As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Casamento celta no castro ...

Se analizamos detidamente o rito do casamento na cultura castrexa , chegamos a conclusión de que no Monte dos Castros de San Fiz cúmprense todos os requisitos que forman parte do ritual así coma as semellanzas dos lugares sagrados pra levalo a cabo .
O casamento comenza no castro , dende alí un grupo de meigas con velas encendidas abren a comitiva ,élas son as guías , seguidas dos noivos , diríxense a Pena dos Namorados , lugar moi cerca dos castro , dirección a Sergude , alí os está esperando o druída maior , que e o encargado de facer o ritual , éste consiste en que os noivos danse a man , cada un por o seu lado , a través da Pena Furada , tras a celebración , chega a bendición do druida e o correspondente beso dos esposos que o remate de todo intercambian unha coroa de loureiro como regalo . A comitiva trasladábase a carballeira a rematar cun gran festexo e moita queimada o casamento da ou das parellas .
Mentres non posúa datos mais fiables , vou facer un exercicio de imaxinación : Se nos situamos no Monte dos Castros hay unha serie de carreiros que nos levan a un penedo moi cercano , chámanlle Penedo Grande , que pode ser a pena dos namorados , a cen metros , está o Penedo Furado , este recolleo o listado da toponimia de Sergude e por último moi preto de alí está a Carballeira do Toco do zorro , onde termina a festa , e donde antigamente se facían os lumes , a exaltación do fogo , pasando logo a tradicción de botar o fulión dende unhos penedos que alí se atopan .
Unha curiosidade destas bodas celtas era que o compromiso entre os recén casados era soamente anual , no que se decidía pasar xuntos aquel inverno , o cal podían renunciar ou renovalo , tanto a muller coma o home , pro ano seguinte .
Deixa un comentario (0) - Categorías Arquitectura civil - Publicado o 04-11-2012 11:37
Deixa o teu comentario
Nome:
lopezrodriguezsanti@gmail.com:
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Santi López Rodríguez