As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Ruperto García ; mestre escultor de San Fiz
Foi un mestre escultor nacido na nosa parroquia , según datos do Catastro de Ensenada figuraba , alá por o ano 1752 , como mestre escultor nativo e residente en San Fiz de Navío e que cotizaba , por a súa actividade industrial , oito reales de vellón .
No Libro de Fábrica da Igrexa de San Fiz , libro 14.9.7 (folio 9r) o mestre de escultura Ruperto García , no ano 1748 traballou no retablo maior e colaterais da Igrexa . Ademais tamén realizou unha restauración da imaxe da Virxen do Rosario , que por certo fai moitos anos que non figura en ningunha parte da Igrexa .
Ruperto foi o encargado de realizar unha fermosa talla da Santa Bárbara , ésta aínda presente no retablo maior no lateral esquerdo da parte baixa . A talla luce unha rama de olivo na súa man dereita como símbolo do seu martirio e unha torre no brazo esquerdo que según a tradicción ; esta xove santa naceu en Nicomedia , cerca do mar de Mármara , filla do rey Dióscoro que a encerrou nunha torre . Santa Bárbara e patrona dos arquitectos , mineiros , artilleiros e outros oficios donde poda producirse unha morte inesperada , a Éla acódese cando unha tormenta veraniega amenaza a cosecha xa madura .
Ruperto realizou unha talla de gran riqueza cromática e rasgos moi realistas , trátase dunha pequena obra Renacentista , unha das súas manisfestacions mais orixinales e a escultura en madeira policromada , volta as formas clásicas , predominio de retablos e de motivos relixiosos .
Non dispoño de datos precisos para afirmar que Ruperto García realizara a súa actividade artística fora da parroquia , pero e moi probable que o fixera . No ano 1771 nun auto ordinario sobre o nomeamento do xuíz do Pazo de Eiras , aparece Ruperto García como xuíz de Roucos , xunto con Juan Benito Tizón , curador de D. José Felipe de Toubes .
Deixa un comentario (3) - Categorías Fillos ilustres - Publicado o 24-04-2013 18:59
3 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por (24-04-2013 19:20)
2 Ruperto García coincide el nomre y el apellido con mi antepasado , si es el#blgtk08# mismo no tenía ni idea de que fuera escultor. Gracias por la información.
Comentario por mar (23-11-2014 12:29)
3 Ruperto García coincide el nomre y el apellido con mi antepasado , si es el#blgtk08# mismo no tenía ni idea de que fuera escultor. Gracias por la información.
Comentario por mar (23-11-2014 12:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez