As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

" A Pousa de San Fiz de Navío "

No ano 1580 os veciños da pousa de San Fiz conservaban a condición de vasallos do Mosteiro de San Clodio, que daquela, a xurisdición de San Clodio tiña uns 44 veciños e preto de 1700 habitantes.
No padrón de San Clodio de 1580 os habitantes que compoñían a pousa de San Fiz de Navío eran os seguintes :
* Juan Gómez e a súa muller Ana da Touza. Teñen un fillo que se chama Mateo e unha filla que se dice Marta, ambos pequenos. Non teñen criados.
* Jácome de Outeiro e a súa muller María Rodríguez. Teñen catro fillos e unha filla . O primeiro chámase Francisco o segundo Miguel o terceiro Juan e o cuarto Lourenzo a filla chámase Dominga, todos pequenos e viven con seus pais. Non teñen criados.
* Inés Gómez, viúva de Bastián Ferrero. Ten unha filla pequena que se chama Catalina, non ten tutor e pobre e susténtase co que lle dan por Deus.
* Jhoana Rodríguez e moza solteira, non ten fillos nin criados.
* María Rodríguez e moza solteira, non ten fillos nin criados. Esta e a anterior son irmás e viven xuntas nunha casa.

Son por tanto 15 persoas as que compoñen a Pousa de San Fiz, chamada tamén granxa de Outeiro.
O Mosteiro nomeaba un merino que actuaba como xuiz da xurisdición e tamén dous escribans de número para auxiliar no xulgado o merino.



Sacado de " O padrón de San Clodio de 1580"
de Frutos Fernández González
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 05-01-2016 17:58
© by Abertal



Santi López Rodríguez