sandulces, foi sen lugar a dúbida o mais importante da parroquia de San Fiz. Outros o foron por posesión de títulos nobiliarios , por os seus grandiosos pazos con interesantes pedras de armas e outros por ser o núcleo de poboación mais importante. Pero Sandulces o foi porque durante bastantes anos era considerado coma unha vila.
O documento mais antigo que coñecemos data do 29 de Abril do ano 887, encóntrase no Cartulario do Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Figura como Doc nº 111 e trátase dunha escritura de doazón feita por Sismandus en favor da sua esposa Eldontia. O texto e en latín e mostra a fórmula visigótica de entrega de dotes, enumera todos os pobos que lle entrega a sua dona e entre eles figura "Sandurci".
Noutro legajo do ano 974, Rodrigo Velasquez "dux" xunto cos seus irmans permuta o abad de San Pedro de Antealtares a villa de Sandurci sita en los términos de Castella . Aquí xa figura Sandulces coma vila, non coñezo os anos que permaneceu coma vila pero unha cita que fixo o Padre Samuel Eiján no seu libro " Historia de Ribadavia y sus alrededores" ala por o ano 1920 dice que Sandulces pertenece a Xurisdicción de San Andrés de Camporredondo e sitúa dentro de Castella xunto con outras vilas : Vila de Juvencos, Vila de Sandulces, Vila de Daconi etc, referíndose a datos de cando Pedro Mosquera Sotomayor era xuíz ordinario desta xurisdicción.
Seguimos encontrando citas coma a do 15 de Mayo de 1164 na que se reunen en Ourense ante Don Sebastián de Aguilar, chantre e comisario do Santo Oficio, con motivo de que declaren e fagan notoria as Constitucións da Santa Cofradía de San Pedro Mártir de Ourense. Invitan, para tal acontecemento, a ministros, comisarios e familiares de tres leguas arredor de cidade e entre esa xente aparece Juan González de Sandulces, sin dúbida, persona notoria en dita vila.
No expediente nº 3255 seguido a Don Francisco Antonio de Toubes y Ordoñez, nacido en San Fiz de Navío en 1761, coa información para a sua fidalguía feita no Coto de Sandulces pola sua orixen e na que se proba ser da rama dos Toubes da casa da Touza e da de Riobóo, con heráldica que ostenta esta linaxe nas suas casas. E por último xustifícase tamén estar incluídos nos padróns de nobres dos anos 1737 e 1767.
No ano 1831 según o Diccionario Geográfico Universal o Coto de Sandulces seguía pertenecendo a Xurisdicción de San Andrés de Camporredondo.
Todo isto lévanos a reconocer a importancia que na antigüidade tivo esta aldea de San Fiz. Por último choca un pouco ver como un lugar tan pequeno, tiña tanta importancia na administración, un paseo por entre as casas do lugar deixa as claras a pequenez do pobo. Un artigo do día 6 de Agosto de 1918 do Diario de Galicia dice : En la Parroquia de San Felix de Navío, del Ayuntamiento de San Amaro se han quemado las cinco casas que constituían el pueblo de Sandulces, los esfuerzos hechos por los vecinos no han conseguido extinguir el voraz incendio, que no sólo convirtió las casas a escombros, sino que quemó los enseres que había dentro. No han ocurrido desgracias importantes.
Deixa un comentario (2) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 07-02-2013 19:54
© by Abertal



Santi López Rodríguez