As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Coincidencia xeográfica ou paralelismo ritual .
Si partimos de que a cultura celta antiga tiña a característica principal de adorar e venerar a naturaleza, e tendo en conta tamén que todos os rituais celtas están relacionados con éla , non e desatinado afirmar que entre o primeiro poboado do Monte dos Castros e o Toco do Zorro hay mais ca unha mera coincidencia xeográfica , eu atreveríame a dicir que existe un paralelismo ritual .
Os celtas celebraban as suas festas que eran conocidas como jeis ( festas ) ou óenach (asambleas ) . O primeiro de Noviembre celebrában o Samhain ( Samain ) festa do culto os mortos , ese día comenzaba o ano celta , acendíanse unha fogata no centro do poboado o que acudía toda a xente pra conseguir lume que activase un novo fogo nos seus fogares . O primeiro de Febreiro celebrában o Imbolc ( Oimelec ) era a festa da exaltación do fogo e da auga . O primeiro de Mayo tamén se celabraba o Belten ( Beltane ) que festexaba a chegada da primavera facíase en honor a Belenós . Os druidas encendían fogatas e facían atravesalas o gando , para que quedaran libres de enfirmidade . O primeiro de Agosto celebrábase o Lugnasud que era a festa principal , en éla participaba todo o poboado honrando o deus Lug .

A raiz destes acontecementos e considerando que a proximidade do lugar chamado o Toco do Zorro , prestábase pra istes cultos e rituais , non olvidemos que istes lugares de abundantes penedos eran aptos pra observación do firmamento , neles os antigos poboadores facían os calculos necesarios pra adelantarse a chegada da época de sembra e de recollida das cosechas , si ben noutros lugares similares deixaron pegada en forma de cazoletas ou petroglifos , que os estudiosos consideran mapas do firmamento ou mapas indicadores dos solticios i equinocios .

Non debemos de olvidar que as tradicions van pasando de pais a fillos , e unhas simples fogatas que se facían no medio do poblado , han de ter continuación na costume de ir botar o fulión , a cima dos penedos do Toco do Zorro , pois preguntándolle os mais vellos do pobo , confirmáronme que se facía hasta non hay moitos anos atrás , éles dicen debido a proximidad do Campo da Festa que era cerca do Sobrado fai bastantes anos . Eu , sin embargo , considero reminiscencias dun tempo pasado , que foron perdurando na memoria dos nosos ancestros .
Deixa un comentario (2) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 04-06-2010 20:23
2 Comentario(s)
1 Se o pensas friamente, todo nesta nosa Terra é un paralelismo ritual e de seguro que hai máis coincidencias que, ás persoas profanas se nos escapan. E falo por min.
<#blgtk08#br /> Alegroume saber de ti. Xa che direi algo máis con calma cando remate este rebumbio que sempre se acaba montando a fin de curso.

Biquiños desde Ourense.
Comentario por A nena do paraugas (04-06-2010 22:12)
2 A recorrente liña do Suroeste. Tamén a vemos entre Lás e A Ermida. Polo Suroeste é a posta do Sol no solsticio invernal, pero... tamén cara o Nordés (ó lado inve#blgtk08#rso)existe un abrente solsticial: o Solsticio de verán, cando hai que madrugar para "ver bailar o Sol", segundo rezan moitas lendas. Estamos nesas datas. Saúdos.
Comentario por Felisindo (23-06-2010 20:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez