As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Saudade


Saudade ...


A deito vou repasando os sendeiros da miña infancia
uns trocaron en alquitranadas ruas cheas de lámpadas
outros en tupidos silveirais sin poder albiscar a saida
hainos que soportaron o paso do tempo sen apenas cambio.

A miudo percorro paraxes de cando neno brincaba neles
trepo escarpados riscos desde onde botaba a voar
descendo a borcallós pola orballada herba do lameiro
acubíllome nunha lobrega cova entre dous penedos.

Pero un lóstrego de tristura devólveme á realidade cotiá
desapareceron os camiños baixo as solas dos zapatos
esfumáronse os lugares diante mesmo dos meus ollos
volven os recordos o acougo do seu triste cemiterio .

Ata que un día volvan pra quedarse e votar raices
pra habitar rincons , casas , xentes e pensamentos
sen escatimar en añoranza , morriña , sentimento ,
enchendo ese gran buraco que produce a soidade.

Santi López
Deixa un comentario (1) - Categorías A miña bitácora - Publicado o 11-06-2010 15:59
1 Comentario(s)
1 Polo que dis semella que a morriña aniñou no teu papel. Non te#blgtk08# deixes levar. Non estás so.

Un bico graaaande.
Comentario por A nena do paraugas (14-06-2010 05:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez