As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Argemiro e Atelvino, arrieiros de San Fiz.

Coma todo pobo do Ribeiro, San Fiz tamén ten un pasado "arrieiro". Tendo en conta que foron moitas as fincas diste pobo que perteneceron o Mosteiro de San Clodio, podemos afirmar que por a nosa parroquia tamén pasaban rutas secundarias que confluían no principal "camiño dos arrieiros" que do Ribeiro subía as terras de Montes, Silleda, A Estrada ou Lalín.
Vestixios desa época quedan na parroquia, camiños coma o da "corredoira", "a brea" que antaño coma o seu nome dí era unha vereda de paso pra xentes, gando e carruaxes. Lugares coma o de " fontebois" a un lado de Ventoselo que era donde facían un alto no camiño as xugadas que transportaban viño hacia terras de Castela.
O catastro de Ensenada fala dun home de San Fiz chamado Agustín Varela que por aqueles anos exercía de arrieiro o que se lle regulaban uns 46 reais de gañancias.
Pero voume centrar en épocas mais cercanas e recordar a Argemiro e Atelvino que sen dúbida foron os arrieiros mais importantes de San Fiz.
Non despuntaba o alba cando as rodas dos carros cantaban o seu paso polas "avellaneiras" tratando de sortear unha alfonbra de croios, o fronte da xugada ía o arrieiro, no verán pra arada cara "o barreiro" , no inverno hacia "o barazal", a cargar unha carrada de estrume, no outono coa súa tinalla chea de uvas pras bodegas de San Fiz e na primaveira pra semente do millo alá por a Quintá.
Homes rexos, curtidos o sol e a gurriana que castiga estas terras, pero éles sempre erguidos coa aguillada o lombo, diante da súa xugada que o sigue sexa por donde sexa, non importa que baixen a "espedregada" ou que suban por "as candorcas", as veces hay que parar e poñer unha forra o carro pra que descansen, mentres o arrieiro bota un cigarro ollando o camiño andado, terá que voltar cen ou duascentas veces mais, pero non importa, o sacrificio e unha das súas virtudes, segue sentado na pedra e a cabeza vénselle aquela copla:
" A vida do arrieiro
non hay vida coma ela
a semana na carreta
e o domingo na taberna"
Bótalle outra calada o cigarro e tamén recorda aquelo:
O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño
cando canta en Ribadavia
resóa no Carballiño.
Acaba o cigarro, colle a soga entre as mans e sigue o camiño costa arriba cantaruxando:
Meniña si te casas / cásate cun arrieiro / que trae a bota con viño / e a bolsa con diñeiro .
Apura os últimos metros do camiño , mirando pro sol que xa pousa alá por o alto de Pena Corneira e acórdase que colgada nun estadullo leva a bota de viño, apalpa, e sorte que ainda queda un grolo de viño, límpase co pano a boca e venlle a cabeza aquel refrán dos arrieiros: "Mentres auga leve o Miño, no Ribeiro non faltará viño".
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 22-09-2013 18:19
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez