As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Florindo ; o carteiro de San Fiz
Eu recórdoo montado nunha Orbea, pero según os mais vellos antes facíao a lombos dun cabalo, e proba diso e que fai un montón de anos contoume, sentado na solaina, como un día do cru inverno, cando viña de recoller o correo de Barbantes, o chegar a "Longariña", atacouno un lobo e derrubouno do cabalo, unha vez no chan, o animal colocou o fuciño cerca da sua boca, pra asegurarse que estaba morto, menos mal que o Florindo contivo a respiracion, entón o lobo, coas patas traseiras empezou a cubrilo de follas e saiu camiño da "Corredoira", mentres o carteiro moi asustado escapou cara a súa casa, escoitanto coma o lexos oubeaba o lobo pra xuntar a manada, cando chegou a casa tiveron que darlle o carteiro unhas fregas con augardente para sacarlle o medo de enriba.
Aínda hoxe dudo da certeza do relato pero a verdade e que impactoume.
Florindo naquela época, de escasas televisións, era pra nos coma o telexornal de cada día, esperábamos as novas dos nosos parentes lexanos, era raro que alguén da Parroquia non tivese unha carta: da Sra Ramona dende Arxentina os da Quintá, dos fillos do Escaleira dende México os da Reguenga, de Venezuela ou de Suiza os de Outeiro ou mesmo dende Australia os da Carballeira. Non obstante, os nenos, pensábamos mais na súa bicicleta que nas novas que chegaban dé fóra, pero sempre ya deixaba os mais grandes: o Jorge o Pucho, pero a nos, os mais pequenos, sempre nos poñía a pega de que si caíamos dela, por enriba, daríanos unhas labazadas o chegar a casa.
Baixaba as "Avellaneiras" asubiando unha canción, e as mulleres da casa deixaban a cociña e disimuladamente saían o camiño, se o Florindo pasaba de largo, deixando só un saúdo, era motivo de tristura, ainda que o mesmo tempo quedaba o consolo de: mañá será outro día. Por as súas mans pasaron: cartas de amor, de tristes novas, de denuncias, felicitacións, citacións, todas tiñan un destinatario e sempre eran entregadas a tempo.
Aquela carteira grande o lombo desataba unha morea de sentimentos, hoxe permanecerá pendurada nunha triste estanza deshabitada, escoitando pasar a toda velocidade os SMS , MMS, e os e-mail que impactan pola súa rapidez pero que ignoran a tenrura que espertaban aquelas longas cartas sementadas de emocionantes recordos e cociñadas a fogo lento, sin mais ingredientes que un lapis e un papel en branco.
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 02-08-2013 19:31
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez