As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Libro de Fábrica de San Fiz de Navío.

Según os Archivos Diocesanos de Ourense , nos cales se atopa o Libro de Fábrica da Igrexa de San Fiz , paso a enumerar os mestres de escultura , prateiros , pintores , pincelistas , etc , que tiveron algo que ver na construcción , reparación ou arreglos feitos na Igrexa do pobo ou en alguns bens parroquiais .
* No ano 1618 o prateiro GASPAR RODRIGUEZ , fabricou pra Igrexa de San Fiz , unha cruz parroquial , dita cruz sacábase na procesión do Socorro e mais no acompañamento do Santo Biático , pra algún veciño moribundo . Esta documentación está recollida por José Carlos Fernández Otero e Miguel Angel González García nos " Apuntes para el inventario del Mobiliario Litúrgico de la Diócesis de Orense " Museo Barrié de la Maza . Año 1984 .
* Entre os anos 1742 e 1746 o prateiro CLEMENTE MIRANDA fixo un cáliz e unha patena tamén pra nosa Igrexa . A documentación figura no A.D.OU . Libro de Fábrica de San Fiz de Navío . Libro 14.9.7 (Folio 141)
* No ano 1748 o Mestre de Escultura RUPERTO GARCIA , traballou no Retablo Maior e Colaterales da Igrexa , cobrou por este traballo 1.563 reais e tamén traballou nas imaxes da Nosa Señora do Rosario e na de Santa Bárbara .
Hai que dicir deste home que no Catastro de Ensenada aparecía como veciño da Parroquia e de profesión : Mestre de escultura . Documentación no A.D.OU. Libro de Fábrica de San Fiz de Navío . Libro 14.9.7 (Folio 9 r).
* No ano 1754 a o pintor DIONISIO PRESEGUEIRO , déronlle 115 reais por pintar os colaterales da Igrexa de San Fiz .
Documentación no A.D.OU . Libro de Fábrica de San Fiz de Navío . Libro 14.9.7 .(Folio 18 r).
* Neste mesmo ano (1754) o 10 de Xullo déronselle 430 reais o prateiro JOSEPH ANTONIO MOBILLA por facer un copón novo que pesou 16 onzas e media , fundir o vello que estaba roto , que éste pesou 15 onzas e 3 de prata , feitura , dorar o novo e dorar tamén o cáliz e a patena , común que todo o fixo Joseph Antonio Mobilla prateiro da vila de Ribadavia , costou todo: 423 reais .
Documentación no A.D.OU . Libro de Fábrica de San Fiz de Navío . Libro 14.9.7 (Folio 145 r).
* No ano 1766 o latoneiro de Ribadavia FRANCISCO GUERRERO compuxo a lámpara do Santísimo que según se explica textualmente : " Que se caió , abolló y rompió el borde " por esta tarefa cobrou 15 reais.
Documentación no A.D.OU . Libro de Fábrica de San Fiz de Navío . Libro 14.9.7 .(Folio 151) .
* En Maio de 1757 o pintor JOSÉ OJEA , veciño de Sobreira , Xurisdicción de Amoeiro , recibiu 3.400 reais nos que se axustou a obra de pintar e dorar o Retablo Maior da Igrexa de San Fiz , incluidos 100 reais que foron pra reparar algunhas imaxes e dar pintura branca de Lesomate a bóveda dende o altar ata o arco inmediato , nesta obra o mestre pintor foi axudado por o seu irmán Ramón Ojea .
Documentación no A.D.OU . Libro de Fábrica de San Fiz de Navío . Libro 14.9.7 (Folio 158).
* Como dixen anteriormente o pintor RAMÓN OJEA , tamén veciño de Sobreira compartiu os traballos e o presuposto co seu irmán José .
* No ano 1797 , encárgaselle o Escultor CARLOS LEMUR , veciño de San Lorenzo da Pena , facer os dous frontais dos colaterais da Igrexa de San Fiz e para iso dánselle 74 reais , logo esculpiu as imaxes de San Blas e de Santa Lucía , por esa tarefa pagáronlle 140 reais
Documentación no A.D.OU . Libro de Fábrica de San Fiz de Navío . Libro 14.9.8 (Folio 71).
* Por último no ano 1802 , déronselle 270 reais o Pintor TOMÁS LÓPEZ e retocou os retablos da Igrexa , era veciño de Santa María de Lamas . Documentación no A.D.OU .
Libro de Fábrica de San Fiz de Navío . Libro 14.9.8 (Folio 75 r) .

Entre todos estes artistas , cabe destacar a CLEMENTE MIRANDA : Trátase dun prateiro vallisoletano , que durante os anos 1742 e 1746 traballou por terras galegas , pero sen dúbida donde realmente deixou unha gran pegada foi na sua terra de Valladolid , alí traballou no segundo cuarto do século XVIII .
Na obra "La platería Vallisoletana" de José Carlos Brasas Egido aparecen novos datos da sua obra en moitas das cales aparecían marcas como a dun escudo de Valladolid no cal se distinguía con claridá o punzón " CLTE DE/MIRD " inédito hata agora . Este prateiro conserva certos rasgos formales da pratería Rococó na súa estrutura e na sinuosidade dos perfis , ainda que a sua depuración ornamental na súa obra anuncia un cambio estilístico hacia o Neoclásico que triunfará nas décadas seguintes .
Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 01-02-2012 21:11
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0