As miñas webs.



OS MEUS TRABALLOS :
D.URBANO FERREIROA MILLAN




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

O xacemento de San Verísimo ( Cenlle )

Este xacemento de San Verísimo de Cenlle, está composto a lo menos por tres túmulos funerarios : O xacemento de San Verísimo, a mámoa de A Corredoira M1 e a mámoa de A Corredoira. O primeiro está situado no propio coto donde antigamente se levantaba a capela de San Verísimo, xa desaparecida, a segunda e a mámoa M1 situada no comunal de Cenlle, e xusto o lado, pero no comunal de San Fiz, a mámoa da Corredoira.
Por desgracia, debido os traballos forestais e posteriores plantacions realizadas, o terreo está moi degradado. Por outra parte a construcción da pista que baixa a Osmo deixou moi afectado o lugar.
Nesta zona, na que se asenta o xacemento, durante a francesada , levouse a cabo unha das mais cruentas batallas entre os franceses e o batallón do Ribeiro. O groso do exército francés estaba nas ribeiras do Miño. E moitos dos nosos paisanos foron enterrados en Sanín, Santa María da Groba e Punxín , os funerais e honras celebráronse unha vez que os franceses se alonxaran destas terras.
Deixa un comentario (0) - Categorías Patrimonio histórico - Publicado o 01-02-2020 16:19
O " Petroglifo da Verea "

Unha vez que a Xunta de Galiza nos facilitou as coordenadas do patrimonio da nosa parroquia, acerqueime a Ventoselo e alí puiden atopar o Petroglifo da Verea. Trátase dun penedo de granito con catro gravados, orientado de Este a Oeste.
Imaxino que na zona ten que haber mais gravados pois está chea de bolos graníticos, nembergantes cando trazaron a devasa ( cortalumes ) da líña de alta tensión, as máquinas paleadoras voltearon e desplazaron todos os penedos, froito da desazón da administración local e da ignorancia dos traballadores.
Os motivos que puiden ver no pouco tempo que estiven alí son : un grupo de catro cazoletas de distinto tamaño, un podomorfo ( figura dunha pisada), unha cruz ou a representación dunha forma humana, non se distingue ben, e por último unha figura abstracta.
Cando dispoña de mais información publicareina así como as características diste petroglifo que a bote pronto paréceme que teñen relación cos equinoccios e solsticios, pois a disposición das cazoletas e moi semellante as do " Petroglifo de A Hermida " en Eiras, descuberto por Felisindo Gonzalez
Deixa un comentario (0) - Categorías Patrimonio histórico - Publicado o 03-02-2018 16:42
De Castros , Mámoas e Petroglifos.
Despois de moitos anos pelexando coas administracións autonónica e local que cosideraban que o Patrimonio dos pobos debía de estar oculto, frente a opinión de arqueólogos e historiadores que defendían que pa coidar o patrimonio primeiro había que coñecelo.
Fai pouco tempo a Xunta de Galicia dispón de unha páxina web na que a través de mapas sitúa o Patrimonio de cada parroquia de Galicia, desta maneira puden atopar parte do patrimonio da parroquia de San Fiz de Navío que non coñecía.
Gracias esta ferramenta puden descubrir que ademais dos dous Castros : Monte dos Castros e Castreás a parroquia conta con tres Mámoas : A Corredoira, O Picouto 1 e O Picouto 2 e tamén hay catro Petroglifos : A Verea, O Cotarelo, O Penedo Redondo e A Medorna.
Pouco a pouco irei localizando, fotografiando e relatando o que vaia encontrando, alguns están descubertos e catalogados, outros non.
Deixa un comentario (0) - Categorías Patrimonio histórico - Publicado o 13-01-2018 17:11
Algúns obxectos do patrimonio artístico.

Hoxe vos quería amosar os obxectos mais valiosos do patrimonio artístico da nosa parroquia, deixando a un lado o patrimonio natural o cultural a igrexa e os castros que tamén forman parte do noso patrimonio.

...Ano...........Autor................. Obxecto...

1618 Gaspar Rodriguez (prateiro) Cruz parroquial
1742 Clemente Miranda (prateiro) Caliz e Patena
1748 Ruperto García (mestre escultor ) Talla de Santa Bárbara
1754 Josef A.Movilla (prateiro) Copón novo
1766 Francisco Guerrero (latoneiro ) Lámpara do Santísimo
1797 Carlos Lemos (escultor) Tallas de San Blas e Santa Lucía

Hay outras tallas restauradas mais recentemente e outros obxectos que non figuran nos libros de fábrica, polo tanto pouco sabemos deles.
Deixa un comentario (1) - Categorías Patrimonio histórico - Publicado o 09-07-2017 15:48
© by Abertal



Santi López Rodríguez