As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Club Navío de San Fiz , 20 de Maio de 1933.
Case que todos os nosos recordos seadeiros parten do campo de fútbol do Picouto e da S.D.M San Amaro, pero vou refrescarvos a memoria.
Alá polo 20 de Maio de 1933 o diario "Vida Gallega" Ilustración Regional, editaba na súa editorial de deportes a foto que aparece na cabeceira, referíndose o equipo de fútbol de San Fiz de Navío coa súa madriña no centro, na devandita foto móstrase unha señora que chamaban a " madriña" e a súa función no clube non era outra que lavar a equipación dos xogadores e coidar dela durante toda a tempada, era indispensable en todo equipo que se preciase, e sempre saía na foto.
Unhos anos mais tarde o domingo 9 de Abril de 1944, no diario " El Pueblo Gallego ", na sección de deportes relata a final do campeonato da siguinte maneira : " Hoy, domingo, se desplazarán a Cenlle para jugar la final del campeonato el Club Navío, de San Fiz y el Deportivo Ourantes F.C.
El partido promete ser muy reñido, ya que el primero de estos equipos reforzará sus líneas con los mejores elementos de Carballiño y Dacón y el segundo alineará varios elementos de la Tercera División. El partido dará comienzo a las cuatro en punto de la tarde.
O único pesar que me queda e que despoís de moler a cabeza de meu pai durante mais de seis anos, a memoria non perdona, non me soupo recoñecer a nadie na foto, si se recorda deses reforzos de xogadores de Carballiño, Dacón e Partovia, e dos seus nomes, pero desta foto en concreto non se recorda.

" O olvido pode ser a mellor medicina pro dolor do corazón "
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 02-08-2019 17:05
Ano 1578, un veciño de San Fiz correo da Súa Maxestade.

A morte de Don Fernando Valdés, Arcebispo de Sevilla e Inquisidor Xeral do Reino, os séus restos foron trasladados a súa vila natal de Salas, no Principado de Asturias. Para a construcción do panteón chaman a Pompeo Leoni que se encarga de realizalo tal e como o deseñaran os testamentarios do falecido, alá polo ano 1568.
Redactaron un contrato entre ambas partes e o día 23 de Setembro de 1578 o escultor alega ter casi concluido o seu traballo, según un poder que otorgaba nesta fecha a Francisco Rodríguez, correo de a pé da Súa Maxestade, pra cobrar dos testamentarios de Valdés os plazos que lle correspondían.
Pois ben este Francisco Rodríguez, que foi correo da Súa Maxestade, era veciño de San Fiz de Navío, habíase casado con Catalina Vázquez de Toubes, natural de Riobóo, pertenecía as primeiras linaxes dos Toubes, teñen unha labra de pedra na casa dos Toubes e outra no Pazo da Touza en San Fiz.
Acontecía esto durante o reinado de Felipe II de Austria, chamado " o Prudente", o seu reinado caracterizouse pola gran expansión do territorio, alcanzando o Imperio español o seu apoxeo.
Quero deixar claro que ser correo de a pé non era ningunha notoriedade pero si a singularidade de ser un ancestro noso da Parroquia de San Fiz.
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 11-10-2014 17:03
Obxectores de conciencia.

Si cremos que a obxección de conciencia e un invento moderno estamos nun erro, documentos antigos demostran que na nosa parroquia alá por os anos de 1897 algún que outro xoven negábase a cumprir co servicio militar, a diferencia que por aqueles anos ainda non estaba reconocida, por o que aparecían ordes de busca e captura moi curiosas, onde as características do individuo eran detallados minuciosamente nas ordes de busca que mais parecían uns pasquís do Oeste.
A primeira citación dice así:
San Amaro

No habiendo comparecido al acto de la clasificación y declaración de soldados para el actual reemplazo, ni a la revisión de los anteriores, los mozos que a continuación se expresan, el Ayuntamiento acordó concederles de plazo hasta el 28 del corriente para que se presenten a ser tallados y reconocidos, o justifiquen estas circunstancias según previene el art. 95 de la Ley, previniéndoles que de no hacerlo se les instruirán expedientes de prófugos.
San Amaro a 11 de Marzo de 1897.- El alcalde accidental, Fernando Fernández.
Mozos que se citan

Antonio Pérez Pérez, hijo de Miguel y Carmen de Navío.
Antonio Bello Novoa. hijo de Ramón y Rosa, de Navío.
Manuel López Veiga, hijo de Pedro y Emilia de Navío.

Outra citación anos mais tarde dice:

D.Avelino de la Iglesia Martín, primer Teniente del Regimiento de Infanteria Burgos, nº 36, Juez instructor del expediente que por faltar a las maniobras de Galicia, instruyo contra el soldado de este cuerpo: Maximino Fernández Gabiño.
Por la presente requisitoria cito, llamo y emplazo al referido soldado, hijo de Antonio y de Rosa, natural de Navío, Ayuntamiento de San Amaro. Provincia de Orense, avecinado en Navío, Juzgado de Primera Instancia de Carballiño, distrito militar de la 8ª Región , nacido el 27 de Diciembre de 1882, oficio labrador, estado soltero, estatura un metro 61 milímetros y cuyas señas personales son: pelo castaño, cejas idem, ojos idem, nariz regular, barba nada, boca regular, color moreno, señas particulares ninguna, para que en el preciso término de 30 días contados desde el siguiente al que aparezca inserta la presente en el " Boletín Oficial".
Este Juzgado sito en el cuartel del Cid, en esta ciudad, á responder a los cargos que le resulten en dicho procedimiento, bajo apercibimiento de ser declarado rebelde, parándole los perjuicios a que hubiere lugar.
Por tanto en nombre de S.M el Rey (q.D.g) exhorto y requiero a todas las autoridades, tanto civiles como militares, practiquen activas diligencias en busca del referido soldado, y , caso de ser habido, proceder a su captura y condución a este Juzgado, sito en el Cuartel del Cid de esta plaza, con las seguridades convenientes, a mi disposición , pues así lo tengo acordado en diligencia de este día.
Dado en León a 14 de Diciembre de 1907.- Avelino de la Iglesia Martín.
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 08-03-2014 20:44
Argemiro e Atelvino, arrieiros de San Fiz.

Coma todo pobo do Ribeiro, San Fiz tamén ten un pasado "arrieiro". Tendo en conta que foron moitas as fincas diste pobo que perteneceron o Mosteiro de San Clodio, podemos afirmar que por a nosa parroquia tamén pasaban rutas secundarias que confluían no principal "camiño dos arrieiros" que do Ribeiro subía as terras de Montes, Silleda, A Estrada ou Lalín.
Vestixios desa época quedan na parroquia, camiños coma o da "corredoira", "a brea" que antaño coma o seu nome dí era unha vereda de paso pra xentes, gando e carruaxes. Lugares coma o de " fontebois" a un lado de Ventoselo que era donde facían un alto no camiño as xugadas que transportaban viño hacia terras de Castela.
O catastro de Ensenada fala dun home de San Fiz chamado Agustín Varela que por aqueles anos exercía de arrieiro o que se lle regulaban uns 46 reais de gañancias.
Pero voume centrar en épocas mais cercanas e recordar a Argemiro e Atelvino que sen dúbida foron os arrieiros mais importantes de San Fiz.
Non despuntaba o alba cando as rodas dos carros cantaban o seu paso polas "avellaneiras" tratando de sortear unha alfonbra de croios, o fronte da xugada ía o arrieiro, no verán pra arada cara "o barreiro" , no inverno hacia "o barazal", a cargar unha carrada de estrume, no outono coa súa tinalla chea de uvas pras bodegas de San Fiz e na primaveira pra semente do millo alá por a Quintá.
Homes rexos, curtidos o sol e a gurriana que castiga estas terras, pero éles sempre erguidos coa aguillada o lombo, diante da súa xugada que o sigue sexa por donde sexa, non importa que baixen a "espedregada" ou que suban por "as candorcas", as veces hay que parar e poñer unha forra o carro pra que descansen, mentres o arrieiro bota un cigarro ollando o camiño andado, terá que voltar cen ou duascentas veces mais, pero non importa, o sacrificio e unha das súas virtudes, segue sentado na pedra e a cabeza vénselle aquela copla:
" A vida do arrieiro
non hay vida coma ela
a semana na carreta
e o domingo na taberna"
Bótalle outra calada o cigarro e tamén recorda aquelo:
O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño
cando canta en Ribadavia
resóa no Carballiño.
Acaba o cigarro, colle a soga entre as mans e sigue o camiño costa arriba cantaruxando:
Meniña si te casas / cásate cun arrieiro / que trae a bota con viño / e a bolsa con diñeiro .
Apura os últimos metros do camiño , mirando pro sol que xa pousa alá por o alto de Pena Corneira e acórdase que colgada nun estadullo leva a bota de viño, apalpa, e sorte que ainda queda un grolo de viño, límpase co pano a boca e venlle a cabeza aquel refrán dos arrieiros: "Mentres auga leve o Miño, no Ribeiro non faltará viño".
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 22-09-2013 18:19
Florindo ; o carteiro de San Fiz
Eu recórdoo montado nunha Orbea, pero según os mais vellos antes facíao a lombos dun cabalo, e proba diso e que fai un montón de anos contoume, sentado na solaina, como un día do cru inverno, cando viña de recoller o correo de Barbantes, o chegar a "Longariña", atacouno un lobo e derrubouno do cabalo, unha vez no chan, o animal colocou o fuciño cerca da sua boca, pra asegurarse que estaba morto, menos mal que o Florindo contivo a respiracion, entón o lobo, coas patas traseiras empezou a cubrilo de follas e saiu camiño da "Corredoira", mentres o carteiro moi asustado escapou cara a súa casa, escoitanto coma o lexos oubeaba o lobo pra xuntar a manada, cando chegou a casa tiveron que darlle o carteiro unhas fregas con augardente para sacarlle o medo de enriba.
Aínda hoxe dudo da certeza do relato pero a verdade e que impactoume.
Florindo naquela época, de escasas televisións, era pra nos coma o telexornal de cada día, esperábamos as novas dos nosos parentes lexanos, era raro que alguén da Parroquia non tivese unha carta: da Sra Ramona dende Arxentina os da Quintá, dos fillos do Escaleira dende México os da Reguenga, de Venezuela ou de Suiza os de Outeiro ou mesmo dende Australia os da Carballeira. Non obstante, os nenos, pensábamos mais na súa bicicleta que nas novas que chegaban dé fóra, pero sempre ya deixaba os mais grandes: o Jorge o Pucho, pero a nos, os mais pequenos, sempre nos poñía a pega de que si caíamos dela, por enriba, daríanos unhas labazadas o chegar a casa.
Baixaba as "Avellaneiras" asubiando unha canción, e as mulleres da casa deixaban a cociña e disimuladamente saían o camiño, se o Florindo pasaba de largo, deixando só un saúdo, era motivo de tristura, ainda que o mesmo tempo quedaba o consolo de: mañá será outro día. Por as súas mans pasaron: cartas de amor, de tristes novas, de denuncias, felicitacións, citacións, todas tiñan un destinatario e sempre eran entregadas a tempo.
Aquela carteira grande o lombo desataba unha morea de sentimentos, hoxe permanecerá pendurada nunha triste estanza deshabitada, escoitando pasar a toda velocidade os SMS , MMS, e os e-mail que impactan pola súa rapidez pero que ignoran a tenrura que espertaban aquelas longas cartas sementadas de emocionantes recordos e cociñadas a fogo lento, sin mais ingredientes que un lapis e un papel en branco.
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 02-08-2013 19:31
Usos e costumes d'outros tempos.

Algunhas costumes está ben que se perdan, coma a que afectaba os veciños de San Fiz e os de Osmo, durante a celebración dos festexos das súas Patroas alá polo mes de Setembro, os que teñen algúns anos saben do que falo.
Fai moitos anos, cando a Virxe de Osmo era a Virxe das Viñas e a de San Fiz a Virxe do Perpetuo Socorro, non acontecía nada que enturbase a ledicia deses días, hasta que un cura novo chegou a parroquia de Osmo e propuxo a celebración dos festexos o mesmo día que os de San Fiz, e cambiou o nome da Virxe polo de Virxe do Socorro.
A partir dese momento destapáronse as rencillas, e xentes que compartían vecindade, fincas e taberna, cando chegaban as festas aparecían os nubarrons da hostilidade, chegando hasta os extremos de que un ano os mozos de Osmo apareceron por o campo da festa de San Fiz e despois de facer as súas necesidades enriba do palco, puxeron varias gabelas de toxos debaixo do palco da orquesta que era de madeira e prendéronlle un misto, ardendo o palco por completo .
Os mozos de San Fiz non se quedaron de brazos cruzados e o mesmo día da festa foron a verbena, levando a venganza mais alá do permisible, pois todos portaban navallas debaixo das súas roupas, e pasaron por entre a xente acoitelando os que eles creían causantes do incendio do palco, a cousa foíselle des mans e tivo que actuar a garda civil.
Foron pasando os anos, e cada vez que tocaba o anuncio da festa, con bombas e repique de campás, os ánimos íanse acendendo, non faltaba o berro dalgún rapaz desde o campanario da Igrexa berrando "San Fiz, non poledes".
Nos anos siguintes o enfrentamento limitábase a competir en orquestas e lanzamento de fogos, daquela varios veciños de San Fiz, xa casaran con veciñas de Osmo, e as hostilidades desapareceron, cando a xente empezou a comprender que coma Romería era millor a de Osmo,e como festa de orquestas a mellor era a de San Fiz.
Na actualidade veciños de Osmo e de San Fiz, mézclanse agarimosamente en ambos festexos e intentan pasar o mellor día de festa posible e cada un defende a súa maneira as costumas de cada pobo. Xa hay moitos anos que as diferencias quedaron enterradas, e cada feligrés de cada parroquia pídelle a súa Virxe os favores necesarios pra seguir ano tras ano celebrando esa tradicción.
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 28-03-2013 19:35
" A escola dos anos 60 "
A tarefa do mestre baseábase no principio de autoridade , e os castigos estaban a orden do día , a miúdo eran crueis e humillantes , entre éles estaba o de colocar o alumno de rodillas contra a parede cos brazos en cruz , durante un bo anaco de tempo , e en moitos dos casos con un pesado libro en cada unha das mans . Tamén se aplicaba un vareazo nas mans , con unha vara , generalmente un bimbio delgado , e se tratabas de escondelas co sobrante das mangas , pillabas ración dobre .
Todo iso obedecía a aquel lema que os mestres aplicaban : " A letra con sangue entra "
Os principios que rexían dentro da escola eran : autoridade e respeto , e o mestre era o encargado de facelos cumprir .
Outro elemento común nas escolas dos sesenta era a foto de Franco , a carón do crucifixo , que o presidía todo . Sempre comenzaba o día con un Padre Nuestro i un Ave María e despois sacábamos a Enciclopedía , a famosa "Alvarez" que podía ser de primer grao , de segundo ou de terceiro grao , na que se podían atopar : adxectivos demostrativos , a historia do Cid Campeador , a táboa de multiplicar ,o mapa de España e as fotos de Franco e Xosé Antonio .
Non faltaba tapouco o Catecismo na escola , e naquel entonces , como o Catecismo do Padre Astete non o estudaba ninguén , púxose en circulación un Catecismo que fora elaborado por a Comisión Episcopal de Enseñanza e Catequesis .
A escola constaba dunha sola aula , donde nos apretuxábamos unha morea de nenos , eso sí ; rapaces on lado e rapazas a outro , que daquela era como se dividían as aulas . A asistencia a escola deixaba moito que desexar , pois cando eras un pouco maior tiñas que atender as tarefas da casa , que eran mais importantes cos garabullos na cabeza que che intentaba meter o mestre , como decía o avó . Tíñamos un recreo de media hora , pero nos vaiades a crere que era todo pra xogar , non , primeiro había que ir a buscarlle auga a fonte mais cercana , a mestra , pos seus quefaceres , por desgraza a fonte quedaba lonxe , e cando chegábamos e nos dispoñíamos a comenzar o partido , unha voz soaba desde a escola : " Adentro " e xa se acababa o partido .
Moitas mañás a porta da escola , esperaba a mestra pra facernos un análise de orellas , pero non por problemas de audicción , senón por hixene corporal , e o que non as levara ben limpas , ia a casa a volver a lavalas .
As leccións declamábanse , en vez de leelas , con esa música cantareira : O Miño nace en Fontemiña , provincia de Lugo , pasa por ..."
Con todo , sinto añoranza por aqueles anos , nos cales , aprendín : alguns coñecementos , o fiel compañeirismo e o valor da amizade .
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 15-12-2012 14:07
Só hay un San Fiz ? Sí ; un cento ...
Xa dende pequeno , cando empecei a ter conciencia dos nomes , preguntábame : cántos San Fiz había en todo o mundo ... e como os límites xeográficos non pasaban da Corredoira , chegueí a conclusión de que San Fiz só había un i era o que eu coñecía o de Navío , pouco a pouco o mapa foise extendendo e fóronse sumando mais e mais , hasta que o outro día din un paseo por a nomenclatura de Galicia e encontreime coa sorpresa de que eran mais dos que eu pensaba :

Na Coruña :

San Fiz de Solovio ( Santiago)
San Fiz de Monfero ( Monfero )
San Fiz de Vixoy ( Bergondo )
San Fiz de Anllóns ( Ponteceso )
San Fiz de Brión ( Santiago)
San Fiz de Vimianzo ( Vimianzo )
San Fiz de Quión ( Touro )
San Fiz de Esteiro ( Cedeira )
San Fiz de Mañón ( Mañón )
San Fiz de Sales ( Santiago )

En Lugo :

San Fiz de Reimondez ( Sarria )
San Fiz de Asma ( Chantada )
San Fiz de Cangas ( Pantón )
San Fiz de Vilapedre ( Sarria )
San Fiz de Paradela ( Paradela )
San Fiz de Rubián ( Bóveda )
San Fiz de Donís ( Cervantes )
San Fiz de Amarante ( Antas de Ulla )
San Fiz de Paz ( Outeiro de Rey )
San Fiz de Cerdeiras ( Begonte )
San Fiz do Hermo ( Guntín )

En Pontevedra :

San Fiz de Forzans ( Puente Caldelas )
San Fiz de Besexos ( Vila de Cruces )
San Fiz de Solobeira ( Villagarcía de Arousa )
San Fiz de Nigrán ( Nigrán )
San Fiz de Xesta ( Dozón )

En Ourense :

San Fiz de A Veiga ( A Veiga )
San Fiz de Taboadela ( Taboadela )
San Fiz de Toén ( Toén )
San Fiz do Varón ( Carballiño )
San Fiz de Chandrexa ( Chandrexa de Queixa )

Resto de España :

San Fiz do Seo ( Trabadelo ) ( León )
San Fiz de Visonia ( Villafranca del Bierzo )
San Fiz de Viso ( Corullón ) ( León )
San Felix de Tineo ( Asturias )
San Felix de Barruera ( Cataluña )
San Felix de Orbigo ( León )
San Felix de Arce ( Cabrillanes ( ( León )
San Felix de la Valdería ( León )
San Felix Tentegorra ( Murcia )
San Felix de Valois ( Jaen )
San Felix de Oca ( Villafranca )


E outros moitos que sei que me quedan no tinteiro , ademaís das formas : " San Fins " , " San Félix " , " San Feliu " " San Feliz " etc .
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 01-10-2012 17:08
Un veciño de San Fiz na árbore xenealóxica dos Franco
No indice de insertos en XXV anos da Revista " Hidalguía " escrito por Adolfo Barredo de Valenzuela , aparece D. Francisco Antonio de Toubes e Ordóñez , nacido no ano 1761 no pobo de San Felices de Naveco , curiosidade que tamén aparece noutros documentos da época .
Despois de infinitas consultas atopei a solicitude de pleito de hidalguía , e dita información foi feita no Coto de Sandulces por a sua orixe , e na que proba ser da rama dos Toubes da casa da Touza e da de Rioboo , coa heráldica que ostenta esta linaxe , e por último xustifícase tamén estar incluído nos padróns de nobles nos anos 1737 e 1767 .
Pois ben este D.Francisco Antonio de Toubes e Ordóñez nacido no ano 1761 na Touza en San Fiz de Navío , foi Tenente de fragata e morreu en Montevideo o 07/XII/1811 .Casa con Doña Jerónima Franco y Sánchez nacida no Ferrol o 26/VII/1771.
Dista forma entronca na Xenealoxía do Ortegal cos Franco do século XVII - XX .
A muller de D. Francisco de Toubes , Jerónima , ten un irmán chamado Nicolás Franco y Sanchez que casa en terceiras nupcias con Josefa Vietti Bernabé e ten varios fillos entre eles está D.Francisco Franco y Vietti que casa con Hermenegilda Salgado Pérez e teñen un fillo chamado Nicolás Franco Salgado que a sua vez casa con Pilar Bahamonde y Pardo de Cela de dito matrimonio teñen cinco fillos : Nicolas , Francisco , Pilar , Ramón e Mª de la Paz Franco Bahamonde .



Os datos familiares do apelido Franco foron sacados da Xenealoxía do Ortegal
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 02-10-2011 15:42
Documento do ano 1244 .

Despois de incansables paseos polo boletín da Real Academia Gallega , no índice de documentos que perteneceron o Mosteiro de Melón , atopei o que hasta ahora e o documento mais antigo no que aparece o pobo de San Fiz . Trátase dunha permuta que no ano 1244 fixo o Mosteiro de Melón con D. Fernando Yáñez e a sua muller Dª Teresa Gil , por o cal éstos cedéronlle o lugar do Adrio e outros lugares de San Fiz de Navío e o Mosteiro lles deu a cambio outras propiedades no partido de Sanín .

Aparece no boletín nº 6 - 7 do autor Cesar Vaamonde Lores .
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 18-09-2011 12:42
San Fiz no refraneiro .
En primeiro lugar temos que ter en conta que o nome de San Fiz de Navío , noutros tempos i en determinadas circunstancias , tamén sole aparecer con outros nomes , por exemplo , na división parroquial da administración eclesiástica , dentro da Diocese de Ourense o noso pobo aparece como San Pedro Fiz de Navío ; isto débese a que a igrexa tamén celebra o día 1 de Agosto a festividade de San Pedro ad vincula , é dicir : o paso de San Pedro Apóstolo polo cárcere de Xerusalem , de onde saíu porque un anxo o librou das cadeas , igual que San Félix ,que tamén se celebra o 1 de Agosto e tamén foi liberado da prisión por un anxo . Esto fixo que a devoción popular aglutinase nun so nome o de ambos santos .
Así pois , o refraneiro , móstranos de maneira esaxerada os primeiros síntomas da proximidade do inverno :
" San Pedro y San Hélices* ,
frío en las narices "

outra variante :
" San Pedro y San Hélices
frío en las narices .
Mal para los oficiales ,
peor para los aprendices"

* Hélices , e unha variante de Félix ( Fiz ).

Os aguaceiros e a néboa que poñen en perigo a producción das castañas e dos nabos ,etc .
" Habendo neboeiro por San Pedro Fiz
castañas furadas e nabos ruins "

variantes :
" Cando ven San Pedro Fiz con treboadas
nabos cativos e castañas furadas "


O previsible empeoramento do tempo fai que a partir do 1º de Agosto xa non sea boa época pra sementar alguns productos coma o millo e as fabas .
" Hasta San Pedro Fiz
bota millo e fabas sin medo "


Outros refrans din :

" Por San Pedro e San Fiz
creba o millo pola raiz "


Por San Pedro e San Fiz
o paxariño novo fai o seu nin "
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 10-07-2011 17:05
Equipo e directiva da S.D.M. San Amaro do ano 1976 .

Como podedes ver a primeira Directiva da Sociedade Deportiva Municipal do San Amaro , estaba formada mayoritariamente por veciños de San Fiz : Rogelio Vázquez , José López e José García na Directiva , e como xogadores :Cholo , Celso , Rogelio , Santi , Manolo , Toño e Amador .
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 26-01-2011 18:37
San Fiz nos poemas
Portada original del libro de PoemasXa escoitamos , en palabras de Don Urbano Ferreiroa Millán , encomiar a riqueza distas terra , unhas veces utilizando o púlpito e outras deixando clara testemuña en escritos e revistas e neste caso , nun artículo da Revista Galicias :


" Pero nada de esto habla al alma como los sombríos pinares de mi tiera , las humbrosas arboledas , los caminos hondos , los senderos floridos entre zarzales y hierbas , las azuladas rías , las montañas que parecen recortadas por arquitectos , el río que serpentea entre misteriosas honduras , una naturaleza en que Dios ha puesto el sello de la melancolía , de la gravedad , de la suavidad , de la dulzura , de las tierras y grandes emociones poéticas ... "

No seu longo recorrido e en moitos dos artículos que lle adicou o columnista contemporaneo seu: Xan das Silveiras , nunha columna chamada " O despacho de Ferreiroa " , amosa o gran cariño que tiña esta terra , e nunca se escondeu pra cantar as xenialidades dista terra que o viu nacer .


Termina la alocución a su tierra con la brillantez de un gran poeta cantando a su amada :"¡Oh dulce y hermosa Galicia! ¿Quién,que te haya visto, negará la hermosura de tus valles risueños de tus bosques de castaños y nogales,de tus frescas hondonadas,de los cristalinos arroyos que se precipitan de tus altos montes,de los mil caprichos y accidentes de tierra tan abrupta,tan variada,tan pintoresca?".




Tamén o poeta do ribeiro Don Eladio Rodriguez González , no seu poema " Oracions
campesiñas " lembrando a sua nación ou mellor dito ¡ Meu Ribeiro ! lembra con bonitas
palabras os sentimentos que lle producen estas terras ribeiranas , acordándose de todos pobos que adornan iste bonito cuadro do Ribeiro , sin olvidarse , por suposto , de San Fiz .



¡ Meu Ribeiro !...
A unha banda-i a outra banda
salgueirales y alboredos ,
onde colgan os seus niños
pardaus e vichelocregos ,
onde grelean os xílgaros ,
onde asubían os merlos ,
onde os ruosinoles cantan
os seus nouturnos concertos .
arriba , no mismo cumio
dos outeiros ,
estan Lebosende e Banga ,
Lentille i-o Formigueiro ;
abaixo , a beira do rio ,
Esposende e Pazos Ermos ;
maís abaixo Ventosela ,
Regodeigón e Francelos ;
mais arriba , Roucos , Cenlle ,
San Fiz , Anllo e Figueiredo ;
aquí , Gomariz i-a Ponte ,
e Barzamedelle e Leiro ;
alí , Vieite e Beade ,
i-as Areas , i-o Coedo ;
d'unha banda Osmo , i-a Quintá .













Deixa un comentario (1) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 06-05-2010 17:25
Navío nos mapas antigos

Así é como aperecía San Fiz de Navío nunha carta Xeométrica presentada en 1834 á súa Maxestade Raiña Gobernadora Dona María Cristina de Borbón .

Este mapa foi realizado por Don Domingo Fontán , pertence a un anaco da Carta Xeométrica de Galicia .


Si queredes coñecer un poco mais da vida do autor podedes visitar a páxina web .Fundación Domingo Fontán
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 06-05-2010 17:09
Equipo de fútbol de San Fiz .
Trátase dunha fotografía do equipo de fútbol de San Fiz , aínda non conseguín adiviñar o ano desta foto , pero sen dúbida estes aguerridos xogadores , hoxe contarán as súas historias aos seus netos e tan vez algún o fará os seus bisnetos .Documento publicado en " Vida Galega" 1933.
Deixa un comentario (0) - Categorías Retrospectivas - Publicado o 08-10-2009 22:12
© by Abertal



Santi López Rodríguez