As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

Os penedos mais senlleiros do concello do San Amaro.

Hoxe toca dar un repaso pola toponimia do Concello, pero desta vez quero facer alusión as pedras e penedos que aparecen como tipoloxía accidentes na toponimia de galicia.
Existen infinidade de afloracións deste tipo en todo o Concello, ainda que eu remítome soamente os que aparecen na Toponimia de Galicia.
Todos coñecemos algún penedo de formas caprichosas onde a imaxinación chega hasta donde a queiramos estirar. Eu só fabrico alas, vos podedes chegar hasta donde vos propoñades.
Outro día falaremos desas rochas de formas diversas aderezadas con algunha que outra foto.
Deixa un comentario (0) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 02-05-2020 17:35
" Castreás "

Cando todos sabíamos que o único asentamento castrexo na parroquia de San Fiz era o situado no monte dos castros, resulta que, despois de contrastar varias liñas de investigación, atopamos que na parroquia hay outro conxunto castrexo situado entre os lugares da Reguenga e A Quintá.
Si ben é certo que o nome de ditos terreos xa nos estaba dando unha pista moi importante, pois o terreo sobre o que está enclavado chámase " Castreás " e moi preto de aquí hay un lugar chamado "Pena Grande" integrado nunha carballeira.
Neste lugar vólvese a repetir a triloxía e a relación ceremonial que se cumplía no enclave: Monte dos Castros - Pena Furada - Toco do zorro.
A día de hoxe non sei se iste castro está catalogado ou non a información que posúo sobre él e moi pouca pero mais adiante seguirei aportando datos deste lugar.
Deixa un comentario (2) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 03-04-2015 17:23
A fervenza da Fareixa nas Candorcas .

Trátase dunha fervenza natural de auga , que noutros tempos o vir o río con mais auga , a caida desta era mais impresionante . Atópase no tramo medio do regato das Candorcas ,nace èste por debaixo dos montes do Picouto deslízase por As Puzas e baixa regando as leiras do Barreiro pra logo descender por Os Muiños da Patela e precipitarse ruidosamente nunha bonita fervenza que separa os municipios de San Amaro e de Cenlle . Logo paséase por Riobóo e en San Clodio fúndese con outro regato que ven do Barón pra ir a morrer o seu pai o Avia .
Pra aceder ela hay que coller a carretera que vai de Osmo a Riobóo e o pasar a capela do Socorro nunha curva fuerte da carretera xa se ve a fervenza.
Deixa un comentario (0) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 23-03-2011 18:09
Campo de golf da Touza .

Para os amantes diste deporte e o lugar ideal pra pasar un inolvidable fin de semana , completa o campo de golf un pazo de sobria construcción e unhas paisaxes dignas de ver .
Deixa un comentario (0) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 09-02-2011 18:37
O Toco do Zorro

Trátase dun lugar a primeira vista misterioso , cheo de grandes pelouros de granito , que antiguamente pudo ser un lugar de culto relacionado co castro que hay cerca do lugar .
Predominan sobre toda a vexetación grandes e centenarios carballos , arbol que formaba parte importante da cultura celta , que tupen todo o lugar .
Deixa un comentario (0) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 15-08-2010 20:26
O Barazal

A importancia diste lugar reside sobre todo no cumio do monte , dende donde se pode ver gran parte do ribeiro e tamén parte da comarca do Orcellón . A paisaxe que se atisba dende aquí e fermosa cerrando a visión como telón de fondo o alto de Pena Corneira .
Deixa un comentario (1) - Categorías Sitios de interes - Publicado o 15-08-2010 20:26
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0