As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

A Casa dos Millanes
Foto cedida por Marta García



Trátase dunha casa que está situada no lugar de Outeiro , parroquia de San Fiz de navío .
Esta casa consérvase en perfecto estado , sendo construida totalmente en pedra , e orixinaria do
apelido Millán , daquí proceden entre outros : O político e periodista don José Millán Astray e
tamén o seu fillo o general Millán Astray . Tamén perteceu a don Francisco Millán escribano de
número do municipio de Ribadavia pai de doña Vicenta Millán y Fajardo que casaría con don
Rafael Teixeiro Borrajo heredeiro do Mayorazgo do Formigueiro .
A casa consta de duas plantas : Alta e baixa , con patio , hai que destacar que durante bastantes
anos foi destinada a casa-escola , na planta superior encontrábase o salón-escola e a vivenda do
maestro , na parte inferior a bodega e as cuadras e a altura do patio o lagar .
Esta casa adquiriuna doña Lucila Josefa García Varela de Laje , según acta notarial de
compraventa , por herencia de sua nai doña Julita Varela Millán , fallecida en san Fiz no ano 1896 .
Doña Lucila Josefa era hirmá de don Antonio García Varela , que foí Catedrático da Universidá
Central e membro do Instituto de España , así como director do Xardín Botánico de Madrid , foi
compoñente do cosello da Fundacion Nacional para Investigacions Científicas e Ensallos de
Reformas , perteneceu o Pratronato para proteccion de animales e plantas .
Anos mais tarde , o domicilio de doña Lucila Josefa , casada con don Luis Ramón Laje , sitúa en
Villa Dolores , Departamento de San Javier , Provincia de Córdoba en Argentina . Mentras tanto a
casa- escola seguía arrendada o Axuntamento do San Amaro e por alí pasaron infinidade de
veciños , que desde nenos foron aprendendo as primeiras reglas de ortografía i as primeiras tablas
de matemáticas .Os mestres e mestras que se encargaron de dita tarea foron entre outros : O seco de
Garabás , Don Raimundo , Doña Sinda , O Barroso , Doña Manuela .
O 27 de Xulio de 1956 , doña Lucila Josefa García Varela representada por o notario do
Carballiño : don José Luis García Valcarcel e por don José Osorio , vende dita casa a don Amadeo
López García , casado con doña Elisa Barral Vázquez , labrador e veciño de Cortellas , municipio
de Cenlle , que anos mais tarde trasladaríanse a Outeiro para vivir definitivamente nela . Estes
foron os anos mais fructíferos tanto pra casa coma pra finca que a rodea , en dita bodega
fermantaron os mellores viños da parroquia , procedentes das viñas do ? Castiñeiro Grande ? e de
Sergude , que como sabemos comparten o mesmo solo i o mesmo microclima que a zona do Ribeiro
que abarca parte de Osmo e Riobóo .
As artes dun maestro bodegueiro como era Amadeo , que xa viña adestrado en boas bodegas , por
exemplo a de Cortellas , pronto se diexaron notar na sua bodega de Outeiro e disa maneira os seus
viños regaron as mesas de moita xente de Vigo , Lalín , Rodeiro e infinidades de lugares a donde
foron parar .
Seguen a pasar os anos e a casa pasa a maus dunha filla de don Amadeo , concretamente a mais
pequena : Elisa López Barral , que na actualidade , xunto coa sua filla : Marta García López , están
encargándose de restaurala e de darlle esa beleza propia que as suas pedras , cargadas de historia ,
se merecen .
Quedan na retina de calquera dos que pasaron por aquela escola , recordos imborrables de
corros de nenos cantando collidos das mans , de pupitres de madeira todos cheos de furados ,
daqueles tinteiros cos que cada día ensuciábamos as mans , suelo e pantalóns ? Ainda hay veces
que me asomo a xanela da casa de meus pais e escoito aquelas palabras máxicas que nos facían
saltar do pupitre ? A recreooooo ? .
Millán , Varela , Sanchez , García , López , Barral , apellidos que ata ahora escribiron a sua
historia entre esas fermosas paredes ; López , García e sabe Deus quen mais , esperamos que a sigan
escribindo .
Deixa un comentario (1) - Categorías Arquitectura civil - Publicado o 28-12-2010 13:36
O Santa María que logo sería Santa Liberdade .
O PRIMEIRO SECUESTRO POLITICO .
O Santa María que logo chamarían Santa Liberdade , o barco da liberdade Ibérica .
En primeiro lugar direi que a bordo deste barco ía o meu pai : Santiago López Alvarez , que viaxaba de Caracas a Vigo . O día 22 de Xaneiro de 1961 un grupo de 24 homes subiron a bordo do transatlántico Santa María, e logo de cambiarlle o nome polo de Santa Liberdade , secuestrárono para chamar a atención do mundo sobre a situación política das ditaduras de Franco en España e Salazar en Portugal . O grupo do comando pertencía ao Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (o DRIL) e estaba formado maioritariamente por galegos e portugueses , ao mando da operación o celanovés Xosé Veo , que é quen deseña a operación , pola parte militar comparten mando Henrique Galvao E Xosé Fernández Vázquez , que na Pobra do Caramiñal coñéceno como " ou Noé " e na operación adquiriu o nome de Comandante Sotomayor .
A primeira intención do comando era manter o transatlántico ilocalizable , con todo na toma da ponte da nave , resulta morto un dos tripulantes e outro é ferido , como non hai acuardo entre os mandos e despúes dun altercado entre éllos , cambian de estratexia e deciden desembarcar ao tripulante para así gañarse as simpatías da opinión pública mundial . Tras dous días rompe o silencio e o Santa Liberdade reaparece ao mundo como no que goberna a democracia e no que tose os ocupantes son iguais , así os viaxeiros de terceira podían utilizar os servizos de primeira .
Ao dar a coñecer a súa posición , o secuestro e os seus motivos , a opinión mundial faise eco , entón Franco e Salazar piden que se deteña ao barco e aos seus secuestradores . Como nin podía ser doutro xeito e porque viaxaban no buque cidadáns norteamericanos , os Estados Unidos interveñen e pon escolta naval e aérea ao transatlántico , ao mesmo tempo que se inician as conversacións dos responsables do DRIL e os enviados do presidente Kennedy .
Finalmente sobe ao Santa Liberdade unha delegación norteamericana encabezada polo contraalmirante Allen E.Smith , tras os americanos soben os xornalistas e pouco despois o triunvirato que goberna o buque decide entregar o transatlántico en Recife (Brasil) e desembarcar á tripulación e os viaxeiros e pedir asilo político .
Pasaron trece días desde a noite en que o Santa María cambiou de nome , trece días en que a prensa da época , cualificaron de audaces e atrevidos .

Parte deste relato foi sacado dun artigo publicado en La Voz de Galicia polo escritor e xornalista Camilo Franco , que por certo , durante unha breve época fué conveciño noso de San Fiz de Navío
Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 27-12-2010 19:35
O Capitán Bernardo González del Valle ( Cachamuíña )
Bernardo González del Valle ( Cachamuíña ) 23/03/1771  a 06/09/1848 A pesar de que en San Fiz non houbo escaramuzas importantes , as noticias da guerra da Independencia cos franceses tocábannos de cerca .
Cando entraron as tropas napoleónicas en Galicia , a principios de 1809 , ocupando paulatinamente o seu territorio , temos constancia escrita que a comarca de Orcellón e gran parte do Ribeiro , chegaron a destacar polo seu verdadeiro patriotismo , ofrecéronse todos en masa a abandonar as súas casas , defender os seus patrimonios e conseguir así a liberdade da patria . Entón elixiron ao seu primeiro xefe e comandante Munin ( Tenente do Rexemento de Orense ), pero como queira que o exército inimigo Francés acechante e fortalecido , logo de varios paus sufridos en territorio galego , puidese esmagar a resistencia que ata o momento exercera o exercito galego , pediu axuda do Capitán Bernardo Gonzalez do Val ( Cachamuíña ) que máis tarde , cando se fixo co control das tropas , enviou copias dunha órden de recrutamento redactada por el , a todas as parroquias , percorrendo os termos de : San Clodio,San Andrés,Castro Cavadoso,Beade,San Andrés de Campo Redondo,Roucos,Maside,Casar do Mato,Amoeiro,Cenlle,Ervededo,Trasariz,Villar de Rei,Eiras,San Ciprián,Salamonde,Beariz,Grixoa,Anllo,Home,San Fiz,Osmo,San Lorenzo dá Pena,Santa Mariña,Santiago de Esposende .
A pesar de que os enfrontamentos máis graves que houbo cos franceses producíronse en Pazos de Arenteiro,Gomariz,San Clodio , as demais parroquias víronse afectadas polo recrutamento de homes para formar un corpo militar que chamaría " Voluntarios do Ribeiro "

Así consta no artigo do escritor Emilio Estévez Rodríguez na revista "Agora do Orcellón" da páxina do Estituto de Estudos Carballineses. Agora do Orcellón
Segundo José Ricardo Rodríguez Pérez , historiador e investigador : Nas terras de Maside e veciñas do Ribeiro , foron dominantes os guerrilleiros de José González González , alias " Ou labrador " un garabanés de Bouzas que foi lugar tenente de Bernardo González do Val " Cachamiuña " , este asentou un dos cuarteis xerais en Boborás , crese , no castelo de Castro Cavadoso ( Moldes ) concello de Boborás , e " labrador " fíxoo en terras de Maside con repetidas actuacións nas batallas da Ponte de San Fiz , Casardomato , San Cibrán , Ou barazal , Partovia , Ponte San Clodio , Melón , Ribadavia , e Francelos , e baixo o mando de " cachamuiña " na de Pazos de Arenteiro e na soada liberación de Vigo , loita na que por certo hai anotacións parroquiais nas terras de Maside que aseveran que guerrilleiros desta zona foron mortos alí .


Xosé Ricardo Rodríguez Pérez
Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 27-12-2010 19:34
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0