As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

O marco "do Picouto"
Hoxe quero mostrarvos unha posible "pedrafita" que fai de marco divisorio entre as parroquias de Beariz e San Fiz. Ainda que a súa orixe e incerta, temos a seguridade que se atopa xusto o lado das Mámoas ( M1) e (M2) do Picouto.
Cando visitei o lugar chamoume poderosamente a atención esta pedra grabada por un lado con unha "B" e por o outro con unha "S", e a decir verdade, recoñecina como marco divisorio, pero quedeime coa inquedanza de que podía ser unha "pedrafita" reutilizada en tempos mais recentes coma un marco divisorio.
Se tomamos como referencia o Marco da Anta en Cotobade, resulta calcado o do Picouto. En Cotobade figuran as letras "S" de Sacos e "C" de Carballedo , e no Picouto a "B" de Beariz e a "S" de San Fiz. En Cotobade está situada o lado da Mámoa Portela de Anta, no Picouto o lado das Mámoas (M1) e (M2).
Deixa un comentario (0) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 19-04-2020 13:36
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez