As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

A orixe do nome "Navío".

Despois de analizar o epíteto "navia" nun artigo anterior deste mismo blog, coas conseguintes interpretacións: como derivado da deusa "Navea" ou tamén coma derivado do vocablo "Aviae". Deixando atrás estas interpretacións e fixándonos na deusa Navia como mito, encontramos na Desgalipedia que a deusa NAVIA naceu sobre a terra ao chorar ésta cando o seu home o Ceo foi separado dela, formándose así un río subterraneo que asoma a superficie polos pozos peagos e através de todos os ríos, sendo fronteira natural entre o noso Universo e o outro mundo ( o Alén ).
Dise que xa de pequena, a deusa Navia, foi moi rebulideira e contan que andaba sempre roubándolle as espadas o seu irmán BANDUA. Aquí quería chegar eu, estamos en San Fiz de Navío, certo e que non temos, polo menos descuberto, ningunha ara referida a deusa Navia, pero preto de aquí, concretamente en Eiras, atópase unha ara dedicada o deus Bandua, irmán de Navia, na que cita a Cidade de Lámbrica (San Cibrao de Lás).
Entón non soará tan desatinado duas deidades celtas, ademais irmans, nun territorio relativamente próximo, coñecendo tamén a expansión que se produxo no Castro de Lás hacia terras de Laias, Barbantes e arredores onde había lavadoiros de metais ( Laias ) considerado por Chamoso Lamas un centro mineiro de ouro.
Por tanto o nome do pobo Navío encaixa a perfección neste tecido territorial da época castrexa.
Deixa un comentario (0) - Categorías A toponimia na parroquia - Publicado o 03-11-2013 11:39
© by Abertal



Santi López Rodríguez