As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Francisco Antonio Toubes Ordóñez. Mariño e Matemático.

Francisco Antonio Toubes Ordóñez.

Nace en San Fiz de Navío (San Amaro, Ourense), no ano 1759, e morre en Montevideo en 1811. Mariño e matemático.
Nacido no seo dunha nobre familia galega e de fonda tradición militar, foi o sexto fillo dos oito habidos do matrimonio de Felipe Antonio de Toubes e Villamarín, falecido en 1782, con Leonor María Ordóñez e Mosquera, falecida en 1763. Bautizado o 28 de xaneiro de 1759, e actuando como padriño Francisco Vázquez de Toubes, foron os seus avós paternos Francisco de Toubes, nacido en 1702, e María Rodríguez de Castro e Canda, nacida en 1700; foron os seus avós maternos, don Patricio Ordóñez Maldonado e dona Gregoria Mosquera. Tras unha primeira vocación relixiosa, ingresa na Real Compañía de Gardas Mariñas e Colexio Naval, inaugurado en Cádiz en 1717, segundo consta no Catálogo de Probas de Cabaleiros aspirantes. Os requisitos que debía reunir un aspirante a guardiamarina, segundo indicaba a Instrución de Patiño, eran os de ser fillo de fidalgo ou de militar con emprego de capitán ou superior, ter unha idade comprendida entre catorce e dezaseis anos e saber ler e escribir.
O 6 de setembro de 1784 formóuselle asento a Francisco de Toubes na Compañía do Ferrol e, pouco despois, sendo tenente de fragata da Real Armada, solicita permiso para contraer matrimonio con María Jerónima Rosa Teresa Franco, bautizada o 27 de agosto de 1771 na parroquia de San Julián de Ferrol, e filla do oficial 1º do Ministerio de Mariña Juan Franco Andrade e de dona Josefa Sánchez Freire. En 1784 publica Francisco de Toubes un manual de matemáticas titulado “Exercitatio matemática in aritmética, álxebra et xeometría “ .
Ascendido a tenente de navío, pasa a formar parte da dotación da fragata Proba, unha das seis fragatas deseñadas polo arquitecto Bouyón e coñecidas como Mahonesas, e como tal vese involucrado nos sucesos ocorridos en Río de Janeiro os días 28 e 29 de 1808, con ocasión das infrutuosas tentativas realizadas pola señora infanta Carlota Joaquina Teresa de Borbón e Borbón (1775-1830). Esta, irmá do rei Fernando VII, infanta de España, esposa do rexente de Portugal, e princesa honoraria de Brasil, instalouse coa Corte portuguesa en Río de Janeiro, tras a invasión napoleónica de 1807. Ás catro da mañá do día 29 de novembro de 1808, no porto de Río de Janeiro, o brigadier da Real Armada e comandante da fragata Proba, Joaquín de Somoza Montsoriú, fixo chamar en Xunta extraordinaria e reservada a máis de vinte oficiais, entre os que se atopaba o tenente de navío da Real Armada don Francisco de Toubes. O obxecto desta convocatoria era a de participar a estes oficiais as intencións da infanta Carlota, que a falta do rei Fernando VII e dos infantes, detidos en Francia, e aducindo a inexistencia da lei sálica en España, tiña aspiracións á Coroa, para o que pretendía reter a fragata en Río de Janeiro. Despois dunha longa conferencia, esixiu o comandante o ditame dos xefes e oficiais que compoñían dita xunta, os cales conviñeron de forma unánime o que non se obedecese o resolvido pola infanta Carlota, por consideralo contrario ao Real Servizo e á Patria, e por corresponder o mando desa fragata unicamente ao rei Fernando VII. Así mesmo, dispúxose que a fragata dese vela ao primeiro vento favorable, a pesar de ter ao seu costado un navío de guerra portugués e de ter que atravesar a medianía dos castelos que estaban á saída da boca do Porto.

Este artigo foi copiado íntegramente dun traballo de CARLOS VISCASILLAS VAZQUEZ da Real Academia da Historia
Deixa un comentario (0) - Categorías Fillos ilustres - Publicado o 01-12-2019 13:43
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez