LIBRO DE VISITAS

San Fiz de Navío


Santi López
sanfizdenavio@mundo-r.com
 Categorías
 Galeria de fotos
 Arquivo
 Artigos destacados
 Outras webs a visitar

San Fiz ; campo de ensaio dun estudo de fungos .

Corría o ano 1931 cando o Ilustre Director do Xardín Botánico de Madrid e Catedrático da Facultade de Ciencias Don Antonio García Varela , como xa sabedes , veciño de San Fiz , nacido na casa " Dos Millanes " , tuvo a iniciativa de levar a cabo un estudo de campo sobre os fungos parásitos e saprófitos recolectados durante o vran dese ano. Tomaron parte tamén os acreditados farmaceúticos de Ribadavia : Don Carlos Sánchez ( pai e fillo )e o Catedrático do Instituto de Ourense Don José María Osorio .
Os pobos a visitar entre outros foron : San Fiz de Navío , Santa Mª de Castrelo , Cortellas , Osmo , arredores de Ribadavia e en outras campañas : Celanova , orillas do Arnoya , Hermida , Moreiras , Castromao , etc .
Voume centrar na excursión que se realizou o día 1 de Agosto o pobo de San Fiz , e paso a enumerar a lista de especies que se descubriron e que xa estaban mencionadas na " Flora micolóxica de Galicia ". Sólo fago constar primeiro o nome científico , a continuación o soporte donde foi descuberto e por último o lugar .

UREDINALES.

*Puccinia violae: Sobre follas de viola palystris . En San Fiz .E matriz nova pra nosa flora .
*Uromyces geranii: Sobre follas de garaniona sua fase II . En San Fiz .
*Uromyces trifolii: Sobre follas de trifolium platense na sua fase II . En San Fiz e no cercado do convento de Celanova .
*Phragmidium disciflorum: Sobre flores de rosa , nas suas fases II e III . Nun camiño de San Fiz , no cementerio de Osmo e en Cortellas .

MELAMPSORACEOS

*Coleoesporium senecionis: Sobre follas e tallo de senecio vulgaris e senecio sivaticus . En San Fiz e no cercado do monasterio de Celanova .

ERISIFACEOS

*Erysiphe lamprocarpa . Sobre follas de Senecio vulgaris . En San Fiz .

DEUTEROMICETOS - ESFEROPSIDALES - ESFERIOIDACEOS

*Phyllosticta hederaecola . Sobre follas de hedera helix . En San Fiz .
*Phyllosticta violae : Sobre follas de viola silvatica . En San Fiz .
*Septoria convolvuli: Sobre follas de convolvulus arvensis .En San Fiz .
*Darluca filum: Sobre teleutosoros de uromyces fabea e en tallos de vicia hirsuta e tamén de uromyces acetosae , en follas de rumex acetosella . En San Fiz

MELANCOLIANES

*Marssonia juglandis: Sobre follas de juglans regia . En San Fiz e no cercado do convento de Celanova .

DEMALIACEOS

*Cercospora violae: Sobre follas de viola silvatica . En San Fiz .

Documentación sacada de " Contribución al estudio de los hongos microscópicos de Galicia " por el P.Luis M. Unamuno , Agustino y presentado por el P.Barreiro .
Deixa un comentario (0) - Categoría: San Fiz na historia - Publicado o 28-06-2011 16:13
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal





Santi López Rodríguez