As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Lembranzas...

Lembranzas

Anacos de lembranzas esmorecen río abaixo
presas nas silveiras dos meus soños mais remotos,
cansos atardeceres salpicados de raiolas
que se agochan tras os cumios da soidade,
espazos infinitos que non enche ningunha presenza.

Alá nos cómaros da miña aldea de trasnadas infantis
agora cemiterio de segredos espallados por mil voces
Foi alí onde naceu iste pasado que me asolaga,
entre risos,fentos,pedras e berros apagados.
Os estadullos seguen tremando dista carga insostible.

Rios de bágoas arrancan dende a tristura dos meus ollos
resbalando por as feridas que me escocen todo corpo,
pra romper en silencio marcándome o camiño.
As dubidas disípanse coma febles nubes de verán
e de novo volta o acougo rutinario e o esquecemento.

Santi López
Deixa un comentario (1) - Categorías A miña bitácora - Publicado o 21-05-2010 20:31
1 Comentario(s)
1 O esquecemento non aniña nin volve nunca. Só se dispersa. Do conrario non sería posible construír vida.

Sorpréndesme, Santi. Cada vez máis. Son moi fermosas as túas palabras. E moi aceradas. Ás#blgtk08# veces penso que somos unha xeneración perdida entre os arumes da lareira e a vertixe do asfalto.

Moitos bicos desde Ourense. E desde Refoxo. E desde San Fiz, se cómpre ir alá para mandarchos.
Comentario por A nena do paraugas (21-05-2010 20:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez