As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Un raio abateu a espadana da Igrexa de San Fiz.

Lendo detidamente o traballo de D. Rafael Tobío Cendón sobre " A Igrexa románica de San Fiz de Navío", atopei un detalle que me gustaría destacar.
Si temos en conta que a espadana, lugar donde se aloxan as campás, debido as características construtivas que mostra, sábese que a orixinal, románica na súa totalidade, foi sustituida pola actual de construción medieval de corte renacentista. Ademais a ventana de tipo moderno que se abre encima da portada, posiblemente sustituida por unha ventana saetera formada por un arco de medio punto.
Todo esto leva o autor a supoñer que a espadana foi abatida por un raio o que reforza esta opinión tamén e que na parede pétrea do hastial, a altura dos cimacios das columnas que soportan a arquivolta da portada principal, obsérvanse unhos entrantes escasamente pronunciados, matado en arista viva, esa discontunuidade indúcenos a pensar nunha reconstrución do paramento.
Hay que decir tamén que non só afectou a espadana senón tamén o lienzo pétreo da fachada.
Un detalle curioso e que coroando a espadana e encima dun simple piñón definido pola doble vertente que cúbre os paramentos atopamos unha cruz de triple brazo e o curioso e que está en posición invertida, quizais polas múltiples remodelacións que sufriu a espadana.
A idea do autor non parece tan desatinada si temos en conta que esta aldea foi sempre propensa a ser o lugar de encontro de varias tormentas que descargaban grandes aguaceiros e aparato eléctrico, recordemos que no altar maior, de dita Igrexa, venérase unha imaxen de Santa Bárbara, patrona das tormentas.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arquitectura Relixiosa - Publicado o 04-03-2017 15:03
A conexión co Lignum Crucis do Mosteiro de San Clodio.
Gustaríame dedicarlle unhas liñas a cruz que descansa sobre o piñón que coroa o paramento da ábsida da Igrexa de San Fiz. Primeiramente decir que se trata dunha cruz chamada tamén de Caravaca ou de Laón, trátase dunha cruz patriarcal, empregada en multitude de ocasións pra gardar e expoñer a reliquia do Lignum Crucis.
Quero lembrarvos a cercanía do Mosteiro de San Clodio, que posúe unha reliquia argéntea da Santa Cruz, moi venerada e invocada na comarca polos nosos pais e avós, dunha maneira especial, cando se producía unha tormenta, de ahí a súa colocación no piñón do testeiro da ábsida. Tamén convén lembrar as moitas posesións que o Mosteiro de San Clodio tiña na nosa parroquia: desde a Granxa de Outeiro hasta a viña das Pombeiras.
E moi probable que a reliquia da Santa Cruz de San Clodio, tallada polo plateiro Francisco Trigo, tivo moita influenza no canteiro que labrou a cruz da Igrexa de San Fiz.
A modo de anécdota, recordo aquelas tormentas de verán que nos encerraban nas nosas casas queimando follas de loureiro na lareira e rezándolle a Santa Bárbara, mentres o avó nos recordaba que si a tormenta viña de Cenlle ou Salamonde ía ser devastadora pero se viña de Pena Corneira, nunca xamais pasaría por encima de San Clodio, pois alí estaba a Divina Reliquia como decía él, e afirmaba que as tormentas sempre se desfacían antes de chegar o mosteiro.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arquitectura Relixiosa - Publicado o 03-06-2016 19:39
A Igrexa Románica de San Fiz de Navío.
O Centro de Estudios Chamoso Lamas do Carballiño facilitoume a sua revista " Argentarium " na cal, no nº3 do ano 2001, D.Rafael Tobío Cendón realiza un traballo sobre a devandita igrexa.
Comenza cunha breve situación xeográfica e unha síntese histórica dos documentos que na antigüidade fan referencia a dito templo. Fai, a continuación, unha descrición artística da planta describindo o exterior e logo o interior da nave, centrándose na ábsida, acabando o seu recorrido e o seu traballo cunha cronoloxía pra fechar a construción da igrexa.
Un traballo realizado con todo luxo de detalles a pesar dun vacío documental que hay de pouco mais de un século e medio.
Cabe destacar neses primeiros documentos que fan referencia a parroquia os lugares mais nomeados son: O Outeiro e Sandulces, e donde mais aforamentos de terrras se producen. Noutros artigos anteriores xa describín polo miudo que Sandulces gozou, en determinadas épocas, dun estatus de vila, alí pagábanse tributos o señorío do Coto de Sandulces e tamén se firmaron expedientes pa probar a fidalguía dalgún personaxe ilustre. En Outeiro, tamén Coto en algún tempo, teño que decir, era granxa do Mosteiro de San Clodio, de alí partían moitos moios de viño hacia as súas bodegas, as mellores fincas como a Das Pombeiras eran propiedade do Mosteiro que as tiña aforadas a veciños de San Fiz.Posteriormente tamén foi tenencia, lugar onde se cobraban os foros e proba diso e que en Outeiro as últimas casa do lugar chámase a Tenencia.
Pois ben, quen queira leer este interesante traballo de Rafael Tobío Cendón, que se poña en contacto comigo e eu facilitareillo.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arquitectura Relixiosa - Publicado o 01-03-2016 19:16
O escudo dos Sarmiento.
Hoxe dame a razón o profesor Rafael Tobío Cendón sobre o escudo que figura na fachada principal da Igrexa de San Fiz.
Lendo detidamente un artigo seu, dice que a dereita da apertura da ventana do hastial, atópase encastrado no muro a labra dos Sarmiento, Conde de Ribadavia, como dono que era da Igrexa alá polo ano 1487.
Ata agora a única referencia que había era a do historiador e investigador Xosé Ricardo Rodríguez que sinalaba a labra coma a dos Lemos, coa cal eu non estaba de acordo, pois a relacion dos Lemos coa nosa parroquia era nula. Como xa comentei nun artigo anterior deste blog, os mais vellos da parroquia recordan esa labra coma o escudo da condesa, facendo referencia a muller do conde de Ribadavia, os Sarmiento.
Unha proba mais e que nunha visita pastoral que realiza o bispo da sede auriense, a nosa parroquia, confírmanos que a Igrexa de San Fiz pertenecía o Conde de Ribadavia, título que recaía entón en Don Bernardino Pérez Sarmiento.
A descrición do escudo e a siguinte: En campo de gules, trece roeles de ouro postos doce deles en tres paus e un só na punta do escudo.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arquitectura Relixiosa - Publicado o 04-10-2015 11:36
O tímpano da igrexa de S.Fiz

Xa sabíamos que a igrexa de San Fiz era a mais antiga do Axuntamento de San Amaro, o que ignorábamos e a data da sua construcion pero gracias a un traballo de Rafael Tobío Cendón que publicou na revista "Argentarium" do Centro de Estudos Camoso Lamas e que mediante o seu presidente Xosé Luis Sobrado Pérez que fixo chegar ata as miñas mans a súa revista.
Se nos fixamos no tímpano, na cinta ancha que o envolve, atópase unha inscrición, hoxe ilexible, que di: FUNDATA EST - ISTA ECCESIA - SUB ERA:MCCVIII, a tradución sería: FUNDADA ES - ESTA IGLESIA - BAJO LA ERA: 1208 que se corresponde co ano 1170, no que probablemente acabaron as obras da devandita Igrexa. O autor termina por dicir que a igrexa románica de S.Fiz de Navío, deberá datarse no período de tempo comprendido entre 1170 e 1199, ainda que dado o gran parecido que garda coa igrexa de Serantes, e perfectamente datable cronolóxicamente hacia 1175 ou a mais tardar 1177.
O traballo de Rafael Tobío fai unha descrición artística da igrexa recorrendo o exterior, parándose na nave e logo na ábsida e logo no interior recreándose na nave e ingresando na ábsida. Comenza o autor lembrándonos a situación xeográfica da igrexa e facendo unha síntese histórica acabando coa cronoloxía do templo.
Deixa un comentario (0) - Categorías Arquitectura Relixiosa - Publicado o 15-09-2015 20:23
" O Agnus Dei "
Sobre o tellado da Igrexa de San Fiz , na sua parte posterior , sobre o testeiro da ábside encontramos , situado xusto no cumio do tellado unha figura de pedra que representa un carneiro .
A apelación a figura do carneiro está en relación coa de pastor e rebaño , como situación de coidado e dirección . Así aparece en textos bíblicos que refiren a Cristo como " El buen Pastor " que coida e apacenta as ovellas . O carneiro tamén e a representación de Cristo morto e resucitado .
A parte de lenda popular que ten isto e que antigamente decían os nosos antepasados que se che doían as muelas tiñas que subir o tellado e montar a cabalo do carneiro e paraban de doer ... en mais dunha ocasión tiven esa tentación pero a decir verdade e que era mais grande o medo que lle tiña as alturas que a dor de muelas .
Deixa un comentario (0) - Categorías Arquitectura Relixiosa - Publicado o 07-01-2013 21:31
Altar maior e retablo

O retablo é policromado está elaborado en madeira , exuberante e prólijo , como o expresan os tallistas da época .
O retablo consta de tres corpos : Un corpo central onde a súa figura principal é a Virxe do Perpetuo Socorro , patroa da nosa parroquia , apóiase sobre o sagrario ou tabernáculo , que se engadiu ao retablo . Coroa esta parte central a talla de San José co neno no colo.
O retablo prolóngase lateralmente e na súa parte dereita abaixo San Félix , patrón do noso pobo e na parte alta San Antonio . No lateral esquerdo na parte baixa Santa Bárbara , que antigamente se celebraba a súa festividade e na parte superior San Roque .
Separado do retablo está o Altar , mesa rectangular de pedra puída cun só pé tamén de pedra . O altar é posterior ao retablo pois o mesmo retablo tiña no seu parte baixa un gran mesado que era o altar no que se celebraba de costas aos fieis ,
As paredes laterais da Igrexa , antigamente estaban encaladas e fai anos picouse todo o cal deixando ao descuberto a pedra encintada con cemento .
En todo o seu conxunto é un bo exemplo da beleza do románico
Deixa un comentario (0) - Categorías Arquitectura Relixiosa - Publicado o 06-05-2010 17:22
Arquitectura Relixiosa .

IGREXA DE SAN FIZ DE NAVIO

De construción románica situada estratexicamente nunha das ladeiras que miran ao río Avia.
Planta dunha soa nave , con cabeceira lisa e sinxela e ábsida rectangular . Na fachada escudo e dobre arquivolta sobre a porta occidental , de arco de medio punto e tímpano con cruz de catro pombas aos lados .
Cruz patriarcal remata a espadana , do mesmo xeito que na ábsida , que leva tamén o cordeiro pascual . Interior con arco de medio punto peraltado no presbiterio e bóbeda de nervios de estilo gótico .
Tamén figura na fachada o escudo dos Sarmiento .
Deixa un comentario (1) - Categorías Arquitectura Relixiosa - Publicado o 06-10-2009 22:45
© by Abertal



Santi López Rodríguez