LIBRO DE VISITAS

San Fiz de Navío


Santi López
sanfizdenavio@mundo-r.com
 Categorías
 Galeria de fotos
 Arquivo
 Artigos destacados
 Outras webs a visitar

Os muiños de auga en San Fiz.

Se tomamos como referencia o Catastro de Ensenada do ano 1752, podemos ver que na
feligresía de San Fiz de Navío, nos regatos que recorren a a parroquia atopamos que había a lo menos tres muiños, dous deles de maquía e outro de uso particular. De maquía quere decir que o muiñeiro cobraba unha “maquía” ou sexa unha parte da fariña que moía.
Os veciños que posuían ises muiños son os siguintes:

Gregorio Pérez que era veciño de Osmo tiña un muiño de fariña de pedra negra, sito no regueiro das Candorcas, moe catro meses o ano coa rega da “ Agualevada”. E de maquía e regula a súa utilidade o ano en catro fanegas de centeo e cen reais de vellón.
Jorge Alvarez , veciño doutra feligresía, tiña outro muiño de fariña, tamén de pedra negra, moe catro veces o ano coa rega da “Agualeveda”, tamén e de maquía e regula a súa utilidade en catro fanegas de centeo e cen reais de vellón e paga de foro o Conde de Ribadavia tres ferrados e medio de centeo.
Félix Toubes, veciño doutra feligresía, que ten un muiño frente a sua casa e souto para servicio dela, e de fariña e de pedra negra, moe un mes o ano co arroyo de Souto de Faixo e regula a súa utilidade nunha fanega de centeo e vintecinco reais de vellón .

O único que se conserva, ainda que en estado ruinoso, e o do Regueiro das Candorcas, que co tempo pasou a outros propietarios a chamouse u muiño “ Das Patelas”.
Deixa un comentario (0) - Categoría: Arqueoloxía - Publicado o 31-08-2014 14:33
Monte dos Castros

Lugar de interese arqueolóxico e cultural , pois alí están as orixes do actual pobo de San Fiz .
Pra chegar o lugar , hay que ir hasta a aldea de A Regenga i o estar a altura do último dos chalés , hay que coller o cortafogos que vai por debaixo da liña de alta tensión , hasta chegar o pé dun poste da líña.
Deixa un comentario (0) - Categoría: Arqueoloxía - Publicado o 15-08-2010 20:26
Coincidencia xeográfica ou paralelismo ritual .
Si partimos de que a cultura celta antiga tiña a característica principal de adorar e venerar a naturaleza, e tendo en conta tamén que todos os rituais celtas están relacionados con éla , non e desatinado afirmar que entre o primeiro poboado do Monte dos Castros e o Toco do Zorro hay mais ca unha mera coincidencia xeográfica , eu atreveríame a dicir que existe un paralelismo ritual .
Os celtas celebraban as suas festas que eran conocidas como jeis ( festas ) ou óenach (asambleas ) . O primeiro de Noviembre celebrában o Samhain ( Samain ) festa do culto os mortos , ese día comenzaba o ano celta , acendíanse unha fogata no centro do poboado o que acudía toda a xente pra conseguir lume que activase un novo fogo nos seus fogares . O primeiro de Febreiro celebrában o Imbolc ( Oimelec ) era a festa da exaltación do fogo e da auga . O primeiro de Mayo tamén se celabraba o Belten ( Beltane ) que festexaba a chegada da primavera facíase en honor a Belenós . Os druidas encendían fogatas e facían atravesalas o gando , para que quedaran libres de enfirmidade . O primeiro de Agosto celebrábase o Lugnasud que era a festa principal , en éla participaba todo o poboado honrando o deus Lug .

A raiz destes acontecementos e considerando que a proximidade do lugar chamado o Toco do Zorro , prestábase pra istes cultos e rituais , non olvidemos que istes lugares de abundantes penedos eran aptos pra observación do firmamento , neles os antigos poboadores facían os calculos necesarios pra adelantarse a chegada da época de sembra e de recollida das cosechas , si ben noutros lugares similares deixaron pegada en forma de cazoletas ou petroglifos , que os estudiosos consideran mapas do firmamento ou mapas indicadores dos solticios i equinocios .

Non debemos de olvidar que as tradicions van pasando de pais a fillos , e unhas simples fogatas que se facían no medio do poblado , han de ter continuación na costume de ir botar o fulión , a cima dos penedos do Toco do Zorro , pois preguntándolle os mais vellos do pobo , confirmáronme que se facía hasta non hay moitos anos atrás , éles dicen debido a proximidad do Campo da Festa que era cerca do Sobrado fai bastantes anos . Eu , sin embargo , considero reminiscencias dun tempo pasado , que foron perdurando na memoria dos nosos ancestros .
Deixa un comentario (2) - Categoría: Arqueoloxía - Publicado o 04-06-2010 20:23
Monte dos Castros

Deixando ao carón que foi un poeta ( D. Eladio Rodríguez de San Clodio , o rápsoda do Ribeiro ) alleo a toda disciplina arqueolóxica , quen , adiantándose á realidade , intuía tal profusión de castros nesta rexión , que vía en cada outeiro destes vales un posible castro celta . Hai que apuntar que era raro que na nosa parroquia non existise un só castro , ao estar esta , rodeada de terras tan fértiles en castros : San Cibrán das , Castro de Salamonde , Castro de Beariz , Castro de Esposende , Castro de Sanín , Castro de Beade , Castro de Berán , Castro Dá Torre , Castro de Lebosende , etc , etc . Pois ben ; segundo documentos antigos en San Fiz existe un castro , situado nun lugar chamado " Monte dos castros " , na intersección dun camiño vello que partindo de Viñás diríxese a San Amaro e outro que parte do Campo dá Festa en Sobrado e que sobe polo " Toco do Zorro " xuntándose ambos á beira onde supostamente existía o castro , na actualidade esa zona está cruzada por unha liña de alta tensión que segue a dirección O Picouto - A Touza .
Trátase xa que logo dun castro catalogado pero nunca escavado .
É curiosa a proximidade deste castro a un lugar onde hai unha acumulación grande de enormes pedras ou "pelouros" asentadas e apoiadas unhas noutras , este lugar chámase "O Toco do Zorro " e segundo comenta a xente maior do pobo , alí era desde onde se botaba o " folión " o día da festa , isto explícase pola proximidade do campo da festa , que por aquelas épocas era alí , para anos máis tarde trasladalo á beira da Igrexa , na Carballa . En case todos os asentamentos ou lugares de culto antigos , estes sitios foron ocupados ao comezar a romanización por igrexas , cruceiros ou outras manifestacións relixiosas ou culturais . Podemos deducir entón que o antigo poboado dos Castros estaba situado preto dun lugar de culto ou rito que cos anos foi transformando ese carácter ritual nun carácter lúdico , ou que sinxelamente aqueles ritos antigos a deuses foron dando paso a festas pagás para logo converterse en cultos relixiosos . Hoxe son lugares esquecidos que só o recordo dos maiores fanos aflorar .
Deixa un comentario (0) - Categoría: Arqueoloxía - Publicado o 06-05-2010 17:23
© by Abertal





Santi López Rodríguez