As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

S.Fiz perteneceu o partido de Abia Allá (siglos XII-XV)

A " Encomienda de Beade " era unha das sete encomendas que a Orden de San Juan de Xerusalen poseía no Reino de Galicia . A xurisdicciòn da Encomienda de Beade compoñíase de 18 Partidos entre os que estaba ABIA ALLÁ o que pertenecía a feligresía de San Fiz de Navío . Proba delo témola en unhos legajos nos que a Encomienda de Beade tiña varias propiedades , nesta parroquia , aforados a veciños de San Fiz .
Paso a enumerar estes legajos : En primeiro lugar un foro que fixo o comendador Fray Gaspar de Anaia no ano 1575 a Gonzalo da Touza , do lugar e casal da Reguenga , feligresía de San Fiz de Navío o cal componse de catro follas de papel común e pasou ante o escribano Marcos Pallares .
Outro legajo con citas do lugar de Calve , feligresía de San Fiz de Navío , componse de sete follas útiles de papel común e dentro del outro legajo do que da principio o foro que o comendador Fray Pedro Albarez de Anaia fixo no ano 1552 ante Gonzalo de Bóveda a Juan Presas dos bens correspondentes o lugar de Calve , composto o devandito foro de duas follas de papel común . A este foro síguenlle tres follas de citas e outro foro que no ano 1566 fixo ante Marcos Pallares a Bartholomé González do Mato , veciño de Salamonde , dos bens do lugar de Calve , en tres follas de papel común , e síguenlle as posesions . Tamén contén este legajo outro foro que fixo Fray Gaspar de Anaia , comendador de Beade a Bartholomé González de Salamonde do lugar de Calve e bens que conteñen , e síguelle outro medio pliego de citas e despois deste outro foro que otorgou o comendador a Rodrigo de Calve . Dentro diste citado legajo , que según a sua cuberta , sin duas minutas , dos bens dos foros antiguo e moderno da Iglesia de San Fiz de Navío , da que se vale a casa da Touza e os seus caseiros , cuias minutas constan de sete follas sin incluir a cuberta .
Aparecen tamén outras once follas de papel simple con citas e anotacions do lugar de Sobrado , feligresía de San Fiz de Navío , e dentro delas outro caderno cosido e na primeira folla tras a cuberta atópase o foro do devandito lugar , o poder que diron os veciños do citado lugar a Juan de Calve , para que no nome dos demais conveciños obtivese novo foro do señor comendador de Beade , según que dito poder pasou ante Marcos Pallares , escribano, no ano 1575 , e que consiste en medio pliego de papel común seguido do cal atópase algunhas anotacions e a continuación encóntrase o foro que fixo Fray Gaspar de Anaia do lugar de Sobrado a Juan de Calve como apoderado dos seus consortes , ante Marcos Pallares no ano 1576 . E dita copia do foro , que no ano 1602 , ante Pedro Jiraldez otorgou o comendador D.Fernando Manuel a favor de Lorenzo do Sobrado , e outros bens e que consiste en catro follas de papel común.
Por último outro legajo e que dice na primeira folla : " Memorial de los bienes que se compone el lugar llamado Quintan , propio del directo dominio de la encomienda de Beade , que su tenor es como sigue ... "
- A 4ª folla deste legajo contén o memorial dos bens ,nombrado , Da Reguenga
- A 6ª folla contén os bens de Sobrado
- A 13ª folla o memorial de Calve
- A 32ª folla do citado legajo encóntrase a razón do foro que fixo D.Gaspar de Anaia a favor de Juan de Calve
- A 35ª folla a razón do foro do lugar de Sobrado que fixo Fray Fernando Manuel a favor de Lorenzo do Sobrado
- A 36ª a razón do foro do lugar da Quintá
- A 37ª folla a razón do foro do lugar da Reguenga
- A 39ª folla a razón do foro do lugar de Calve ,
coa que dá por finalizado este citado mazo , correspondiente o partido referido de ABIA ALLÁ .

Con esta toda documentación queda mais ca demostrado o paso dista orden militar de San Juan de Xerusalen por as nosas terras .

Nota .- A razón de que aparezan algunhas faltas de ortografía , especialmente nos nomes e apelidos , e que me limitei a transcribir literalmente o que decías eses legajos .

Documentación sacada do libro " Las encomiendas gallegas de la orden militar de San Juan de Jerusalen..." de Isidro García Tato .
Deixa un comentario (1) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 10-10-2011 18:08
Un veciño de San Fiz na árbore xenealóxica dos Franco
No indice de insertos en XXV anos da Revista " Hidalguía " escrito por Adolfo Barredo de Valenzuela , aparece D. Francisco Antonio de Toubes e Ordóñez , nacido no ano 1761 no pobo de San Felices de Naveco , curiosidade que tamén aparece noutros documentos da época .
Despois de infinitas consultas atopei a solicitude de pleito de hidalguía , e dita información foi feita no Coto de Sandulces por a sua orixe , e na que proba ser da rama dos Toubes da casa da Touza e da de Rioboo , coa heráldica que ostenta esta linaxe , e por último xustifícase tamén estar incluído nos padróns de nobles nos anos 1737 e 1767 .
Pois ben este D.Francisco Antonio de Toubes e Ordóñez nacido no ano 1761 na Touza en San Fiz de Navío , foi Tenente de fragata e morreu en Montevideo o 07/XII/1811 .Casa con Doña Jerónima Franco y Sánchez nacida no Ferrol o 26/VII/1771.
Dista forma entronca na Xenealoxía do Ortegal cos Franco do século XVII - XX .
A muller de D. Francisco de Toubes , Jerónima , ten un irmán chamado Nicolás Franco y Sanchez que casa en terceiras nupcias con Josefa Vietti Bernabé e ten varios fillos entre eles está D.Francisco Franco y Vietti que casa con Hermenegilda Salgado Pérez e teñen un fillo chamado Nicolás Franco Salgado que a sua vez casa con Pilar Bahamonde y Pardo de Cela de dito matrimonio teñen cinco fillos : Nicolas , Francisco , Pilar , Ramón e Mª de la Paz Franco Bahamonde .



Os datos familiares do apelido Franco foron sacados da Xenealoxía do Ortegal
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 02-10-2011 15:42
© by Abertal



Santi López Rodríguez