As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Un día calquera ....

Un día calquera ....



Vagos recordos de tardes de vran , de pantalons curtos ,
de cheiros a herba seca , dun par de alpargatas rotas ,
de choros , esta vez por soarme as mangas da camisa .
Tardes vestidas de festa e de xogos ata un estar canso ,
ledicia , amizade isa e a bandeira que nos arbolamos ,
esperando a noite que nos arrule co canto dos grilos .
Os muros e os portelos que nos separan da aventura
fánsenos pequenos a hora de saltalos e superalos ,
non queda niño , nin cereixas por moi alto que se escondan.
So a noite co manto negro que se achega polos cumios
e capaz de parar as nosas risas y os nosos pes .
Mañá será outro día cargado de ilusions e de dúbidas
pero iso queda pra mañá , agora toca soñar entre sabas ,
espertar isa outra imaxinación que surxe da escuridade
e se viste de contos a veira da lareira e dun vello trespés ,
pero non , oxe seica toca pesadela , tristura e bagoas ,
semella un escarmento poras risas da tarde enteira ,
pero soio e un soño que me devolve a sinxela realidade.
Xa se oe o capón no seu acubillo , desperezándose ,
na cociña ruxen as cuncas de leite que nos han de dar forzas
un berro seco soa en toda a casa : " ¿levántache nugallao? "
as pizarras voltan o saco e xa piden chegar a escola
pero un gato no tellado da Sra Celia , fainos chegar tarde ,
a entrada Dña Manuela mira si levamos as orellas ven lavadas ,
io que esperábamos : sin recreo pola tardanza , maldito gato .
Aburrida espera a que termine o castigo , debuxando no encerado ,
xa cheiran as sardiñas e a bica que nos esperan fumegando ,
a tarde volta de novo con pinceladas de lóstregos ,
con tronos retumbantes que nos fan quedar na casa ,
hasta que por fin o ceo se pinta de azul e o horizonte despexa .



Deixa un comentario (2) - Categorías A miña bitácora - Publicado o 26-06-2010 13:08
2 Comentario(s)
1 Describes as tardes do verán coma se aínda andases a choutos nos muros, ou roubando cereixas. Vénseme á cabeza aquela tarde de domingo no que unha amiga e mais eu fomos tamén ás cereixas, pola estrada que vai de Porto de Eguas a L#blgtk08#eiro, no lugar da Caseta, e a mala uva coa que nos escorrentou unha muller vellas, que vivía soa, a pedradas.

Todo un pracer, Santi. Por certo, xa me enterei de que coincidiches co Farruquiño.

Bicos.
Comentario por A nena do paraugas (27-06-2010 07:39)
2 PRECIOSO!!!! No sabía yo que tuviera un primo que escribiera tan bien!#blgtk08#!!! Ya le daré un buen repaso a todo lo que tienes por aquí!!! Un beso
Comentario por HELENA (10-04-2011 11:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez