As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

" Historia apologética de los Papas" de Urbano Ferreiroa

D.Urbano Ferreiroa, autor eximio da " Historia apoloxética dos Papas", coñece a historia da antiga Roma como poucos. Estudou a conciencia algunhas das grandes figuras do Imperio Romano; nos seus paseos por a Cidade Eterna, logrou reconstruir a vella capital dos césares e dos mártires. Todo esto advírtese no seu " Nerón " do cal dí, con razón, o censor eclesiástico, que mais se parece a historia que a novela.
D. Urbano, desenvolve, en sete volúmenes, o maravilloso cadro da " Historia apoloxética dos Papas, desde San Pedro o Pontífice reinante ". Que o Sr Ferreiroa, cura estudiosísimo e non menos laborioso, digno fillo desta fermosa terra galega, era persoa ben acreditada no mundo da literatura histórica, xa se había visto, e ben claro, nos seus anteriores libros, pero agora, sube de punto a tarefa por él emprendida, pois na sua obra sobre os Papas, ven a darnos un bo tratado de Historia Eclesiástica, con carácter apoloxético, labor profunda por as súas elevadas miras, obra sólida polo ben documentada, defensa xenerosa e noble da mais bella institución que ven atravesando os siglos ; e logo, escrita con elocuente estilo, donde o autor deixa ver as fermosas profundidades da alma galega, reflexiva, poética un tanto melancólica, como alma que naceu nesta terra de montañas e árbores, de néboas e ríos deliciosos, cheos a par de misterio, terra sen igual,que encerra no seu seno todas as dulzuras maternais, e nos seus campos e lugares un fondo inesgotable de poesía fonda e amante coma a dos países do Norte.
No tomo primeiro, traza o autor, despois dun estudo filosófico e biográfico que lle sirve de introducción, un cadro admirable, que él titula: Discurso preliminar acerca de los tres primeros siglos del Cristianismo. Despois veñen xa os sigintes importantes asuntos: Época primera .- San Pedro.- Personalidade de San Pedro.- San Pedro antes da Ascensión.- San Pedro no exercicio do Primado.- San Pedro en Antioquía.- San Pedro en Roma.- Duración del episcopado romano de San Pedro.- Hechos principales y muerte de San Pedro en Roma. Finaliza o libro con un xuicio sintético de toda a obra, que como e de supoñer todo él será bo e ainda excelente; resultará un verdadeiro monumento de ciencia cristiá, e servirá para instrucción de moitos, gloria da Igrexa e defensa do Pontificado, e honor da nación española, desta terra galega, nai do autor e gloria xustísima do mesmo autor.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 01-01-2015 16:17
© by Abertal



Santi López Rodríguez