As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Busco...
Busco ...

Busco o meu pobo enxebre , aloumiñado entre vagos recordos,
acubillado detrás das fiestras,mergullado nas frondosas carballeiras,
acotío esquecido en ringleiras de anos que veñen e se van.

Busco a esas xentes de antaño,torcidas polo mango da eixada,
eses camiños labrados pola roda do carro que soan o son das
badaladas das campás da igrexa que tocan a defunto .

Busco as melodías do vento de inverno que acuna os toxos do Barazal,
mezcladas co armonioso sorriso do regacho que resbala cantareiro polas
saias do monte,ata romper en mil cachos de espuma alá na Fareixa.

Busco ao lexos entre milleiros de cepas adornadas de roxos racimos,
aquelas xentes,aquelas vendimas,aqueles panos brancos a cabeza,
que ao final da colleita se retaban uns a outros con aqueles aturuxos.

Mais xa non atopo... nin vexo...nin escoito...nin xiquera imaxino .
Cheas de cemento tapan as casiñas , moreas de alquitrán
esconden os camiños , cantidade de recordos durmen no cemiterio.

Voan faiscas por riba dos tellados e con elas voan todos os meus
recordos da infancia , xa só quedan : fiestras,pedras,fentos ...
e o murmurio do silencio que o abafa todo .

Santi López
Deixa un comentario (1) - Categorías A miña bitácora - Publicado o 15-05-2010 21:27
1 Comentario(s)
1 Fermoso texto, Santi. Quen nacemos entre viñas, carballos e castiñeiros e pateabamos os camiños xeados cos zocos ben engraxados para ir á escola, sentimos ás veces que perdemos un anaco de infancia. Pero a infancia mesma nos fa#blgtk08#la desde as fiestras e os fentos, desde o silencio no que ouvean as lembranzas...

O máis importante é non esquecer e transmitir todo iso que escribes. Algo quedará.

Un bico moi grande desde Refoxo.
Comentario por A nena do paraugas (19-05-2010 06:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez