As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Documentación de preitos no Arquivo de Galicia.

Escarbando nos Arquivos de Galicia, no apartado adicado os preitos, atopei a documentación referida os siguintes procesos dos anos : 974, 1489, 1566, 1607, 1624, 1665, 1727, 1789, 1805, 1812 e seis mais:
*974 data do 20 de Marzo. Troco de Roi Velazquez e os seus irmans contra o Abade Pedro da Vila de Sandulces.
*1489 o Mosteiro de Sobrado dos Monxes afora a Lopo de Sergude o casar de Sergude na freguesía de San Fiz de Navío.
*1566 Preito de reivindicación do lugar da Quintá en San Fiz. O demandante foi Fray Gaspar de Anaya , comendador de Beade e os demandados: Pedro de Landea e María de Quintana, veciños da parroquia de San Fiz.
*1607 Preito de Jácome Baiboda (Balboa ?) esposo de María Ordóñez contra Pedro Millán sobre nulidade de execución e reintegro de bens.
*1624 Preito sobre o lugar de Barrio, demandantes: Juan Rodríguez da Ponte e Cabildo da catedral de Santiago contra os demandados: María González e Juan de Muradás.
*1665 Preito sobre prado e monte da Rigueira en San Fiz de Navío, demandante: Baltasar de Araujo, demandada: Agueda Sobreira.
*1727 . Jacinta de Barcia y Araujo, viuda de Jacinto Ordóñez e veciños de San Fiz de Navío contra Melchor Vázquez como marido de Bernarda González sobre paga de 6 moyos de viño e otras cousas en Maside.
*1789 Preito de Francisco de Barcia y Araujo vecino de San Fiz e José Faustino Borrajo Camba vecino de San Miguel de Osmo, contra Francisco Benito de Veiga e outros deudores. Sobre paga de renta e maravedíes.
*1805 Joaquín Losada Chas con D. Pedro Miguel de Rivera sobre posesión de bens de vínculo formado por D.Patricio Rivera, veciño do lugar de Casas Novas en San Fiz, xurisdicción de Roucos.
*1812 . Os veciños de San Fiz de Navío e Fermín de Muradás ( o seu apoderado) contra Felix García, sobre posesión de fidalguía .
*Mosteiro de San Clodio contra Gaspar Borrajo e outros sobre reivindicación de duas leiras de viña en San Fiz de Navío.
*Mosteiro de Melón contra Francisco Vázquez e consorte, veciños de San Fiz, por contravención de posesión de bens sitos en San Fiz.
*Preito de reivindicación do lugar de Souto de Valmundín en San Fiz, demandante: Mosteiro de San Clodio, demandado: Francisco González veciño de San Fiz .
*Mosteiro de San Martín de Santiago contra Pedro Domínguez Buenos, Cristobal de Soto e outros sobre auto ordinario pola xurisdicción do Coto de Sandulces.
*Monasterio de San Clodio contra Francisco de Toubes sobre reivindicación polo Coto e Granxa de Outeiro en San Fiz de Navío.
*Monasterio de San Clodio contra Juan de Sergude y Rodrigo de Sergude sobre reivindicación dunha viña da Regatiña en San Fiz.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 20-10-2013 17:05
© by Abertal



Santi López Rodríguez