As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

As Mámoas do Picouto.
Esta fin de semana dediqueina a xeolocalizar unhos túmulos que hay preto do campo de fútbol do San Amaro. Trátase dunha pequena necrópole da que, a lo menos, hay catalogadas duas mámoas : a do Picouto 1 e a do Picouto 2. Descoñécese si existen mais túmulos na contorna.
Efectivamente as coordenadas xeográficas das que dispoñía corresponden con dous asentamentos separados só por unhos quince metros de distancia entre ambos. A simple vista observase o grado de maltrato que soportan, a lo menos un deles, polo desbroce e o paso de maquinaria agricola pesada, sen entrar a fondo na amenaza que sufriron cando se construiu o campo de fútbol que por certo invadiu o espazo circundante protexido , e por si fora pouco, unha das mámoas está afectada por un vertedoiro incontrolado que se está a formar na parte noroeste da mámoa 2. Xusto no medio das dúas mámoas levántase un marco de pedra coas iniciais S e B, que sinala o límite das parroquias de San Fiz e Beariz.
Aproveito este artigo pra pedirlle a administración municipal que si non ten recursos pra poñer en valor o patrimonio de San Amaro, a lo menos que vixile estas ameazas que está a sufrir estes lugares e prohibir as actividades que resulten agresivas nestes contornos protexidos .
Sería bo recordar aquelas palabras do escritor chileno Luis Sepúlveda. " La importancia de conocer el pasado para comprender el presente e imaginar el futuro ".
Deixa un comentario (0) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 22-02-2019 16:22
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez