As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Fidalgos en San Fiz no ano 1701

Na revista "Diversarum Rerum" nº7 (revista dos arquivos catedralicio e diocesano de Ourense) do ano 2012, aparece documentación da nobleza ourensana do ano 1701. E nun artigo de ALEXANDRE DE LOS RIOS CONDE, fai mención os fidalgos do pobo de San Fiz de Navío.
Conta Alexandre que o arquivo catedralicio custodia entre os seus fondos, moitas caixas de documentos que agardan a ser catalogados. Nelas atópase unha que sóamente pon nun lateral: "Hidalgos" e alberga case 300 documentos.
Nun deses documentos , tamén fechado entre os anos 1701-1702, coma case todos eles, enumera os fidalgos de cada parroquia, no referente a nosa e dentro da Xurisdición de Roucos dice así: O día 13 de Xunio de 1701 o xuiz ordinario D.Benito de Noboa e Ulloa en relación a orden do Duque de Barbanzón e a do Correxidor de Ourense, reuniu os veciños en concello no lugar de San Amaro de Montes o os de cada lugar foron dicindo si había ou non fidalgos.
Os de San Fiz de Navío dixeron que había 6 fidalgos, ainda que logo só nomearan a 5 , que eran :
* Lope Varela (dono da casa de Viduedo)
* Benito Ordóñez
* Juan José de Ocampo
* Jacinto Ordóñez
* Lorenzo Ordóñez
Un sexto* Cristobal Vázquez Taboada que os veciños de San Martín de Beariz anotaron que non pagaba tributos ordinarios.
Hay que recordar que estes fidalgos do noso pobo puideran ser fidalgos de "bragueta" polo simple feito de ter mais de 7 fillos, non apuntan por ningunha lado que sexan fidalgos notorios de sangue.
O que sí cabe destacar e que para ser un pobo pequeno tiña bastante representación entre os fidalgos, comparado , por exemplo, con Anllo que tiña dous, Beariz que só tiña un ou San Andrés de Camporredondo que non tiña ningún.
Este afán por querer que se lle recoñecese coma fidalgo ven porque os libraba de pagar impostos como pagaban os "pecheros" (labregos).


Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 01-11-2019 11:03
© by Abertal



Santi López Rodríguez