As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

" O patrimonio esquecido "

Fai unhos días chegoume un correo electrónico do amigo Felisindo González Iglesias, creador da páxina web " Arredor de Lámbrica " e nativo do Axuntamento de San Amaro, alertándome dun achado nun muro do campo da festa da Carballa ao lado da igrexa de San Fiz; trátase dunha metade dun muiño de man castrexo.
Este fin de semana baixei a San Fiz e sen moito traballo atopei o cacho de muiño reutilizado no muro dunha viña, o musgo tápao e pasa casi desapercibido, pero corre serio perigro. E outra mostra mais do abandono que sofre o noso patrimonio, as administracións olvídanse totalmente del, e só se preocupan por conservar e patrocinar os grandes conxuntos castrexos.
Esta peza ven a xustificar a presencia dos dous castros cercanos : Monte dos Castros e Castreás.
A reutilización de pezas de orixen castrexo repítese en moitos pobos de Galicia con presencia de castros na súa contorna. O perigo que corre esta peza e que está a veira da carretera e calquera ensanche ou arranxo da mesma supoñería a súa desaparición.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arqueoloxía - Publicado o 08-06-2015 20:20
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez