As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

A Mámoa de A Corredoira.

Outra das mámoas que conseguín xeolocalizar foi a Mámoa de A Corredoira. Esta mámoa forma parte dun xacemento situado no límite dos concellos de Cenlle e San Amaro, componse de dúas mámoas, a lo menos catalogadas, unha no comunal de San Fiz a de A Corredoira, e a outra a Mámoa da Corredoira M1 nos montes de Cenlle, concretamente no campo de Ceres.
Cabe destacar que dentro dese entorno protexido atópase tamén o Xacemento de San Berísimo, sobre o cal , antigamente foi construida a capela en honra a San Berísimo, na actualidade desparecida.
A Mámoa de A Corredoira sitúase entre a estrada que vai de San Amaro a Cenlle e o ramal que enlaza con Osmo. Trátase dunha mámoa catalogada pero sin investigar.
Véxome na obriga de seguir denunciando que as pistas forestales abertas e as de tareas agrícolas seguen atentando contra o noso patrimonio, e en concreto contra o contorno protexido desta mámoa. Co sinxelo que resulta comprobar no catálogo de Ordenación do Territorio dentro do Plan Básico Autonómico os límites das mámoas e os séus espazos de proteción.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 05-03-2019 12:02
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez