|
|
|
|
|
O cruceiro da Carballa |
|
 Trátase dun cruceiro construído en granito , con plataforma cuadrangular de tres chanzos sobre a que se asenta un pedestal cuadrado do que arranca un varal de sección circular , sin basa , no cal pousa unha cruz de sección cuadrada achafranada . Dentro da adscrición tipolóxica pertenece a arquitectura dos camiños .
O estado de conservación e regular , sofre erosión e algunha parte está coverta de liques .
Este cruceiro foi trasladado desde " A Carballa " que era o seu sitio natural , a carón da escola de San Fiz ,no campo da festa , alí era donde todos os que teñen bastantes anos o recordan , non fai moito veu a parar o cruce de carreteras que van pra San Amaro e a que vai pra Cenlle , cerca da Carballeira .
Na actualidade o cruceiro marca o lugar hasta onde vai a procesión da Virxen do Socorro , que sale da Igrexa e unha vez rodeado o cruceiro , volta por a parte de atrás da Igrexa hasta o atrio donde se realizan as poxas e entra de novo na Igrexa . |
|
|
|
|
|