|
|
|
|
|
De Castros , Mámoas e Petroglifos. |
|
Despois de moitos anos pelexando coas administracións autonónica e local que cosideraban que o Patrimonio dos pobos debía de estar oculto, frente a opinión de arqueólogos e historiadores que defendían que pa coidar o patrimonio primeiro había que coñecelo.
Fai pouco tempo a Xunta de Galicia dispón de unha páxina web na que a través de mapas sitúa o Patrimonio de cada parroquia de Galicia, desta maneira puden atopar parte do patrimonio da parroquia de San Fiz de Navío que non coñecía.
Gracias esta ferramenta puden descubrir que ademais dos dous Castros : Monte dos Castros e Castreás a parroquia conta con tres Mámoas : A Corredoira, O Picouto 1 e O Picouto 2 e tamén hay catro Petroglifos : A Verea, O Cotarelo, O Penedo Redondo e A Medorna.
Pouco a pouco irei localizando, fotografiando e relatando o que vaia encontrando, alguns están descubertos e catalogados, outros non. |
|
|
|
|
|