As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

A tradicción do racimo de uvas de S.Félix .
Hasta fai poucos anos o día do Patrón , San Félix , celebrábase a procesión do santo e nela hay que destacar que a súa imaxen adornábase cun racimo de uvas cortado na viña de algún dos veciños da parroquia .
Despois de estudar a fondo esta costume , coido que non representa un mero adorno floral das primeiras uvas pintas ou maduras da cosecha , que por esas datas comenzaba ou xa estaba maduro según fose o ano , sinón mais ben unha tradicción ancestra de ofrecemento da riqueza do pobo , os seus deuses , unha maneira de pedir abundancia nas cosechas ou agradecer os frutos nados nos terreos .
Son moitos os pobos que así o fan : En as Torres de Cotillas ( Murcia ) na comarca do Medio Segura , rexión vitivinícola , a tradicción remóntase a o ano 1778 , ainda que por documentos aparecidos , seguramente xa desde o 1452 cando os cristiás repoboaron a vila . En Alhama ( Almeria ) celébrase a procesión do “ Niño Dios “ ataviado con un racimo de uvas , símbolo da localidade . En Santa María de Los Arcos ( Navarra ) antes de iniciarse a procesión colócaselle o Patrón o “pañuelico roxo “ anudado o pescozo e un racimo de uvas . Na procesión do Corpus en Bogotá , ésta xira en torno os altares nas esquinas en donde se representan esceas bíblicas con diversas figuras , arreglos con trigais , racimos de uvas e incluso seres mitolóxicos.
No Perú , na procesión do “ Señor de la viña “ sacan a un crucificado de pequeño tamaño que posue a particularidade de ser adornado con racimos de uvas nas mans do santo , pidíndolle desta maneira que protexa a cosecha de uvas , de heladas e plagas .
Podería seguir enumerando infinidade de lugares que tirando da tradicción , rememoran esas ofertas ancestrais a os deuses .

Todo esto sigue a falar de que San Fiz e un pobo totalmente “ Ribeirao “ … péselle a quen lle pese . As uvas formaron e forman parte do “ modus vivendi “ dos veciños da parroquia de San Fiz , xa que eles naceron , viviron e morreron entre cepas . Foron a paisaxe , o terruño , as variedades i as xentes quen fixeron o bon viño do Ribeiro , non uns señores de garabata sentados en caros sillóns baixo o nome : “ consello regulador “ .
Deixa un comentario (1) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 08-01-2011 14:16
1 Comentario(s)
1 Que razón tés, meu, cando falas de quen fai bo viño!

En fin, que non che felicitei o Nadal#blgtk08#, nin o Aninovo, nin os Reis. Fágoo agora, se aínda chego a tempo.

Un biquiño moi grande.
Comentario por A nena do paraugas (09-01-2011 18:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez