As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Un mozo de San Fiz na " Quinta do Biberón".
Como ben sabedes, a " Quinta do biberón " foi o nome que se lle diu as levas (reclutamentos) que facía a República española de 1938-1939 en todo o territorio que ainda controlaba a España republicana durante os últimos anos da guerra civil española.
Movilizadas por Manuel Azaña a finais de Abril de 1938. Naquel momento foron chamados a filas 30.000 xóvenes vidos de todo o territorio nacional do lado republicano.
Pois ben, entre eles estaba o noso veciño do Sobrado : Adolfo Muradás Vázquez. En principio cubrían tarefas auxiliares pero logo xa participaban de pleno nas ofensivas militares , neste caso, na Batalla do Ebro. A maioría deles eran menores de idade, algún deles só con 14 anos , daí o nome. Ademais da Batalla do Ebro, tamén estiveron nas de Merengue e Baladredo e outros destinados o Batallón Alpino.
Adolfo acabada a guerra pasou a fecer o servicio militar e alí acadou a categoría de Sarxento de Infantería, Cabaleiro Mutilado Permanente, así o confirma un recurso contencioso administrativo presentado por él ante a Sección Quinta da Audiencia Nacional.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 05-06-2020 14:26
A misteriosa " madriña " do Club Navío de San Fiz.
Despois de moitos anos buscando información sobre a foto do equipo do Club Navío de San Fiz e da súa "madriña", hoxe diu resultados. Gracias a unha publicación que atopei da Revista " Vida Gallega: ilustración regional", nela, aparece a foto do equipo de San Fiz e dice : " En el pueblo de San Félix de Navío se inauguró el día 9 de Mayo de 1933 a las 3 de la tarde un espacioso campo de fútbol, el cual bendijo el virtuoso párroco Don Miguel Rodríguez, asistiendo a dicho acto numerosas personas y celebrándose a continuación un amistoso partido, entre el titular de aquella localidad " Club Navío" y el "Celta de Razamonde", actuando de madrina la hermosa y elegante señorita Julia Rodríguez Mosquera que tuvo la gentileza de hacer entrega al capitán del equipo forastero, de un bonito ramo de flores y obsequiar a los locales con sendos escudos con los emblemas del equipo, bordados por ella misma con los colores regionales.
La lucha se deslizó dentro de la mayor armonía con dominio alterno de los dos bandos contendientes y finalizó con empate a un gol."
Por tanto xa sabemos que a madriña era Julia Rodríguez Mosquera, queda ahora por investigar a qué familia de San Fiz pertenecía.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 12-04-2020 12:01
Libro Real de Eclesiásticos da fregresía de San Fiz
En relación o artigo publicado anteriormente, debo aclarar que eses diezmos e primicia iban a parar a Igrexa, e que ésta, no ano 1761, según o Libro Real de Eclesiásticos , estaba formada polos curas, presbíteros e familiares a cargo, que vivían na casa rectoral e outras casas anexas.
Paso a enumerar os distintos membros: "
* Don Manuel Tomás Guerrero y Enríquez, abad, cura párroco de esta fegresía. Su edad 70 años, tiene una criada mayor, otra menor, y un criado mayor de 18 años.
* Don Patricio Rivera, presbítero. Su edad 50 años, tiene dos criados.
* Don Juan Antonio de Soto, presbítero. Su edad 34 años, vive en compañía de su madre viuda Dña María Rosa Araujo.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 04-04-2020 12:16
Diezmos, primicia e voto ...ano 1761

Se na actualidade nos queixamos dos impostos que pagamos, vou facer unha descrición das cargas que soportaban os fegreses de San Fiz alá polo ano 1761 . Según o Expediente de Comprobación de bienes, rentas y cargas. No capítulo XVI dice:
DIEZMOS: Declaran los peritos que los diezmos mayores y menores que el cura percibe de esta feligresía y su término, haciendo consideración por un quinquenio, podrán ascender en cada año a las cantidades de especies y frutos siguientes :De vino 53 mollos, de trigo 12 ferrados, de centeno 22 ferrados, de mijo grueso 12 ferrados, de cebada blanca 6 ferrados, de habas 4 ferrados, de castañas verdes 16 ferrados, de cebollas 10 cabos o rastras, de lana limpia 2 libras, además de 2 corderos, 6 pollos, 3 cuartillos de miel, media libra de cera amarilla y 1 cuartillo de manteca.
Que regulado todo por un quinquenio asciende a la cantidad de 1.492 reales de vellón y 33 maravedíes.
PRIMICIA : La primicia que la Fabrica de la Iglesia de esta Feligresía percibe de los vecinos, que es de cada matrimonio son : medio ferrado de centeno, media olla de vino y de los viudos y solteros la mitad de otra cantidad, podrá ascender por un quinquenio a la cantidad de 4 ferrados de centeno y 2 mollos de vino , que importan al año 70 reales de vellón.
VOTO : El voto que la mesa capitular de Santiago recibe de esta feligresía , considerado por el mismo quinquenio, podrá ascender a 20 ferrados de centeno cada año, que anualmente importan 80 reales de vellón.
Debo resaltar que estes só son pagos a Igrexa , ademais hay outros pagos polo aumento de cada par de bois 12 reales, por vacas con cría 4 reales, por vacas sin cría 4 reales tamén, a cada carneiro por razón de lana 1 real, e as ovellas pola mesma razón medio real.
Esto visto así asusta un pouco, pero mais adiante noutro artigo, enumerarei todos os eclesiásticos , con familiares e criadas que había nun pobo tan pequeno coma o de San Fiz.

Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 01-04-2020 13:38
Documento de Xustificación de parentesco de Manuel García Centeno
Un documento atopado no Arquivo do Reino de Galicia, coa signatura CAIXA G7599346 , con data de creación 1856/1857, certifica o que nun artigo do Blog de San Fiz xa había explicado con anterioridade, era a relación existente entre D.Manuel Ventura Figueroa e algunhas familias de Sergude,Casasnovas e Osmo, concretamente : os García Centeno, García Carnero, García Tizón, García Millán, González García, e os actuales González Vázquez.
Dito documento e un expediente de información e xustificación de parentesco de Manuel García Centeno para os seus fillos: Miguel, Lino, Nicolás, Elisa, Benito, Germán e José García Centeno.
Trátase do procedemento polo cal a Fundación Ventura Figueroa recoñece a unha ou varias personas como familiares de Manuel Ventura Figueroa, permitíndolle desta maneira, o acceso as axudas de dotes ou de pensións. Gracias a esta demostración de parentesco, os que acreditasen dito parentesco podían financiar os estudos ou contar coa dote necesaria.
A Fundación foi creada no ano 1784 para dar cumprimento á vontade expresada no seu testamento de destiñar as catro quintas partes dos seus bens, a financiar os seus descendentes. Ríxese por un Padroado do que forman parte parentes do fundador e un representante da tutela do Estado como garante do fiel cumprimento da vontade do seu fundador.
Resulta moi interesante ler a historia de D.Manuel Ventura Figueroa Barreiro.
Deixa un comentario (2) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 01-03-2020 10:12
Asoladora tormenta en San Fiz, ano 1898
O próximo día 29 de Xulio, fai 121 anos que o diario de Santiago " El Eco de Santiago " amosaba nuha columna do interior un suceso acaecido en San Fiz de Navío, dice así literalmente : " En San Felix de Navío perteneciente al distrito de San Amaro (Carballino), cayó el día 17 un terrible pedrisco que asoló por completo las tierras , destruyó las cosechas y dejó a aquellos infelices en la más profunda miseria.
Todo lo que habían sembrado y prometía buena recolección ha sido arrasado, especialmente el vino. Las cepas quedaron en tal estado que por lo menos en dos años no producirán nada ".
Esta noticia ven o caso pois estes días de Xulio os telediarios non paran de emitir noticias catastróficas de tormentas que se producen o longo de todo o territorio español. O mesmo ocurría nos tempos dos nosos avós e bisavós, ainda que ahora o fagan en mais cantidade e intensidade.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 13-07-2019 15:20
¿ Paralelismo ritual ? ou só paralelismo xeográfico .

Entre o Monte dos Castros e Castreás existe un paralelismo xeográfico que salta a vista; si en Os Castros encontramos o seu carón o Toco do zorro, lugar de culto ancestral, e unhos metros mais abaixo a Pena Furada, lugar donde se selaba o rito de casamento, en Castreás temos o lado o monte Sancedo , posible lugar de culto, e a un lado dentro dun bosque de carballos, encóntrase a Pena Grande.
Tendo en conta a semellanza destas zonas xeográficas non sería desatinado afirmar que en Castreás repítese a mesma triloxía : O castro, a carballeira donde se realizan os rituais e a pena donde se selan os compromisos de casamento, que como sabemos na cultura castrexa renóvase cada ano.
En relación o Toco do zorro temos a testemuña de moitos veciños de edade avanzada que manifestan que alí era onde se empezou a botar o folión polas festas patronais, o cal e unha costume heredada dos primeiros habitantes do castro que durante as festas do solsticio facían lumes, en exaltación, e cada un dos habitantes levábao para o seu lar, pra manteñelo vivo o resto do ano.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 11-05-2019 18:07
Os Toubes e os Arias alá polo ano 1809.
Se xa eran moitos os entronques de veciños de San Fiz de Navío con familias das mais importantes de Galicia como son: os Franco, Tizón, Teixeiro, Centeno e Camba, hoxe analizando unha árbore xeanolóxica da Casa de Saa, atopei unha veciña de San Fiz, Dña Rita de Toubes Ordóñez, da casa dos Toubes da Touza, que casou con D.Pedro María Arias de Valdés, cabaleiro mestrante da Real Cabaleria de Ronda. Pois ben, este Pedro María era fillo de José Gregorio Arias Varela e de Mª Josefa de Valdés e Leboso, e a súa vez neto de D.Ventura Arias Mariño de Losada e de Mª Andrea Varela Taboada.
Como xa sabemos pola historia, D.Ventura Arias Mariño de Losada era descendente dos Camba e o mesmo tempo heredeiro da Casa De Saa de Sadurnín e do Coto de Villariño de Beade.
Unha curiosidade desta árbore xeanolóxica e que este Ventura Arias Mariño, era parente cercano do Arcebispo de México, D.Mateo de Segade Bugueiro.
Este último morador da nosa parroquia Pedro Mª Arias de Valdés casado con Rita de Toubes Ordóñez tiveron un fillo chamado Ramón Arias de Toubes que alá polo ano 1809 casou cunha arxentina chamada Mª Josefa Catalina Castellano y Arroyo, el tiña 24 anos e ela 21.
Este apelido Arias dame que pensar que éstes foron os últimos habitantes do Pazo solariego do Sobrado, ainda que non son capaz de encontrar documentación que mo acredite e así poida enlazar cos que nos coñecemos nestes anos atrás: o señor Emilio a Delfina e o Adolfo.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 30-12-2018 19:32
" Acerca de la manifestación " 2 de Octubre de 1910.
Repasando recortes do diarío "La Región", atopei un con fecha 2 de Outubro de 1910, dode se relata unha manifestación de caracter relixioso - político pa protestar contra un goberno que non gustaba a Igrexa, pois ben, nesa manifestación fálase que se xuntaron mais de 6.000 personas, o artigo chámase: " Acerca de la manifestación", e dí esto:
Caldeados todavía por el fuego del entusiasmo, tomamos la pluma para dar cuenta de la manifestación católica que anteayer se celebró en la parroquia de San Fiz de Navío.
Como conclusión de la Santa Misión que venían predicando, con inmensa influencia de gente, los padres Redentoristas, anunciaron que el último día de ella, jueves 29 de Septiembre, la triunfal procesión de la Santa Cruz que suele coronar tales ejercicios, se convertirá en manifestación católica, en protesta resuelta, vibrante, enérgica contra el Gobierno que pretende tiranizar en la Patria la libertad y la religión.
¿Qué más se necesitaba para enardecer el entusiasmo de los ribereños y montañeses de estos pueblos y lanzarlos a los últimos límites del delirio ? Así pues en efecto. Rayó el suspirado día y por la tarde la parroquia de San Fiz fue el lugar de cita de millares de personas, que venían rebosantes de alegría para manifestar el público anhelo de la Patria.
A las tres de la tarde se organizó la manifestación saliendo del atrio la gran muchedumbre, formada en filas y dirigiéndose a un monte vecino, para maldecir más cerca del cielo los planes inícuos de un Gobierno de la tierra.
A un lado de la montaña y a la derecha de la cruz, que presidía el acto, se colocaron las mujeres, a la izquierda los hombres, calculándose el total de la muchedumbre en más de 6.000 personas.
Era sobre todo muy grande el número de hombres, que formados en filas, parecían pedir con ademán gallardo la órden de combate.
Mientras todo se ordenaba, un nutrido coro entonaba himnos religiosos, ensayados para el acto y que parecían al mismo tiempo plegarias fervorosas y gritos de batalla.
Después el Padre Paulino Turiso, subió a un alto del terreno desde donde dominaba toda la gran muchedumbre y enardecido por el espectáculo, dirigió una alocución vibrante con todas las energías y el entusiasmo de su corazón. En ella expuso los planes antirreligiosos del Gobierno, protestó contra la tiranía, felicitó al público por la gran manifestación y exhortó a todos los que pudieran se dirigieran a Orense el día 2 de Octubre.
A continuación leyó una adhesión valiente e incondicional a la Junta Católica de Orense y a la manifestación de toda la provincia que tres días después había de celebrarse en la capital. La muchedumbre aplaudió con inmenso júbilo la adhesión.
Al terminar, el Padre Jiménez, enardecido y arrebatado, dió vivas a la religión y a la Patria y mueras a la impiedad y la tiranía. Los concurrentes le corearon con todo el fervor de sus pechos y todo el poder de sus voces, haciendo resonar con ecos prolongados las sinuosidades y barrancos de las vecinas montañas. Aquello parecía el trueno de una nube, que amenazaba con descargar todas las iras encerradas en su seno; y era en realidad, la explosión de la fe de una comarca que demandaba respeto para la religión de sus amores.
Asistieron casi todas las personas hábiles de los Ayuntamientos de Cenlle y San Amaro, en cuyos términos se celebraba el acto.
Tres causas concurrieron a dar brillantez al acto y sirvieron de glorioso pedestal al monumento que ayer levantaron los habitantes de la comarca, en estas montañas eternamente oreadas por los vientos de la fe.
A pesar de la abundante lluvia de la mañana, y de lo inseguro de la tarde, a pesar de no ser un día festivo y a pesar de los apremiantes trabajos de la vendimia, estos valientes, dejándolo todo y pasando por todas las dificultades, obedientes a la voz de la religión, acudieron a cumplir con el deber que las presentes circunstancias les imponían.
¡ Gloria a esta comarca que en pleno se adhiere, con sus pueblos de San Fiz de Navío, San Miguel de Osmo, San Lorenzo da Pena, Santa María de Cenlle, San Juan de Sadurnín y San Miguel de Villar de Rey !
¡ Viva Orense, Galicia, España, el Papa, Jesucristo Rey eterno de los siglos !
Antonio Fernández Méndez, párroco de SanFiz; Manuel Galiña, ecónomo de Osmo; Salvador Fernández, párroco da Pena; Fidel Rodríguez, ecónomo de Cenlle; Pedro Fernández , párroco de Anllo; Vicente R Sierra, párroco de Beariz; José Benito Sousa, ecónomo de Sadurnín; Jesús Puche; P. Donato Jiménez y P.Paulino Turiso, redentoristas.
Se adhieren al mitin de hoy las parroquias de: San Fiz de Navío,con las asociaciones de Hijas de María,las del Perpetuo Socorro y del Santísimo Rosario en número de 400 personas.
La parroquia de Osmo, con la asociación de Hijas de María y del Santísimo Sacramento, en número de 500 personas.
La parroquia de San Lorenzo da Pena, con la asociación de Hijas de María y del Rosario, en número de 800 personas.
La parroquia de Cenlle, con la asociación de Hijas de María y del Sagrado Corazón, en número de 1.000 pesonas.
La parroquia de Sadurnín, con la asociación de Hijas de María y la de San Juan, en número de 300 personas.
La parroquia de Villar de Rey, con la asociación de Hijas de María y del Buen Jesús, en número de 400 personas.
La parroquia de Beariz, con la asociación de Hijas de María y del Sagrado Corazón, en número de 400 personas.
La parroquia de Anllo, con 800 personas.

Entre oleadas de entusiasmo hase celebrado manifestación católica, como glorioso término de la Santa Misión, predicada por los padres redentoristas. Una muchedumbre de más de 6.000 personas, de los Ayuntamientos de Cenlle y San Amaro, reunida en los campos de San Fiz de Navío, se adhieren incodicionalmente a la manifestación de la capital, protestando enérgicamente contra la conducta del Gobierno que pretende tiranizar nuestra libertad y nuestra religión.

Dicen que a fe move montañas i e certo ...pero mais certo e que esta xente de antes non iba aguantar todo o que nos están a facer os gobernos da actualidade.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 01-05-2017 18:52
D.Manuel Tomás Guerreiro y Enríquez e as Escolas Pías de Riobóo.
Gustaríame destacar que a Fundación da Escola de Doutrina Cristiá, que fundou en Riobóo D.Bernardino de Prado Ulloa no ano 1784, as chamadas escolas pías, unha pra nenos e outra pra nenas, quedou dotada dun importantísimo capital, converténdose así na mais importante de cantas naceron nesa centuria e foi destinada a beneficiar os nenos e nenas do centro do Ribeiro.
Pois ben, ese capital conservouse intacto gracias a sabia previsión do seu fundador que deixou por patronos da fundación o xefe da Casa Grande de Riobóo e os párrocos de San Miguel de Osmo, San Fiz de Navío, Santiago de Anllo e Santa María de Gomariz, os cales souperon velar tan acertadamente pola administración dos seus entereses. O réxime das escolas, según dispón o seu fundador e que a escola de nenos sexa sempre cura o mestre o mesmo que o seu axudante, que se otorguen premios a os alumnos que se distingan pola súa aplicación e boa conduta e que o mestre celebre misa obligada os días festivos na capela da Casa Grande.
Despois dunhas pescudas complicadas atopei que por eses anos o cura que dirixía o reitorado de San Fiz de Navío era : D. Tomás Guerreiro y Enriquez, que aparece en varios apadriñamentos de casa dos Toubes da Touza, concretamente aparece nun testamento feito diante de Diego Vázquez de Parada donde dice que Dña María Bernarda de Toubes, filla de Felipe Antonio de Toubes Villamarín e de Leonor María Ordóñez y Mosquera e afillada de D.Manuel Tomás Guerreiro y Enriquez.
Como ben recordaredes, no Catastro de Ensenada de 1752 figuran na feligresía de San Fiz un abade e un reitor . O abade da parroquia por entonces era D. Manuel Benito Fernández.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 02-05-2016 20:28
" As tradicións seguen "
Como vemos nas fotos, entre as cales ben pode haber uns 50 anos de diferencia, en San Fiz séguese conservando a procesión da Patrona e tamén a costume de dar a volta coa Santa ao redor do cruceiro, o que pasa e que antigamente estaba situado á beira da escola e fai xa bastantes anos trasladouse o cruce de carreteras que sube hacia San Amaro e a que vai pra Cenlle.
Di na introdución do libro "Danzas Gremiais e procesionais da Provincia de Ourense" : As procesións surxen do empeño da Igrexa de impregnar de tintura relixiosa toda manifestación humana, esto levou a que moitas celebracións, pagáns na súa orixen, se acomodasen aos intereses relixiosos e procurasen ocultar o seu paganismo con símbolos e referentes da historia e da doutrina do cristianismo.
En San Fiz as procesións constituían un culto colectivo con intencións de rogativa ou de acción de gracias polos froitos do campo, comentan os mais vellos da parroquia que en anos de seca levávase en procesión o San Félix a mollar os pes no regato das Puzas, pra pedir que voltaran as choivas.
Eu voume quedar con esta sinxela tradición de ir coa procesión dende a Igrexa ata o cruceiro das proximidades ao redor do cal vira outra vez de cara a capela, e rememorar deste xeito a aqueles antepasados nosos que con un gran fervor relixioso, vistindo as mellores galas rendían un fermoso homenaxe a nosa Patrona. Deixo as interpretacións os mais entendidos da materia e animo a seguir honrando a memoria ancestral que ano tras ano nos leva a Carballa a rendir culto a nosa Virxen do Perpétuo Socorro.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 02-04-2016 14:44
Ano 1918 : Devastador incendio en Sandulces.
Moi grande debeu de ser o incendio que se produciu en Sandulces a mañá do lus 5 de Agosto de 1918 que hasta o ABC se fixo eco de dita noticia .
Xa conocemos a importancia deste lugar considerado alá polo ano 974 como " Vila de Santurci" e recordado logo polo Padre Samuel Eiján no seu libro "Historia de Ribadavia y sus alrededores" que no ano 1920 dice que a vila Sandulces pertenece a xurisdición de San Andrés de Camporredondo.
No momento do incendio o lugar constituíano cinco vivendas, as cales foron destruidas na súa totalidade con todos os enseres que había dentro, soamente se salvou o gando. Di o cronista que afortunadamente non ocurriron desgracias persoais.
Nunha casa desta aldea , que noutrora,fora oficiña recaudatoria onde se pagaban os diezmos o señorito do Coto de Sandulces, tamén se firmou o expediente nº3255 de D. Francisco Antonio de Toubes y Ordóñez, para probar a súa fidalguía e a pertenenza a rama dos Toubes da casa da Touza e de Riobóo.
Na actualidade trátase dunha aldea semiabandoada con unha ou duas casas habitadas e o resto derruidas.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 01-02-2016 19:48
" A Pousa de San Fiz de Navío "

No ano 1580 os veciños da pousa de San Fiz conservaban a condición de vasallos do Mosteiro de San Clodio, que daquela, a xurisdición de San Clodio tiña uns 44 veciños e preto de 1700 habitantes.
No padrón de San Clodio de 1580 os habitantes que compoñían a pousa de San Fiz de Navío eran os seguintes :
* Juan Gómez e a súa muller Ana da Touza. Teñen un fillo que se chama Mateo e unha filla que se dice Marta, ambos pequenos. Non teñen criados.
* Jácome de Outeiro e a súa muller María Rodríguez. Teñen catro fillos e unha filla . O primeiro chámase Francisco o segundo Miguel o terceiro Juan e o cuarto Lourenzo a filla chámase Dominga, todos pequenos e viven con seus pais. Non teñen criados.
* Inés Gómez, viúva de Bastián Ferrero. Ten unha filla pequena que se chama Catalina, non ten tutor e pobre e susténtase co que lle dan por Deus.
* Jhoana Rodríguez e moza solteira, non ten fillos nin criados.
* María Rodríguez e moza solteira, non ten fillos nin criados. Esta e a anterior son irmás e viven xuntas nunha casa.

Son por tanto 15 persoas as que compoñen a Pousa de San Fiz, chamada tamén granxa de Outeiro.
O Mosteiro nomeaba un merino que actuaba como xuiz da xurisdición e tamén dous escribans de número para auxiliar no xulgado o merino.



Sacado de " O padrón de San Clodio de 1580"
de Frutos Fernández González
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 05-01-2016 17:58
Escritura de fuero de 1633 de "Souto de Faixo".

Un documento do ano 1633 que se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, amósanos un aforamento de terreos dunhos veciños de Souto de Faixo, pobo que fai moitos anos atópase deshabitado.
Foi firmado no lugar de Outeiro da fregresía de San Miguel de Osmo o día 18 de Xuño de 1633 ante o escribano Pedro Vázquez de Toubes, veciño da fregresía de Santiago de Anllo.
Os veciños de Souto de Faixo que aforan esas terras son : Bartolomé Alvarez e a súa muller ConstanÇa Rodríguez, que nestes momentos e como reza no documento viven vidas separadas, son tamén, os seus fillos herdeiros desas terras aforadas.
Os lugares que se aforan son unha carballeira que está en Souto de Faixo de catro cavaduras de extensión, con cinco pes de castiñeiros e un carballo briño grande e un nogal e cerdeiras e ademais o anexo coas súas entradas e saídas, usos e costumes.Logo enumera esta escritura as condicions e gravámenes a pagar a Pedro Vázquez de Toubes que son : duas cañadas de viño blanco en renta por a vendima ou por San Martiño Raso.
Deixa un comentario (1) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 03-05-2015 17:41
" A luctuosa " ou " loitosa "

O Mosteiro de San Clodio recibía unha "luctuosa", un tributo, con respecto os dereitos que cobraba como consecuencia da súa condición de señorío xurisdicional, sobre os foreiros das súas terras,esta luctuosa só a pagaban os vasallos dos Chaos de Castela e algunhas pousas, niste caso tamén a pousa de San Fiz. O importe podía ser de un cuarto, un quinto ou un sexto dos frutos que collían nos seus viñedos.
Na granxa de Outeiro da pousa de San Fiz, no siglo XVI os veciños que a conformaban eran os seguintes:
* Juan Gómez e Ana da Touza súa muller, que tiñan un fillo que se chamaba Mateo e unha filla que se chama Marta, ambos pequenos, non tiñan criados.
* Jácome do Outeiro e a súa muller María Rodríguez, tiñan catro fillos e unha filla o primeiro chamase Francisco o segundo Miguel o terceiro Juan e o cuarto Lorenzo, a filla chámase Dominga, todos son pequenos e viven con seus pais, non teñen criados.
* Inés Gómez, viúva de Bastián Ferrero, ten unha filla pequena que se chama Catalina, non ten tutor e pobre que se sustenta do que lle dan.
* Jhoana Rodríguez e moza solteira , non ten fillos nin criados.
* María Rodríguez, moza solteira, non ten fillos nin criados é irmá de Jhoana e viven xuntas na mesma casa.



Sacado da páxina de Frutos Fernández González
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 17-02-2015 16:55
" Historia apologética de los Papas" de Urbano Ferreiroa

D.Urbano Ferreiroa, autor eximio da " Historia apoloxética dos Papas", coñece a historia da antiga Roma como poucos. Estudou a conciencia algunhas das grandes figuras do Imperio Romano; nos seus paseos por a Cidade Eterna, logrou reconstruir a vella capital dos césares e dos mártires. Todo esto advírtese no seu " Nerón " do cal dí, con razón, o censor eclesiástico, que mais se parece a historia que a novela.
D. Urbano, desenvolve, en sete volúmenes, o maravilloso cadro da " Historia apoloxética dos Papas, desde San Pedro o Pontífice reinante ". Que o Sr Ferreiroa, cura estudiosísimo e non menos laborioso, digno fillo desta fermosa terra galega, era persoa ben acreditada no mundo da literatura histórica, xa se había visto, e ben claro, nos seus anteriores libros, pero agora, sube de punto a tarefa por él emprendida, pois na sua obra sobre os Papas, ven a darnos un bo tratado de Historia Eclesiástica, con carácter apoloxético, labor profunda por as súas elevadas miras, obra sólida polo ben documentada, defensa xenerosa e noble da mais bella institución que ven atravesando os siglos ; e logo, escrita con elocuente estilo, donde o autor deixa ver as fermosas profundidades da alma galega, reflexiva, poética un tanto melancólica, como alma que naceu nesta terra de montañas e árbores, de néboas e ríos deliciosos, cheos a par de misterio, terra sen igual,que encerra no seu seno todas as dulzuras maternais, e nos seus campos e lugares un fondo inesgotable de poesía fonda e amante coma a dos países do Norte.
No tomo primeiro, traza o autor, despois dun estudo filosófico e biográfico que lle sirve de introducción, un cadro admirable, que él titula: Discurso preliminar acerca de los tres primeros siglos del Cristianismo. Despois veñen xa os sigintes importantes asuntos: Época primera .- San Pedro.- Personalidade de San Pedro.- San Pedro antes da Ascensión.- San Pedro no exercicio do Primado.- San Pedro en Antioquía.- San Pedro en Roma.- Duración del episcopado romano de San Pedro.- Hechos principales y muerte de San Pedro en Roma. Finaliza o libro con un xuicio sintético de toda a obra, que como e de supoñer todo él será bo e ainda excelente; resultará un verdadeiro monumento de ciencia cristiá, e servirá para instrucción de moitos, gloria da Igrexa e defensa do Pontificado, e honor da nación española, desta terra galega, nai do autor e gloria xustísima do mesmo autor.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 01-01-2015 16:17
A Cruz procesional de San Fiz.
Si facemos un pequeno recorrido polo patrimonio da nosa parroquia, atoparemos verdadeiras obras de arquitectura, fermosos lugares arqueolóxicos, numerosos conxuntos históricos e tamén un amplo surtido de obxectos artísticos e de gran valor cultural.
Hoxe quero destacar a " Cruz Procesional da Parroquia de San Fiz" feita polo plateiro GASPAR RODRÍGUEZ alá polo siglo XVII concretamente no ano 1618, por tanto vai facer 400 anos.
O plateiro Gaspar Rodríguez era un insigne membro dunha familia de Ourense dedicada o arte da platería.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 15-11-2014 18:44
"La Cuestión de Oriente" de D.Urbano Ferreiroa.
Entre os moitos libros que escribiu o noso ilustre parroquiano D. Urbano Ferreiroa, atópase: " La Cuestión de Oriente" que xunto con "La historia apologética de los papas" y " La Tierra Santa" son os mais importantes na súa traxectoria.
Hoxe tócame falar do primeiro que sen dúbida algunha tivo a mais interesante crítica.
A mais ampla foi a da Real Academia Galega que paso a describir tal e como se editou: A crítica xa pronunciou o seu fallo favorable a esta obra e non poden retraerme de dedicarlle estas liñas nin os antigos e profundos casos de amizade que nos une o autor, nin o temor de ferir a sua delicada modestia.
Os que hasta agora falaron deste libro, convenceron en duas cousas; en que está primorosamente escrito e que reune os elementos necesarios pra coñecer dende a sua orixe e nas suas fases mas importantes o histórico e eterno nudo de Alejandro chamado Cuestión de Oriente.
Con só estas duas condicións e a do palpitante interés de actualidade que desperta o seu estudo en todos os ánimos, explícase fácilmente que xa esté pra agotarse a primeira edicción de este libro.
Non e este,non obstante, o que mais chamou a miña atención, porque sabía de antigo que este Ferreiroa escribe con galanura, corrección e bo gusto, cousa por certo bastante difícil para todos os que nacemos e nos educamos neste rincón da Península, e non era pra mín tampouco un problema que ten forzas e alientos pra sair airoso en calquera empresa literaria que acometa, o que me sorprendeu, e que fixo un libro de amena e agradable lectura, tendo por fase unha incógnita, que soupo despexar, cousa que parecía reservada a alta diplomacia, aínda a satisfacción das intelixencias menos privilexiadas.
Cambiar a topografía das ideas e pintar valles e llanuras, alí donde só hay riscos pelados e altas montañas, e tarea tan difícil como traducir o castelán calquer libro krensista ou introducir unha dose de bo sentido, na mollera, sequera sexa homeopática, dun espiritista, e non obstante o autor "La Cuestión de Oriente" realizou con notable desembarazo e especial maestría, convirtindo este terreo árido e ingrato por donde só pidían trepar as intelixencias viriles en pintoresco valle de fácil acceso a todo o mundo, no cal se revela o inmenso talento periodístico do autor.
No plan da obra non aparece só o periodista eminente, o profundo coñecedor das formas, senón tamén o observador atento que se remonta largos séculos pra averiguar as causas xeneradoras da crise pola que atravesa o famoso problema Oriental; e enlazar cos acontecementos actuais o suceso coñecido na historia co nome de Cisma grego, demostra que se conserva entre nos algo de aquela vasta comprensión que inmortalizou a Bossuet como historiador.
Outro atractivo mais ten o libro que tratamos: a novedade. Sen descoidar os variados objetos que ofrece a cuestión, ojxeto das meditacions do autor, fixouse con particular complacencia no aspecto relixioso, do cal olvidávanse a maior parte das xentes con ser o mais fecundo e trascendental en todos os ordes da economía social.
E, pois, un libro que honra a literatura pátria e que os galegos debemos considerar especialmente como xusto motivo de orgullo.Renunciamos a fecer o seu análese detido pra deixar íntegro o lector o pracer de recorrer as súas sabrosas páxinas.
Precede o libro unha introducción sobre a civilización moderna, na que ponse de relevo os trascendentais erros que dominan hoxe no campo científico e descríbese a privanza que exerce o paganismo nas costumes.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 08-06-2014 12:03
Foral de Sandulces.

Outra proba da riqueza das terras de San Fiz encontrámola nunhos legajos dos arquivos do Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela, nos que atopamos que dito Mosteiro posuía no Priorato de Rozamonde (na actualidade Razamonde) que daquela era unha freguesía da xurisdicción de Camporredondo, de trinta veciños e cento dezaseis habitantes que tiña anexo o Coto de Xubín e que estaba administrado por un monxe benedictino.
Pois ben, este Priorato de Rozamonde era dono do Foral de Sandulces do que era cabezaleiro Domingo Fariñas, e compoñíase de corenta ferrados de centeo ao respecto de 3 reais e 17 maravedíes, precio sinalado por o partido de Ribadavia o que pertenece. Importan 140 reais. E cinco ferrados de trigo ao respecto de 7 reais e 17 maravedíes. Importan 37 reais e 17 maravedíes.
Suma toda a renta deste foral 177 reais e 17 maravedíes.

Documento publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense o día 18 de Febreiro de 1840.
Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 03-04-2014 18:29
De foros, ventas, permutas e cesions.
Se analizamos con detalle os datos obtidos no Boletín Oficial da Provincia de Ourense podemos afirmar que na primeira metade do siglo XIX produciuse en san Fiz de Navío unha grande actividade de cesions, permutas, ventas e foros a favor de veciños da nosa parroquia. Eran uns intres en que a maioría das fincas, outrora propiedade dos Mosteiros e Prioratos, pasaban a mans de aforados en casi todas as ocasións veciños da parroquia.
Os datos siguintes refirense a : Situación das fincas ou dereitos reales, nombre dos otorgantes e número de folio en que quedaron inscritas.
ANOS 1805 - 18011
Foro. Navío. José Vázquez e María González, sua muller, con Cayetano Gómez de San Amaro de Montes.94
Venta. Navío. Ramón Quesada e a sua muller Benita de Novoa, veciños de San Fiz de Navío con Francisco García de Osmo.
ANOS 1812 - 1817
Foro. Navío. Alberto Vázquez de Santos de Anllo con Francisco Vázquez de Santos y Manuel Muradás de San Fiz de Navío. 74
Foro. Navío. Juan Benito Pérez de Sandulces con Manuel González de San Amaro. 87
Foro. Navío. Juan Benito Pérez de Sandulces con Miguel Pérez de Sandulces.
ANOS 1818 - 1821
Cesión. Navío. D.Julián Vázquez y Ordóñez de San Fiz de Navío con D.Carlos, D.Antonio y D.Juan Dieguez veciños de Názara en Cenlle . 10
Venta. Navío. José Vázquez Santos veciño de San Fiz de Navío con D.Cesar Toubes da Touza. 22
Venta. Navío. Angel Vázquez veciño das Casasnovas en San Fiz con Esteban Veiga de San Fiz de Navío.
ANOS 1830 - 1832
Foro. Navío. Dña. María Macede y Verdial viúva de D.José Soto vecina de Sobrado en San Fiz de Navío con D.Antonio de Soto su hijo. 130
ANOS 1838 - 1840
Venta. Navío. O Estado con Manuel de Castro de San Fiz de Navío. 91
Venta. Navío. O Estado con Manuel Casasvellas veciño de San Fiz de Navío.
Hipoteca. Navío. D.Rafael Teixeiro y su viúva madre Dña. María Benita Borrajo. 105
ANOS 1841 - 1845
Consigna. Navío. D. Antonio María de Soto de San Fiz de Navío
Venta. Navío. D. José Cibeira veciño de San Fiz con su hijo D. Bernardino Cibeira. 7
Mejora. Navío. Dña. María de Cea y Novoa, viúva, con su hijo D. Pedro José de Toubes vecoños de Rioboo.
Foro. Navío. D. Baltasar Araujo y Somoza veciño de Rioboo con Antonio da Vila e Isabel Fernández, sua muller, veciños de San Fiz de Navío. 12
Foro. Navío. D.Pedro Manuel de Toubes veciño de Osmo con Domingo Caiña e a sua muller Gabriela Vázquez de Sergude en San Fiz. 15
Foro. Navío. D. Pedro Manuel de Tuobes e Salgado con Manuel Vázquez e Isabel da Vila, sua muller, veciños de Sergude en San Fiz de Navío. 14
Foro. Navío. D. José de Soto con Félix Fariña e a sua muller María Pérez, Agustín Rodrígue e a sua muller, veciños de San Fiz de Navío.
Venta. Navío. Dña. María Antonia Chao e Fajardo e o seu home D. Francisco Antonio Millán veciños da parroquia de San Fiz de Navío con José Antonio Sieiro da Portela de Albarellos. 18
Hipoteca. Navío. D.Francisco Antonio Millán de San Fiz de Navío. 24
Hipoteca. Navío. Dña Antonia Rodríguez de Prado, viúva de D. José Benito Millán con D. Luis de la Riva Moreno de Santiago de Compostela.

No Rexistro a Propiedade do Carballiño figura a relación das inscripcións defectuosas que aparecen nos libros e cadernos antigos do Rexistro dende 1768 hasta 1863 pertenecentes os oito Axuntamentos que comprende para os efectos do artigo octavo do Real Decreto do 3 de Xuño de 1862.

Deixa un comentario (0) - Categorías Etimoloxía e Historia - Publicado o 09-02-2014 12:58
1 [2]
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0