As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

O Santa María que logo sería Santa Liberdade .
O PRIMEIRO SECUESTRO POLITICO .
O Santa María que logo chamarían Santa Liberdade , o barco da liberdade Ibérica .
En primeiro lugar direi que a bordo deste barco ía o meu pai : Santiago López Alvarez , que viaxaba de Caracas a Vigo . O día 22 de Xaneiro de 1961 un grupo de 24 homes subiron a bordo do transatlántico Santa María, e logo de cambiarlle o nome polo de Santa Liberdade , secuestrárono para chamar a atención do mundo sobre a situación política das ditaduras de Franco en España e Salazar en Portugal . O grupo do comando pertencía ao Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (o DRIL) e estaba formado maioritariamente por galegos e portugueses , ao mando da operación o celanovés Xosé Veo , que é quen deseña a operación , pola parte militar comparten mando Henrique Galvao E Xosé Fernández Vázquez , que na Pobra do Caramiñal coñéceno como " ou Noé " e na operación adquiriu o nome de Comandante Sotomayor .
A primeira intención do comando era manter o transatlántico ilocalizable , con todo na toma da ponte da nave , resulta morto un dos tripulantes e outro é ferido , como non hai acuardo entre os mandos e despúes dun altercado entre éllos , cambian de estratexia e deciden desembarcar ao tripulante para así gañarse as simpatías da opinión pública mundial . Tras dous días rompe o silencio e o Santa Liberdade reaparece ao mundo como no que goberna a democracia e no que tose os ocupantes son iguais , así os viaxeiros de terceira podían utilizar os servizos de primeira .
Ao dar a coñecer a súa posición , o secuestro e os seus motivos , a opinión mundial faise eco , entón Franco e Salazar piden que se deteña ao barco e aos seus secuestradores . Como nin podía ser doutro xeito e porque viaxaban no buque cidadáns norteamericanos , os Estados Unidos interveñen e pon escolta naval e aérea ao transatlántico , ao mesmo tempo que se inician as conversacións dos responsables do DRIL e os enviados do presidente Kennedy .
Finalmente sobe ao Santa Liberdade unha delegación norteamericana encabezada polo contraalmirante Allen E.Smith , tras os americanos soben os xornalistas e pouco despois o triunvirato que goberna o buque decide entregar o transatlántico en Recife (Brasil) e desembarcar á tripulación e os viaxeiros e pedir asilo político .
Pasaron trece días desde a noite en que o Santa María cambiou de nome , trece días en que a prensa da época , cualificaron de audaces e atrevidos .

Parte deste relato foi sacado dun artigo publicado en La Voz de Galicia polo escritor e xornalista Camilo Franco , que por certo , durante unha breve época fué conveciño noso de San Fiz de Navío
Deixa un comentario (0) - Categorías San Fiz na historia - Publicado o 27-12-2010 19:35
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez